Arquivos da etiqueta: Fausta Cardoso Pereira
Vigo: actos destacados na Feira do Libro 2018 para o 30 de xuño e 1 de xullo
O domingo 1 de xullo continúa a Feira do Libro de Vigo (na Porta do Sol, con horario de 11:00 a 14:00 horas e de 17:30 a 22:00 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes días:
Sábado 30 de xuño
– 18:30 h. Presentación do novo libro+cd de Chuches Amil, Monstros con ou sen consentimento, publicado por Galaxia.
– 19:45 h. Presentación de Castelao na arte europea, de Siro López, publicado por Garañón. Posterior firma na Secretaría.
Domingo 1 de xullo
– 19:45 h. José Manuel Ledo Santiso presenta o seu libro de relatos Camiño, publicado por Ir Indo.
– 20:30 h. Falando con Fausta Cardoso Pereira, autora de Dormir com Lisboa, publicado por Urco. Participa David Cortizo.
Os mouros do Pico Sacro gaña o premio Antón Risco de literatura fantástica
Desde Sermos Galiza:
“A terceira edición do premio de literatura fantástica que leva o nome de Antón Risco vén de distinguir Os mouros do Pico Sacro, de Luís Rodríguez Rivera (Mos, 1971). O galardón, convocado pola Fundación Vicente Risco e a editora especializada en ciencia ficcón e fantasía Urco, fallouse o pasado sábado en Allariz.
Fixeron parte do xurado o crítico e editor César Lorenzo Gil, a xornalista Llerena Perozo Porteiro, o escritor Lois Pérez e a novelista portuguesa Fausta Cardoso Pereira, vencedora da pasada edición coa obra Dormir com Lisboa (2017). O ano anterior fora Antonio Manuel Fraga con Querido H.P. Lovecraft (2016) quen se fixera coa distinción. (…)
O xurado do terceiro premio Antón Risco tamén recomendou a edición da obra presentada a concurso baixo o título Sopas New Campbell.”
Compostela: presentación de Dormir com Lisboa, de Fausta Cardoso Pereira
A Coruña: presentación de Dormir com Lisboa e O Homem do Puzzle, de Fausta Cardoso Pereira
Chaves-Verín: Ponte Escrita. 2º Encontro Luso-Galaico de Escritores/as
Fallo do II premio Antón Risco de Literatura Fantástica
“Reunido en Allariz o 11 de febreiro de 2017, o xuri do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica composto por:
Antonio Manuel Fraga, gañador da anterior edición.
César Lorenzo Gil, crítico literario.
Elisa Torres, da UTAD.
Isabel Cristina Mateus, da Universidade do Minho.
Montse Pena Presas, crítica literaria.
e actuando como secretario sen voto Tomás González Ahola, de Urco Editora.
RESOLVE
Conceder o II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica, convocado pola Fundación Vicente Risco, Urco Editora, Auga Editora, Sacauntos Cooperativa Grática, Libraría Aira das Letras, Livraria Traga-Mundos, Pastelaría Fina Rey e Restaurante A Fábrica de Vilanova.
Á obra co título
Dormir com Lisboa
que, aberta a plica, resultou ser da autoría de
Fausta Cardoso Pereira,
que recibirá como premio 3000€ menos os impostos correspondentes e a publicación da obra.
Asemade, o xuri tamén destacou como finalistas a igualdade de puntos as obras presentadas baixo os títulos
O neno que soñaba coa lúa
e
Penumbra
as cales, logo de ser valoradas pola editora, poderán optar a seren publicadas, sempre que as súas autoras ou autores estean de acordo e contacten coa editora.
En Allariz, a 11 de febreiro de 2017