Xavier Alcalá presentará na Fnac d’ A Coruña a súa nova novela Unha falsa luz, coa que completa a triloxía “Evanxélica memoria”. Será ás 19:30 horas e o acto contará, ademais de coa presenza do autor, coa do Pastor evanxélico Timoteo Figueirido, do editor Víctor Freixanes e do escritor Xulio López Valcárcel. (Cultura Fnac)
Arquivos da etiqueta: Editorial Galaxia
Yolanda Castaño asinará n’ A Coruña exemplares de Punver
A edición galega do xornal EL PAÍS, xunto á editorial Galaxia, iniciou no pasado mes a iniciativa “No país dos contos”, consistente na reedición de obras infantís representativas dos títulos da editorial galega.
No cadro desta divulgación da nosa literatura Yolanda Castaño asinará exemplares do seu libro Punver o día 3 de decembro na libraría Azeta d’ A Coruña (Praza González Dopeso). Será ás 19:00 horas.
Presentación en Bruxelas d’ Unha falsa luz, de Xavier Alcalá
O 27 de novembro, às 18:30 horas na Livraria Orfeu de Bruxelas, terá lugar a presentación d’ Unha falsa luz, de Xavier Alcalá, o último romance da triloxía Evanxélica Memoria (Entre Fronteiras e Nas Catacumbas). Será presentada, en presenza do autor, por Xavier Queipo.
Presentación en Noia d’ Os ollos de K, de Antón Riveiro Coello
Editorial Galaxia, o Excmo. Concello de Noia e mais Barbantia, presentan a novela de Antón Riveiro Coello Os ollos de K. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Noia, o vindeiro venres, 23 de novembro, ás 20’30 h., e acompañarán ao autor, Rafael García Guerrero, alcalde de Noia; Loli Caramés, concelleria de Cultura; Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia; e Xesús Laíño, profesor.
“O reino ideal”, nova obra infantil de Miguel Anxo Mouriño
O libro infantil O reino ideal, de Miguel Anxo Mouriño, será publicado por Galaxia neste mes. O autor ofrece xa paralelamente un blogue no que pretende animar a quen o lea a introducirse pouco a pouco no mundo da enigmística, unha actividade lúdica e creativa de grande potencial formativo que en galego ten aínda moi pouca presenza. Pode accederse a el n’ A páxina de Buli.
Galería Sargadelos de Ferrol: «Educar para ler»
A Galería Sargadelos Ferrol informa de que comezan as actividades da campaña de animación á lectura «Educar para ler», con encontros entre alumnos de centros de ensino de Ferrolterra e os autores dos libros seleccionados polos propios centros educativos con motivo desta campaña.
O venres 27 de abril ás 17:30 horas contarán coa presenza de Yolanda Castaño e Eduardo Hermida, escritora e ilustrador do libro Punver. No acto os autores realizarán un obradoiro con música e dramatización da obra.