Desde Pontevedra Viva:
“O acto de entrega do XXVIII Premio Manuel Lueiro Rey terá lugar este domingo 15 de xaneiro a partir das 12.00 horas na Casa da Cultura Manuel Lueiro Rey.
O escritor Álex Alonso recibirá este premio pola súa novela O estranxeiro, un traballo no que adapta a obra orixinal de Albert Camus buscando un estilo máis humorístico. (…)
O Manuel Lueiro Rey está dotado con 3.000 euros e a obra será publicada pola editorial Edicións Xerais.”
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Plan de rescate, de Antía Yáñez, entre os libros da 2023 IBBY
Vigo: presentación de Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo, de Ramón Nicolás
Entrevista a María Solar sobre A culpa, na Televisión de Galicia
Entrevista a María Solar na Televisión de Galicia:
“Connosco María Solar, premio Xerais de novela 2022 por A culpa, un ‘thriller’ psicolóxico. A entrevista pode verse aquí.”
Berta Dávila: “Divertiume compartir a propia escritura cos personaxes”
Entrevista a Berta Dávila no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A escritora Berta Dávila estréase na narrativa infantil con Demetrio Demoscopio perdeu a chispa. A entrevista pode verse aquí.”
Celanova: presentación de A árbore que dá as lágrimas de Shiva, de Cesáreo Sánchez Iglesias
O último día de Terranova, de Manuel Rivas, entre os 100 mellores libros do ano segundo The New York Times
Entrevista a María Solar na Radio Galega sobre A culpa
Entrevista a María Solar no Galicia por Diante da Radio Galega:
“María Solar irrompe cunha nova e trepidante historia, A culpa, premio Xerais de Novela. “Exploro nun sentimento que nos atrapa”. “Escribo como me peta: penso nos protagonistas, no público e en min mesma”. A entrevista pode escoitarse aquí.”
María Solar: “Ás veces, non estamos preparados para o que pasa no mundo”
Desde Faro de Vigo:
“A presentadora e escritora María Solar está a presentar o seu último libro ata o de agora, A culpa, Premio Xerais de Novela, por toda Galicia e tamén recalou no Club FARO en Vigo. Alí falou principalmente das dúas protagonistas do libro, dúas mulleres “fortes”, destacou, que deixan Galicia coa súa adolescencia para emigrar a América unidas sempre ambas as dúas por un segredo e tamén pola culpa. Sobre a historia destes dous personaxes pero tamén tendo en conta a realidade, Solar sinalou: “Ás veces, non estamos preparados para o que pasa no mundo”.
Presentada polos tamén escritores Fran Alonso (este, ademais, editor de Xerais) e Eva Mejuto, a autora compostelá explicou que as dúas protagonistas, Mira e Marcela, “buscan construír unha vida” que dá un xiro cun acto “moi grave” aínda que con elas tamén hai “gravidade” en como o sistema as trata.
Porén o arranque da novela sitúanos nunha vila galega, na vida dunha muller nova, Amanda, que traballa nun banco e que un día descobre que a vella descoidada pero millonaria que os visitaba cada seis meses para ter á raia as súas contas fina para declarala a ela herdeira universal.
A partir de aí, xorden interrogantes na cabeza da rapaza: por que lle deixara a ela o diñeiro se a muller tiña familia (unhas sobriñas), quen era e quen fora esa vella, como realmente amasara unha cantidade desorbitada de cartos…
Recoñeceu Solar que consultou cunha avogada de Vigo para dar verosimilitude ao relato cando sinala que en España podes herdar “e non sabelo”.
Ao coñecer a rapaza que é herdeira, o libro dá un chimpo cara atrás cara o ano 2004 e Bos Aires para seguir o seu percorrido no que se presenta un thriller psicolóxico. A propia María Solar advertía onte que esta é unha “novela que ten varios xéneros dentro” , incluído o de diario, para Eva Mejuto destapar que inclúe anacos dun diario cuxos parágrafos son chave para coñecer e comprender os detalles da historia que a presentadora do programa Zig Zag da TVG tardou cinco anos en escribir e en lograr a documentación necesaria. (…)”
Ledicia Costas: “Quería tratar o tema da ludomanía dende unha perspectiva ampla”
Entrevista a Ledicia Costas no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”Oxalá a vida funcionase así, cunha bandada de paxaros que aparecen cando necesitas reconstruírte e volver a empezar”, son palabras de Nana, unha das personaxes que poboa a nova novela de Ledicia Costas: A lebre mecánica. Con esta obra, coa que gañou, por terceira vez o Premio Lazarillo. A entrevista pode verse aquí.”




