Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Xosé Antonio Perozo nos Premios Xerais 2016
Ourense: presentación de As horas roubadas, de María Solar
Gañadoras/es dos Premios Frei Martín Sarmiento 2016
Desde
a Xunta de Galicia:
“Premio Frei Martín Sarmiento
Na categoría de 1º e 2º de educación primaria, o Premio Frei Martín Sarmiento recaeu este ano na escritora Paula Carballeira, pola súa obra A Burra Ramona; na categoría de 3º e 4º de primaria, o gañador foi Xavier Frías, por As aventuras de Enrico Müller; na de 5º e 6º de primaria, Xavier Estévez, por Todos os soños; Santiago Jaureguízar fíxose co galardón na categoría de 1º e 2º de ESO por O veleno da risa e Agustín Fernández Paz, con A neve interminable, obtivo o de 3º e 4º de ESO. Na categoría de bacharelato e adultos, gañou o premio Francisco Castro, con Tes ata as dez.”
Castroverde: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
sábado 11 de xuño, ás 20:30 horas, no Centro Social A Chave das Noces (Antigo Camiño Ancho), en Castroverde (Lugo), Xurxo Souto presenta o seu libro Contos do Mar de Irlanda, publicado por Xerais.
Ribeira: presentación de As horas roubadas, de María Solar
O
sábado 11 de xuño, ás 20:30 horas, no Bar Plaza de Ribeira (Praza de Compostela, 11), preséntase a novela As horas roubadas, de María Solar, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e o Ateneo de Ribeira, participan, xunto á autora, Antonio Díaz Ageitos, Javi Maneiro e Manuel Bragado.
Ramón Nicolás: “O universo vital de Hildegarda von Bingen é formidable”
Entrevista
de Xesús Fraga a Ramón Nicolás en La Voz de Galicia:
“(…) – La Voz de Galicia (LVG): Unha das liñas argumentais da novela [O espello do mundo] xira arredor da vida nun mosteiro preto de Celanova na Idade Media. ¿De onde veu esta trama e como se documentou?
– Ramón Nicolás (RN): A inspiración chegou ao descubrir a inexistencia dos restos dun convento feminino en San Pedro de Ramirás, nas Terras de Celanova, isto é, nada fóra da igrexa principal, o que entendín como unha metáfora. Dun xeito casual souben que alí existira unha comunidade relixiosa feminina, rexida por abadesas chamadas onas, o que supuña tamén unha peculiaridade lingüística única. Aquelas mulleres chegaron a ostentar un poder extraordinario na baixa Idade Media e aquela parte da historia foi interesándome aos poucos. Nese sentido, o proceso de documentación foi, loxicamente, demorado e, ademais doutras fontes, tiven a sorte de consultar a colección diplomática dos textos conservados do mosteiro: neles latexa, dalgún xeito, o día a día do convento. (…)
– LVG: A alternancia de planos temporais, pasado e presente, ¿é unha forma de dicir que dende o noso tempo podemos ir alén da natural fascinación por esta época e sacar valiosas leccións?
– RN: En O espello do mundo paira, en certa maneira, esa intención. Os planos temporais superpóñense e ambos os dous avanzan na mesma dirección. Un proceso de investigación que realiza un profesor de historia sobre uns documentos da Idade Media vén ser a desculpa que ofrece a posibilidade de afondar nun tempo moi rico en matices e, por veces, bater con realidades insospeitadas que o tempo se encargou de escurecer.”
Compostela: intervención sobre a novela A música dos seres vivos, de María Reimóndez
O
venres 10 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, terá lugar a intervención ao redor da novela A música dos seres vivos, de María Reimóndez, publicada por Xerais. No acto estará acompañada de Mercedes Peón.
Entrevista a Anxo Fariña
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Anxo Fariña foi ao Zigzag para falar do seu libro Horizonte de sucesos, publicado en Xerais. A entrevista pode verse aquí.”

