O
martes 23 de agosto, a partir das 20:00 horas, na Estatua de Rosalía na Alameda de Santiago de Compostela, terá lugar o último Roteiro literario por Compostela, actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en colaboración coa Concellaría de Cultura de Santiago, aos que a cidadanía pode sumarse sen necesidade de anotarse, axudando a coñecer a Compostela literaria da man dos nosos autores e autoras. O Roteiro, da man de Inma López Silva, terá o seguinte percurso: Ferradura, Villar, Catedral, Acibechería, Cervantes, Cinco Rúas, Belvís, Mazarelos e Praza da Quintana.
Arquivos da etiqueta: Inma López Silva
“Os Premios da Crítica renacen sen dar soterrada a polémica”
Reportaxe
de Santiago Jaureguizar en El Progreso: “(…) A directiva da Fundación Premios da Crítica de Galicia renovada presentouse o xoves 4 Santiago. [Bieito Ledo é presidente], Antón Pulido pasou a ser vicepresidente, encargándose a Manuel Bragado a secretaría. Os outros cargos son vicesecretaría, Xavier Senín; tesourería, Anxo X. Rajó, e vocalías, Comba Campoy García, María do Cebreiro, Víctor Fernández Freixanes, María López Sández, Inmaculada López Silva, Marcos Lorenzo, Charo Portela Yáñez, Blanca-Ana Roig Rechou, Ernesto Sánchez Pombo, Antón Sobral e Anxo Tarrío Varela. Un total de 42 persoas integraran os xurados de Creación Literaria, Ensaio, Investigación, Música, Arte e Iniciativas Culturais. Terán a potestade de designar o nome do Galego Egrexio.” A nova recóllese tamén en Cultura Galega.
As manías d@s escritor@s de noso (I), no blog Trafegando Ronseis
Artigo
no blog Trafegando Ronseis: “As manías d@s escritor@s de noso (I)“:
“Agustín Fernández Paz: Sempre escribe a man, en cadernos de follas amarelas da marca Uniextra e con rotuladores negros de 0,5 mm. Ademais, pon un título provisorio cando comeza unha novela, aínda que o título “de verdade” poñerao cando esta está rematada.
Antía Otero: Tenlle manía á desorde e á incomodidade: coloca todo antes de se pór á escrita e vístese con roupa ampla. Ao seu carón sempre hai un gran termo de infusión que irá bebendo paseniñamente. Toma notas continuamente que garda nunha mesma caixa antes de transcribilas ao ordenador.
Marcos Calveiro: Comeza as novelas polo derradeiro capítulo e escoita sempre ao inicio dunha nova novela o “Favorite things” de John Coltrane. Busca a aprobación da súa parella, lectora e musa ideal.
Iolanda Zúñiga: Cómprenlle tapóns nos oídos por mor dos ruídos e escribe soamente polas mañás, co seu habitáculo en orde. Ademais, faino medio núa e rillando nas unllas. Élle imprescindible xogar cos cans e conducir a súa vella scooter.
Fran Alonso: Precisa illarse do mundo e moitas horas seguidas. Sempre escribe con música de tonalidade estable, pero con cada libro cambia de música, sempre a mesma ata que o remata.
Rosa Aneiros: A súa manía, curiosamente, é non permitirse telas: “vencerse como carne para gañarse como imaxinación”.
Francisco Castro: Asegura que a súa mellor hora para este labor é as cinco da mañá e que sempre o fai descalzo. Corrixe tres veces a novela, e non permite que lla lea ninguén ata que esta saia do prelo. Dispón as súas producións alfabeticamente e precédeas dunha cita dos Beatles.
Inma López Silva: Leva en todo momento un caderno no bolso e anota neles constantemente: por iso utiliza sempre bolsos nos que caiba este obxecto. Ademais, escribe descalza.
Xabier DoCampo: Require para traballar dun caderno pequeno ou mediano que contén toda a arquitectura interna da obra: escenarios, personaxes, reflexións… pero non a textualidade. Este caderno lévao sempre consigo, mesmo sente pánico a perdelo.
María Reimóndez: Utiliza cadernos raiados ou lisos, e estes teñen que lle “cadrar” coa historia; odia poñer nomes aos personaxes, por iso adoita utilizar aqueles que coñece. De poder, escribe a primeiras horas da mañá ou a últimas da tarde.”
Antoloxía de autores galegos na revista electrónica BigBridge, a cargo de F. R. Lavandeira
‘A
revista electrónica estadounidense BigBridge ven de publicar no seu nº 15 unha pequena antoloxía de autores e autoras das letras galegas. O coordinador da escolma, o rianxeiro Fernando Ramón Lavandeira Suárez, subliña que “o obxectivo era dar a coñecer algo da nosa literatura actual a un público non moi -por non dicir nada- afeito a ela, como é o estadounidense”. BigBridge amosa unha escolma de once autores contemporáneos, como Miro Villar, María do Cebreiro, Inma López Silva ou Anxos Sumai, tanto en prosa como en verso. Por cada un dos autores o lector da revista pode consultar unha biografía, unha autopoética e unha selección da súa obra. As traducións corresponderon ao propio Lavandeira cara o castelán e de Terri Carrión para o inglés.’ Vía Fervenzas Literarias.
Santiago: presentación de Relatos para noites de hotel
O
mércores 1 de xuño, ás 11:00 horas, no Restaurante Porta Faxeira (Rúa do Franco, 50) de Santiago de Compostela, preséntase o libro Relatos para noites de hotel, onde se recollen os textos gañadores do I Concurso Internacional de Relatos Pousadas de Compostela, de Inma López Silva e Carmen Simón. Intervirán Inma López Silva, gañadora do Premio Internacional de Relatos Pousadas de Compostela, José Manuel Otero e Anxo Lorenzo.
A Coruña: Encontro Cen anos con Cunqueiro da Universidade Internacional Menéndez Pelayo, do 13 ao 15 de xullo
A
Universidade Internacional Menéndez y Pelayo organiza o Encontro Cen anos con Cunqueiro, que se celebra do mércores 13 ao venres 15 de xullo na Coruña. Para información, matrículas e bolsas, os interesados pódense dirixir á Secretaría de Alumnos do UIMP (Rúa San Francisco, s/n. Fundación Luís Seoane, 2º andar), 15001, da Coruña (teléfono 981-140830, fax 981-140825, correo electrónico: galiciasa@uimp.es). O importe da matrícula será de 129 euros (para o alumnado universitario haberá unha redución do 50%). Estará dirixido por Carlos González Reigosa, tendo como secretaria a Clara García Folgueira.
“Hai cen anos que naceu en Mondoñedo (Lugo) o escritor Álvaro Cunqueiro, autor dunha obra que retrata con incomparable riqueza toda a maxia e a realidade da súa terra e, á vez, do Ocidente que a contén. Ningún outro escritor soubo mostrar como el, en creacións certeiras e case sempre poéticas, a alma de Galicia, mediante un xogo de espellos culturais que, paradoxalmente, atinan a reflectir o menos visible, e, á vez, o máis profundo do noso ser. Os seus poemas, novelas, pezas dramáticas e artigos teñen en común unha visión poliédrica que, literariamente ensamblada, nos ofrece un mundo propio paradoxalmente moito máis verdadeiro e completo -e tamén máis revelador e máis desvelado- que o que comunmente temos por real.”
O programa está formado por:
* Mércores 13:
– 10:00 h. Introducción á vida e obra de Cunqueiro, por Carlos G. Reigosa.
– 12:00 h. Álvaro Cunqueiro en mi experiencia literaria, por Luis Mateo Díez.
– 17:00 h. La poesía de Cunqueiro, por César Antonio Molina.
* Xoves 14:
– 10:00 h. Álvaro Cunqueiro, un escritor nos xornais, por Víctor F. Freixanes.
– 12:00 h. El humor en la obra de Cunqueiro, por Marina Mayoral.
– 17:00 h. Álvaro Cunqueiro e o teatro; por Inmaculada López Silva.
* Venres 15:
– 10:00 h. Álvaro Cunqueiro, narrador, por Dolores Vilavedra Fernández.
– 12:00 h. Cunqueiro e familia: a cociña e outras estancias, por Domingo Villar.
– 17:00 h. Poética e poesía de Álvaro Cunqueiro, por Arcadio López Casanova.
Ames: presentación de A narrativa galega na fin de século, de Dolores Vilavedra
O
sábado 30 de abril, ás 17:00 h., na Praza do Concello de Ames, presentación de A narrativa galega na fin de século, de Dolores Vilavedra, publicado en Galaxia. No acto estará acompañada por Carlos Lema e Inma López Silva.
Presentación de O xogo das cadeiras, manifesto pola entrada de mulleres na Real Academia Galega
O
manifesto O xogo das cadeiras presentouse en Santiago polas escritoras María Reimóndez, Yolanda Castaño e Inma López Silva e pola crítica literaria Dolores Vilavedra, xunto a Helena González, investigadora universitaria. Reclaman que medre a presenza feminina na Real Academia Galega e quéixanse de que se teime en discriminar nesa institución a creación e a investigación femininas. Defenden que o único fin que buscan é que as próximas vacantes que haxa na institución académica se cubran con personalidades da cultura femininas. Na súa presentación o manifesto conta con 52 sinaturas de destacadas mulleres dos ámbitos da creación, a crítica literaria, a universidade e o xornalismo. As promotoras animan os interesados en adherirse á iniciativa que o fagan a través da súa web. Vía A Nosa Terra. Tamén en Galicia Hoxe e Xornal.
Inma López Silva: “Hai amor poscoitum e desamor precoitus. Eu descoñezo a tristura poscoital”
Entrevista
a Inma López Silva en Galicia Hoxe:
“- Galicia Hoxe (GH): Calquera literaria e dramática, é en si unha obradoiro pechado, onde polo xeral, o espectador ou espectadora non son máis que iso. No teatro, sobre todo nalgún xeito de teatro, pódese investir esa realidade e o espectador formar parte da obra…?
– Inma López Silva (ILS): Si. Non todo o teatro é nin ten que ser así, pero si é certo que hai un teatro que aspira a que o espectador viva nel, atope a vida a través da súa experiencia como espectador, nunha comuñón co escenario derivada desa liña de teatro como vida. O que acontece é que hai unha gradación nesta experiencia que vai desde a frontalidade máis absoluta (a cuarta parede) na maior parte do teatro que podemos ver habitualmente, ata auténticas experiencias irrepetíbeis, coma as de Artaud nos anos 30 ou o Living Theatre nos 70, nas que o público entra na catarse de vivir a experiencia teatral desde dentro, e contradicindo a propia etimoloxía da palabra espectador. Entre eses dous extremos, hai experiencias, momentos, posibilidades, etc, que son as que nos marabillan e nos ocupan ás que estudamos o teatro. (…)
– GH: Memoria de cidades sen luz é para min, unha da grandes novelas do século que andamos e procuramos. Imaxínoa xa traducida a outros idiomas distintos do noso. Podes contarme algo da xénese e desenvolvemento desta novela que non se vai da memoria?
– ILS: Grazas por esa percepción con desexo incluído. Nótase que nos queremos ben! A novela xurdiu de varias ideas que, necesariamente, tiñan que confluír. Por unha banda, desexaba escribir sobre un tema que a min persoalmente me atormenta, o das mortes contra natura fundamentalmente os pais que ven morrer os seus fillos e a síndrome de Medea. De feito, durante moito tempo pensei en titular a novela Igual que Medea, aínda que ese título, na súa oralidade, logo me pareceu terríbel (aquí riría). Despois tamén tiña interese en lanzar unha reflexión sobre algunhas contradicións do galeguismo prerrepublicano, especialmente a que se refire á súa estraña relación co feminismo. E finalmente, por razóns persoais obvias, andaba fascinada co mundo da Francia dos corenta e dos cincuenta, cheo de personaxes fascinantes, loitadores, caraduras, fuxidos e artistas, todo iso imaxinado desde o mundo do teatro e mais desde a visión da galeguidade, de aí a figura de María Casares e o exilio. Se a todo iso lle sumas que non hai tema máis literario e máis interesante para contar o mal cás distintas guerras (sexan bélicas ou non), velaí che queda o ADN de Memoria de cidades sen luz.
A Pobra do Caramiñal: presentación de Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva
O
venres 4 de marzo, ás 20:30 h., na librería Ler da Pobra do Caramiñal, preséntase o libro Memoria de cidades sen luz, de Inma López Silva, publicado en Galaxia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, participan, ademais da autora, María Xesús Blanco, Alberto Piñeiro e Xesús Laíño.