O
sábado 2 de xullo, ás 19:00 h., dentro do X Encontro de Embarcacións Tradicionais en Carril, preséntase o poemario Tamén navegar, antoloxía de poesía galega dedicada á carpintería de ribeira e ás embarcacións tradicionais, en edición a cargo de Francisco X. Fernández Naval, e publicado en Toxosoutos. Ao rematar o acto haberá un recital poético no que intervirán Marta Dacosta, Miro Villar, Ramón Caride, Xosé María Álvarez Cáccamo, Anxo Angueira, Henrique Rivadulla Corcón, Carlos Arias e Cesáreo Sánchez.
Arquivos da etiqueta: Editorial Toxosoutos
A Coruña: presentación de Nas profundas augas do esquecemento, de Sergio Vences
O
mércores 29 de xuño, ás 20:00 horas, na Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande) da Coruña, preséntase a novela Nas profundas augas do esquecemento, de Sergio Vences, publicada en Toxosoutos. No acto acompañará ao autor Xesús Alonso Montero.
Convocado o XI Premio de Historia Medieval de Galicia
Convocado o
XI Premio de Historia Medieval de Galicia convocado pola Editorial Toxosoutos, coas seguintes
– Primeira. Poderán concorrer ao premio todos os autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en lingua galega ou portuguesa. Os textos deberán ser inéditos cun mínimo de 150 folios a dobre espazo. Valoraranse o rigor, a innovación metodolóxica e o interese para a sociedade.
– Segunda. Os traballos de Historia Medieval de Galiza comprenderán toda a etapa medieval. Os traballos de Historia Medieval de Portugal cinguiranse ao período de historia en común.
– Terceira. Presentarase o orixinal e cinco copias antes do 1 de novembro de 2011en: Editorial Toxosoutos, Cruceiro do Rego, 2 – Obre, 15217 Noia (A Coruña).
– Cuarta. Con cada orixinal, que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor, así como o título da obra.
– Quinta. O premio considerará dúas clases de galardóns, nomeadamente, un gañador, ao que se lle asigna unha dotación económica de 4.000 euros, e un finalista, que recibirá unha cantidade de 1.200 euros. En ambos os dous casos, os traballos serán publicados pola Editorial Toxosoutos na súa colección Trivium, renunciando os autores aos dereitos da primeira edición, tanto en galego como noutras linguas de posíbel publicación por parte da devandita editora. Aínda que os premios poderán quedar desertos ou ser compartidos en calquera das categorías sinaladas.
– Sexta. O xurado estará composto por cinco especialistas de recoñecido prestixio, e actuará como secretario sen voto un membro da Editorial Toxosoutos.
– Sétima. O fallo do xurado darase a coñecer o día 17 de decembro, aniversario da morte do Mariscal Pardo de Cela.
– Oitava. O xurado poderá recomendar a publicación dos traballos que, aínda non sendo premiados, sexan de calidade.
– Novena. Os autores e autoras quedarán comprometidos a realizar as modificacións precisas nos documentos finais e/ou subministrar os arquivos de código fonte necesarios para que poidan ser publicados total ou parcialmente no formato máis adecuado.
– Décima. A participación nesta convocatoria presupón a aceptación das presentes bases, así como as decisións do Xurado, que serán inapelábeis.
Santiago: presentación de 1980 (ano cero), de Rubén Martínez Alonso
O
xoves 16 de xuño, ás 19:45 horas, na Fundación Eugenio Granell (Praza do Toural) de Santiago de Compostela, preséntase a novela 1980 (ano cero), de Rubén Martínez Alonso, publicada en Toxosoutos. No acto acompañarán ao autor Xosé Díaz e David González Couso.
Santiago: presentación de O negro leite da aurora, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez
O
martes 17 de maio, ás 19:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), de Santiago de Compostela, preséntase o libro O negro leite da aurora. Viaxe á xeografía lírica de Lois Pereiro, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez, publicado en Toxosoutos.
Lugo: presentación de Lois Pereiro. O negro leite da aurora
O
venres 13 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4), preséntase o libro Lois Pereiro. O negro leite da aurora, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez, publicado en Toxosoutos. Tras a presentación terá lugar un recital por parte dos poetas colaboradores no volume.
Toxosoutos entregou en Carnota os premios de Historia Medieval de Galicia e Portugal a Marcos Fernández e Andreia Catarina Magalhães
Servos
e escravos altomedievais no noroeste da península Ibérica, de Marcos Fernández, foi unha das obras galardoadas no X Premio de Historia Medieval de Galicia convocado pola Editorial Toxosoutos en Carnota. A outra autora premiada foi Andreia Catarina Magalhães, polo traballo titulado Elementos de adorno altimediévicos em Portugal. Ambos autores aludiron á importancia dunha iniciativa que fai posible que os investigadores vexan publicadas as súas obras, que neste eido e moi complicado. O certame serviu para ensalzar a calidade das obras históricas que se escriben na nosa comunidade, ademáis o coordinador de Toxosoutos, David González, aproveitou para dicir que con este cerrábase o primeiro ciclo destes premios. Tamén se aventourou a desvelar que a vindeira edición será no Concello de Noia. O xurado tamén ensalzou a calidade das obras que concorreron ao certame. Neste sentido, precisou que cada ano se constata un maior nivel histórico e literario dos traballos que se presentan e, ao mesmo tempo, increméntase o número de autores participantes.
Esteiro (Muros): presentación de O Vákner e o dragón, de Aurora Lestón
O
venres 8 de abril, ás 20:30 h., na Casa da Cultura de Esteiro (Muros), preséntase o libro O Vákner e o dragón, de Aurora Lestón, publicado en Toxosoutos. No acto participan, acompañando á autora, Fernando Alonso Romero, David González Couso, Milagros Torrado e Laura Erias. Organizado pola Asociación Cultural Barbantia, a Editorial Toxosoutos e o Concello de Muros.
Ourense: presentación de En defensa do poleiro
O
mércores 6 de abril, ás 20:00 h., na Livraria Torga (Rúa da Paz, 12) de Ourense, preséntase o libro En defensa do Poleiro, publicado por Toxosoutos, libro colectivo, iniciativa da Plataforma en defensa do uso público e educativo do mosteiro de Celanova, que contou coa colaboración da Asociación de Escritores en Lingua Galega e no que participaron máis de 60 escritores galegos. Intervirán: Xoán Carlos Domínguez Alberte (coordinador), Jorge Emilio Bóveda, Álvaro Lago e Teresa Devesa.
Ourense: presentación de O fío da escritura, de David González Couso
O
venres 18 de marzo, ás 19:45 h., no IES Otero Pedrayo (Rúa Padre Feijoo, 12) de Ourense, preséntase o libro O fío da escritura, de David González Couso, publicado en Toxosoutos. O acto contará coas intervencións de Mª do Carme Henríquez, Claudio Rodríguez Fer e o propio autor.