Cornellà: presentación da edición de Follas Novas, de Rosalía de Castro, feita por Anxo Angueira

O Anxo Angueirasábado 26 de novembro, ás 18:30 horas, na Sala García Nieto, preto da ACG Rosalía de Castro (Frederic Soler, 71), en Cornellá de Llobregat, terá lugar a presentación do libro Follas novas de Rosalía de Castro en edición de Anxo Angueira. No acto, organizado pola ACG Rosalía de Castro de Cornellá con motivo do 30º aniversario do Certame de Poesía “Rosalía de Castro” e o peche das xornadas culturais 2016, participarán Anxo Angueira e o dúo “2 Na Fronteira”.

Marcos Pérez Pena: “Na prensa galega da Transición hai titulares que hoxe serían impensables”

Entrevistamarcos-perez-pena-xerais de Montse Dopico a Marcos Pérez Pena en Praza (foto de Xerais):
“”Malia todos os defectos que se poidan detectar na actuación dos medios galegos na Transición e todas as críticas que se lles pode e se lles debe facer, cómpre realizar un acto de recoñecemento ao labor que naqueles anos realizaron tantos profesionais, redactores, fotógrafos, impresores e directivos dos medios de comunicación. Cómpre facer, en xeral, un recoñecemento da profesión xornalística e unha reivindicación da súa función social e da súa autonomía e capacidade de influencia, que tanto parece asustar as propias empresas informativas e os grandes poderes públicos e privados. Durante a Transición houbo un número moi importante de xornalistas galegos que exerceron a súa responsabilidade social, exercendo de voceiros da cidadanía e de defensores da democracia e da xustiza fronte ás forzas reaccionarias”. O xornalista e investigador Marcos Pérez Pena remata con palabras coma estas o seu ensaio A prensa en Galicia na Transición, que vén de publicar en Xerais.
– Praza: O libro é a túa tese, supoño que adaptada. Por que escolliches o tema da prensa en Galicia na Transición?
– Marcos Pérez Pena: O libro é unha versión resumida da tese, si, con menos aparataxe teórica. Fíxenlle ademais algúns engadidos á tese, como algunhas entrevistas e unha introdución máis ampla sobre o contexto xeral. O punto de partida foi un TAD, -o que antes se chamaba Traballo Academicamente Dirixido-. Unha tesiña, que foi o inicio da tese. O meu director, Luís Álvarez Pousa, animoume a estudar esta parte da historia de Galiza e do xornalismo, que está pouco traballada. É un período que aos historiadores quédalles demasiado próximo e aos xornalistas quédalles demasiado afastado…
En España a Transición tampouco está ben estudada, pero si houbo un revival, nos 90, de libros, memorias persoais… Poden ser mellores ou peores, pero en Galicia é unha etapa moito menos estudada. Por iso tiven un dobre traballo: a análise da actuación da prensa neste período e en paralelo un labor que se cadra non me correspondía tanto, pero que había que facer para a tese, que é un relato da Transición en Galicia, da historia da Transición. O obxectivo era analizar a prensa e a súa estrutura, tan importante para explicar o presente. O dominio das grandes familias e empresas da comunicación españolas e galegas non se entende sen a Transición. (…)”

Compostela: presentación de O inspector e mais eu, de Ignacio Vidal Portabales

O Ignacio Vidal Portabalesmércores, 23 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación da novela O inspector e mais eu, de Ignacio Vidal Portabales, publicada por Xerais. Acompañarán ao autor Armando Requeixo e Manuel Bragado.

Compostela: presentación de O cuarto das abellas, de Antía Otero

OAntía Otero venres 18 de novembro, ás 20:00 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, preséntase O cuarto das abellas, de Antía Otero, publicado en Xerais. No acto, xunto á autora, participan Fran Alonso e Ana Salgado. Para pechar, Isaac Garabatos e a propia Antía Otero porán voz e música a unha escolla de textos do libro.