Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Pilar G. Rego conversa co escritor Xosé Vázquez Pintor sobre a súa nova obra Antípodas, unha das súas novelas máis poéticas. O libro narra a historia de Plinio, un neno da inclusa que ten os ollos abertos cara ás antípodas. Na brevidade dunha noite e acompañado polo seu can, relata as circunstancias do seu mundo e a vida nunha cidade de mar. A entrevista completa pode verse aquí.”
Arquivos da etiqueta: Edicións Xerais
Entrevista a Carlos Callón sobre Atravesar o fantasma
Desde
Correo TV:
“Carlos Callón acude ao programa Santiago Si para falar de Atravesar o fantasma, o seu debut no mundo da poesía.” A entrevista completa pode verse aquí.
Entrevista a Anselmo López Carreira sobre O Miño. Un caudal de historia
Desde
Galicia por diante da Radio Galega:
“Entrevista a Anselmo López Carreira sobre O Miño. Un caudal de historia, publicado pola Editorial Xerais. Pódese escoitar completa aquí.”
Lugo: presentación de O Miño. Un caudal de historia, de Anselmo López Carreira
O
venres 27 de marzo, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8), dentro dos actos organizados no Festival da Biosfera, Anselmo López Carreira falará do seu libro O Miño. Un caudal de historia, publicado en Xerais.
Antonio Tizón: “Elixín a novela negra porque me permitía falar da loucura”
Bravos (Ourol): presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
Compostela: presentación de oso, mamá, si?, de María Lado
O
venres 27 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario oso, mamá, si?, de María Lado, publicado en Xerais.
Lugo: presentación de Funambulistas, de Mercedes Leobalde
O
venres 27 de marzo, ás 20:00 horas, no Salón de Plenos do Concello de Lugo (Praza Maior, s/nº), terá lugar a presentación do libro Funambulistas, de Mercedes Leobalde, publicado en Xerais, que logrou o XVI Premio de Narrativa Curta Ánxel Fole, organizado polo Concello de Lugo. No acto participan, xunto á autora, Carmen Basadre e Manuel Bragado.
Vigo: presentación de oso, mamá, si?, de María Lado
Pontevedra: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O
xoves 26 de marzo, ás 20:00 horas, no Sexto Edificio do Museo de Pontevedra, dentro do ciclo En paralelo: Noites de literatura e cine, preséntase Océano para terrícolas, unha parolada-concerto para embarcarse nas mil travesías do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais.


