Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Henrique Monteagudo publica en Galaxia: Carlos Casares, Un contador de historias, vida e obra
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
““O que máis vai perdurar, creo, da súa figura é a súa obra literaria”. Henrique Monteagudo publica en Galaxia: Carlos Casares, Un contador de historias, vida e obra. Pode accederse á entrevista aquí.”
Compostela: presentación de O libro das Seniguais e do único Senigual, de María Rosa Lojo e Leonor Beuter
A Coruña: presentación de O porco de pé, de Vicente Risco (edición crítica de Olivia Rodríguez)
Ourense: presentación de Carlos Casares. Un contador de historias, de Henrique Monteagudo
Vigo: presentación de Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro, de Marcos López Concepción
Compostela: presentación de Carlos Casares. Un contador de historias, de Henrique Monteagudo
Moaña: charla-encontro con Francisco Castro, arredor de Tes ata as 10
Monterroso: II Feira do Disco e do Libro Galego
Toda a información aquí.
Pontevedra: acto literario destacado do sábado 18 no Salón do Libro
O
sábado 18 continúa o Salón do Libro de Pontevedra 2017, que se celebra no Pazo da Cultura, cos seguintes horarios: de duns a venres, de 17:00 a 20:00 h., e sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 h., co seguinte acto destacado dentro do seu programa:
– 19:00 h. Encontro: Máis aló do azul e do rosa, con Ana Torres Jack. Editorial Galaxia. Nesta charla, a autora, ofreceranos dunha maneira sinxela e moi clara algunhas estratexias concretas para para prevenir a desigualdade de xénero e a violencia machista desde a familia. Público familiar. Entrada libre ata completar cabida.








