Entrevista con Manolo Rivas sobre Vivir sen permiso e outras historias de Oeste

Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Manuel Rivas fala sobre o seu novo libro Vivir sen permiso e outras historias de Oeste. Despois de facernos cavilar no seu libro anterior sobre a fin do mito da globalización feliz, Manuel Rivas volve ao relato curto para ‘desconfortanos’, como diría un dos personaxes do libro, desde ese lugar chamado Oeste.. A entrevista pode verse aquí.”

A Coruña: Libros a monte III

“A perda da inxenuidade con Antonio Tizón”

Entrevista en Radiofusión:
“O inspector de policia Xosé Pereiro e a xornalista Ledicia Muruzábal son inxénuos pero rematan a novela perdendo a inxenuidade. Pereiro está alcoolizado e evolúe como personaxe ata transformarse nun “madero” poderoso. “O marco histórico concreto de 1980, o falso xénero negro e a loucura, son fías que conectan as dúas novelas de Antonio Tizón, A antesala luminosa e Un home estraño. Son independentes pero complementarias. E a serie chegará ao seu remate con outros tres volumes.
“Inventei unha entrevista co ex-alcalde da Coruña Domingos Merino, un home afable, honesto e idealista” afirma o escritor. Tamén aparecen nas novelas Manuel Fraga, Gutiérrez Mellado ou Avelino Pousa Antelo. A corrupción e a impunidade habitan en Un home estraño de Antonio Tizón. O autor quixo tratar con seriedade o tema da enfermedade mental.
A entrevista pode escoitarse aquí.”

Lois Pérez: “A tristeza é un terreo abonado para sacar versos”

Desde Xerais:
“O poema Blues do Rei Bermang = B.B.King, incluído no libro Long Play, de Lois Pérez, gañou o Premio aRi(t)mar Galiza e Portugal ao mellor poema publicado en Galicia. ARi(t)mar é unha iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago para difundir a música e a poesía editada nos dous lados da raia e para achegar a cultura e a lingua dos dous países.
Con motivo deste recoñecemento, o programa Diario Cultural  da Radio Galega emitiu unha entrevista a Lois Pérez sobre este poema e sobre o seu libro: Long Play, editado por Xerais na colección Poesía.
A entrevista pode escoitarse nesta ligazón, a partir do minuto 10´.”