O 15 de xullo, ás 18:00 horas, no Museo do Pobo Galego (Costa de San Domingos), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro A mensaxe entre as sombras. Obra poética de Isaac Díaz Pardo, con edición de Esperanza Mariño Davila, publicado por Xerais. No acto participarán, xunto á editora da obra, Xusto Beramendi e Fran Alonso.
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
“Rosa Aneiros e as ‘Sibilas’”
Entrevista a Rosa Aneiros no Diario Cultural da Radio Galega:
“Rosa Aneiros publica Sibila, unha novela que é a súa volta á narrativa para adultos despois dun exitoso paso por outros lugares. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Xabier Domínguez e Alba de Evan: “Podemos visitar e incluso tocar os restos do pasado e iso é moi atractivo”
Carme Varela: “Os mosteiros eran os últimos redutos de poder feminino na Idade Media”
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 10 de xullo
O 10 de xullo finaliza a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. David Lorenzo asina A predicción de Aloia, publicado por Do Cumio, e O neno peixe, publicado por Triqueta Verde.
– 19:00 h. Antonio García Teijeiro asina As palabras están a mirarse arredor da mesa, publicado por Cuarto de inverno.
– 20:00 h. Santiago Lopo asina A carteira, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Ismael Ramos asina Lixeiro, publicado por Xerais.
Negreira: presentación de As desterradas, de Carme Varela
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 9 de xullo
O 9 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Luz Darriba asina Abril, publicado por Belagua.
– 18:00 h. Beatriz Cabaleiro asina Clover, publicado por Aira.
– 19:00 h. Manuel Veiga Taboada asina A parte queimada, publicado por Aira, e As mellores tendas de Madrid, publicado por Xerais.
– 19:00 h. Pedro Feijoo asina Un lume azul, publicado por Xerais.
– 20:00 h. María Oruña asina O que a marea esconde, publicado por Aira.
“10 anos, 10 autores, 10 libros | Ledicia Costas”
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2021 para o 8 de xullo
O 8 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Rúa do Príncipe, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 18:00 h. Cándido Duro asina Luz do abrente outonizo, publicado por Medulia.
– 19:00 h. Silvia Penas asina O resto é céu, publicado por Urutau.
– 19:00 h. Andreia Costas asina Corazón de vaca e outras vísceras, publicado por Urutau.
– 20:00 h. Xabier Paz asina A Barcelonesa, publicado por Xerais.
– 20:00 h. Xoán Antón Pérez Lema asina Quando os grupos vulneráveis são feridos, publicado por Através.


