O
venres 12 de maio, ás 20:00 horas, no Centro Cívico e Cultural de Arteixo terá lugar un encontro literario, presentado por Alfredo Ferreiro, enmarcado no programa cultural do mes de maio.
Trátase de dar a coñecer as obras máis recentes de autores vencellados ao Concello de Arteixo. Os autores convidados son Francisco A. Vidal, Henrique Rabuñal, Miguel Sande, Modesto Fraga, Xosé Iglesias e Xabier Maceiras.
Tamén haberá un recital poético na memoria do poeta e activista cultural Paco Souto, para o que se conta co seguinte elenco: Emma Abella, Henrique Rabuñal, Iolanda Aldrei, Miguel Sande, Modesto Fraga, Rocío Blanco, Xosé Iglesias, Xabier Maceiras e Alfredo Ferreiro. O evento será acompañado pola música de Alberto Laso e Karlos Barral, co seu proxecto Infusiones Musicales.
Arquivos da etiqueta: Francisco Antonio Vidal
Votacións dos Premios Barbantia da Cultura 2016
“Como
cada ano nestas datas, comunicamos que xa está aberto o prazo das votacións para que os socios e socias da Asociación Cultural Barbantia elixan os Premios Barbantia da Cultura 2016, que este ano se van celebrar no Concello de Porto do Son o sábado 3 de decembro.
Os candidatos, segundo a categoría aos PREMIOS BARBANTIA DA CULTURA 2016 son:
PREMIOS BARBANTIA 2016 Á TRAXECTORIA CULTURAL NO BARBANZA:
– Maxi Olariaga.
– Mª José Paz Franco – Maralla.
– Francisco A. Vidal.
PREMIOS BARBANTIA 2016 Á INICIATIVA CULTURAL NO BARBANZA:
– Museo do Mar de Noia.
– Leñaverde (Boiro).
– A. C. Terra de Outes.
PREMIOS BARBANTIA 2016 DA CULTURA GALEGA:
– Quico Cadaval.
– Manuel Romero.
– Blanca-Ana Roig Rechou.”
Toda a información aquí.
Ribeira: presentación de O coitelo de pedra fundida, de Francisco Antonio Vidal
Foz: presentación de O coitelo de pedra fundida, de Francisco Antonio Vidal
Lugo: presentación de O coitelo de pedra fundida, de Francisco Antonio Vidal
O
venres 20 de novembro, ás 19:30 horas, na Libraría Trama (Avenida da Coruña, 21) de Lugo, preséntase O coitelo da pedra fundida, de Francisco Antonio Vidal, publicado por Toxosoutos.
Compostela: presentación de O coitelo da pedra fundida, de Francisco Antonio Vidal
Cee: presentación de O coitelo da pedra fundida, de Francisco Antonio Vidal
A Coruña: presentacións de Francisco A. Vidal e Uxío-Breogán Diéguez
A Coruña: presentacións de Eli Ríos, Francisco A. Vidal e Uxío-Breogán Diéguez
A Coruña: Fotobiografía de Xaquín Villar nos tempos d’O Facho, por Francisco A. Vidal e José Monterroso Devesa
A
terza
feira 6 de outubro, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, nun acto organizado pola Agrupaçom Cultural O Facho, no seu ciclo Economia, História e Ciências Sociais, Francisco A. Vidal e José Monterroso Devesa falarán sobre Fotobiografía de Xaquín Villar nos tempos d’O Facho.




