O
12 de febreiro, ás 20:30 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, preséntase Anarquistas galegos en América, de Bieito Alonso, publicado por Galaxia. Acompañando ao autor, asistirá Lourenzo Fernández Prieto.
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
A Coruña: presentación de Teño oito anos e quero ser youtuber, de Xoán Babarro
Gondomar: presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro
O
7 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Libraida de Gondomar (Rúa Rosalía de Castro, 13), celébrase a presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro, publicado por Galaxia. Acompañando á autora, asistirán Camiño Noia, Malores Villanueva e Vicente Montejano.
Tabela dos libros. Febreiro de 2020
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Co primeiro luns de mes, chega a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”
Entrevista con Celia Díaz Núñez sobre Corte e confección
Desde
o Zigzag da Televisión de Galicia:
“Entrevista con Celia Díaz Núñez arredor de Corte e confección. Pode verse aquí.”
Compostela: presentación de Anatomía do pensar. Volume 1, de Marcelino Agís Villaverde
Pontevedra: presentación de Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane
O
31 de xaneiro, ás 19:30 horas, no Museo Provincial de Pontevedra, preséntase Castelao. Construtor da nación. Tomo I. 1886-1930, de Miguel Anxo Seixas Seoane, publicado por Galaxia, en coedición co Consorcio de Santiago. Acompañando ao autor asistirán Xesús Alonso Montero e Xosé M. Soutullo (Editorial Galaxia).
Bases do III Premio Roberto Vidal Bolaño
“Este certame nace pola necesidade de fomentar a escrita de textos teatrais dirixidos ao alumnado de ESO e Bacharelato. Por iso, o Concello do Porriño, o IES Ribeira do Louro e a Editorial Galaxia, convocan este certame coa finalidade de crear un fondo de textos teatrais susceptibles de ser representados por alumnado do ensino secundario.
BASES:
1. Poderán concorrer ao Premio todas as persoas que o desexen, de calquera nacionalidade, con textos teatrais inéditos e non premiados noutros certames, que estean escritos en lingua galega.
2. As OBRAS serán de temática e extensión libre, aínda que hai que ter en conta que van ser interpretadas por alumnos e alumnas de entre 12 e 18 anos.
3. Cada autor poderá presentar máis dunha obra.
4. O PREMIO constará de 2.000 euros, suxeitos ás retencións fiscais correspondentes, e que computarán en concepto de adianto de dereitos de autoría, un diploma acreditativo e a edición e publicación da obra gañadora a cargo da EDITORIAL GALAXIA. Para tal efecto a editorial asinará co gañador ou gañadora o correspondente contrato de edición.
5. O premio poderá quedar deserto se a calidade das obras presentadas non é a axeitada segundo o criterio do xurado.
6. O PRAZO de presentación de orixinais remata o 15 de abril de 2020.
7. Enviaranse catro copias da obra, debidamente encadernadas, xunto cun sobre cos datos do autor/a.
8. O ENVÍO das obras farase a través de correo postal ao enderezo: I.E.S Ribeira do Louro (Rúa Ribeira s/n, 36410, Torneiros, O Porriño), especificando no sobre Premio de Teatro Roberto Vidal Bolaño. O XURADO estará conformado polo EDL do IES Ribeira do Louro, e dous profesionais do teatro e un representante da Editorial Galaxia; e prestará especial atención á innovación dramatúrxica, as novas linguaxes contemporáneas e a singularidade temática das pezas.
9. A obra gañadora darase a coñecer no mes de xuño de 2020. Farase entrega do premio nun lugar que se convirá, para tal efecto, na última semana dese mes.
10. Se durante o tempo de presentación e deliberación a obra presentada recibise algún premio ou fose editada, o autor deberá comunicalo á organización do certame, xa que este feito será motivo de exclusión do presente concurso.
11. O feito de participar neste certame supón a aceptación total destas bases. O non previsto nelas será resolto pola organización.”
Bases do III Premio Viadutos de Novela, 2020
“PRIMEIRA. Poderá concorrer calquera persoa maior de 18 anos, na data de entrada en vigor da convocatoria, que presente a súa obra en lingua galega conforme as normas ortográficas vixentes.
Os textos presentados serán inéditos e totalmente orixinais. Non puideron ser sido publicados ou divulgados, en todo ou en parte, por calquera medio físico ou electrónico, nin premiados, en data anterior á resolución do xurado.
Os textos han ter unha extensión mínima de cen (100) páxinas, tamaño DIN A4, fonte Calibri, tamaño doce (12), interliñado dobre (2), impresas polas dúas caras, e numeradas. Os textos levarán no encabezamento o pseudónimo da autora ou autor e o título da obra.
SEGUNDA. De cada obra achegaranse seis copias en papel impreso a dobre cara e debidamente encadernadas, e outra en soporte dixital (pendrive) nun documento de procesador de textos.
Co texto en papel e en formato dixital, xuntarase un sobre pechado co nome do relato e o pseudónimo elixido escrito por fóra. No seu interior incluiranse os seguintes datos: nome e apelidos da autora ou autor, enderezo postal, correo electrónico, teléfonos de contacto, copia do DNI, pasaporte ou tarxeta de residente.
TERCEIRA. Os textos enviaranse por correo postal, nun sobre ou paquete pechado sen remite ou calquera indicación que permita identificar a súa autoría. Só figurará PREMIO VIADUTOS DE NOVELA 2020, e o enderezo de destino:
Premio Viadutos de Novela 2020
Departamento de Xuventude
Edificio Multiusos da Xunqueira
Paseo da Xunqueira s/n,
36800 Redondela.
A recepción de orixinais remata o día 31 de marzo de 2020.
CUARTA. Concederase un único premio en metálico, indivisible, por unha contía de 3.000 euros.
QUINTA. O Xurado, nomeado polo excelentísimo Concello de Redondela, estará composto por cinco persoas relacionadas co mundo da cultura, lingua e literatura galegas. Unha delas en representación da Editorial Galaxia. Actuará como secretaria/o, con voz e sen voto, persoal técnico da Concellería de Xuventude do Concello de Redondela. O premio adxudicarase á obra que por unanimidade, ou no seu defecto por maioría de votos, o xurado considere merecedora do mesmo. O xurado poderá declarar o premio deserto, para tal caso a decisión terá que adoptarse por unanimidade. A decisión do xurado, que será inapelable, darase a coñecer durante o mes de xullo de 2020.
SEXTA. A obra premiada será editada e comercializada pola Editorial Galaxia na súa colección Literaria. Segundo Convenio asinado co Concello de Redondela, a Editorial Galaxia en calidade de entidade colaboradora terá o dereito de publicación da primeira edición e reimpresións, así como os dereitos preferentes de publicación en lingua galega. Todo iso sen menoscabo dos dereitos morais e patrimoniais da gañadora ou gañador do premio.
Sobre calquera controversia atenderase ao regulado na Lei da propiedade intelectual vixente.
SÉTIMA. Os orixinais non premiados poderanse recuperar pasado un mes desde o veredicto do xurado. Transcorrido o prazo, serán destruídos.
A participación neste premio implica a completa aceptación das presentes bases e da decisión do Xurado, que será inapelable.”





