Arquivos da etiqueta: Iolanda Aldrei
Compostela: presentación de Três Tempos, de Luís Mazás López
A quinta feira 12 de maio, ás 20:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de Três Tempos, de Luís Mazás López, publicado pola Porta Verde do Sétimo Andar. No acto participan, acompañando ao autor, Iolanda Aldrei e Ramiro Vidal Alvarinho, xunto á música de Miguel Alonso.
Fisterra: recital poético e musical en homenaxe á Vaca de Fisterra
O Concello de Fisterra, en colaboración cos escritores Modesto Fraga, Xosé Iglesias e Francisco X. Fernández Naval, convoca para o día 19, sábado, ás 17:00 horas, unha marcha poética e musical que partindo da lonxa de Fisterra camiñará ata o faro.
O motivo desta marcha festiva é reivindicar o son do Nautófono, coñecido en toda a bisbarra como A Vaca de Fisterra, así como o mantenemento e conservación da maquinaria deste sinal marítimo sonoro. Ao longo dos anos, os navegantes do mundo e os habitantes da comarca, interiorizaron ese son poñéndolle un nome: a Vaca de Fisterra, por ser o seu berro un bramar semellante ao dunha vaca. O son pasou a formar parte da vida cotián da xente, integrouse nas conversas, fíxose música e os poetas tomárona ou tomáronas, que dúas era as vacas, como referencia nalgunhas das súas composicións.
A reivindicación parte da convicción de que a Vaca é patrimonio inmaterial de todos os habitantes do litoral, ao norte e ao sur de Fisterra, así como do interior, que durante máis de cen anos sentiron o seu bruar nos días e noites de borraxeira, pero tamén, convencidos de que altofalantes e mecanismo que os fai soar, o Nautófono, é patrimonio material, por tratarse dun sinal marítimo do que quedan escasas mostras en funcionamento no territorio peninsular.
Ás 17:00 horas, diante da lonxa de Fisterra, lerase o texto da convocatoria, dando paso a un primeiro recital poético. Ao remate, iniciarase a marcha, precedidos os participantes polo son da gaita e do acordeón de Moncho do Orzán, con dúas paradas para ler textos de adhesión, unha primeira no campo da igrexa de Santa María das Areas, e outra xa na estrada, xunto a escultura do peregrino. Durante o traxecto faranse soar as buguinas.
No faro lerase o texto que contén a reivindicación e que será enviado aos responsables da Actividade Portuaria da Provincia da Coruña, organismo a quen corresponde o funcionamento e conservación do faro. A continuación, e como peche, desenvolverase outro recital.
Exercerá como mantedor o actor César Cambeiro.
Amais dos citados, confirmaron a súa participación: Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de escritoras e escritores en lingua galega (AELG); Juan Alberte, Iolanda Aldrei, Marilar Aleixandre, Concha Blanco, Rocío Blanco Formoso, Fernando Cabeza Quiles, Anxo Cousillas, José Estévez, María José Fernández, Francisco X. Fernández Naval, Modesto Fraga, Mónica Góñez, Serxio Iglesias, Xosé Iglesias, Alex López, Miguel Mato Fondo, Alexandre Nerium, Olga Patiño, Fernando Patricio, Marité Prieto, Xesús Rábade Paredes, X. H. Rivadulla Corcón, Pilar Silva, Francisco Souto, Nolo Suárez, Roberto Traba Velay, Suso Bahamonde, Miguel Vázquez Freire e Helena Villar.”
A Alba de Gloria volve escoitarse no Pico Sacro
Desde Sermos Galiza:
“Pasaron nove décadas desde que Castelao participara na peregrinaxe ao Pico Sacro, cando por aquel entón a ditadura impedía celebrar a festa nacional. O maxín de Castelao volveu sobre o Pico Sacro desde o exilio, cando teceu unha das súas pezas máis profundas, a Alba de Gloria, o discurso de celebración do Día da Patria.
Desde 2011, a Federación Galiza Cultura, a través das Asociacións Vagalumes e O Galo, conmemora a peregrinaxe de Castelao ao Pico Sacro. Por aquel entón cumpríase o 125 aniversario de Castelao co “total desprezo por parte da Xunta de Galiza”. A organización decidía entón homenaxear a “Alba de Gloria” nun ano caracterizado polo furibundo ataque do Goberno de Feijóo á lingua e á cultura galegas.
“Queremos renderlle unha homenaxe a Castelao e volver sobre os seus pasos físicos e intelectuais coa lembranza dunha tradición que apesares das circunstancias conxunturais adversas porfía en alumear un futuro mellor, unha alba de gloria para Galiza e a súa cultura”, sinala a organización.
Contra ás 12:00 h., o escritor, arqueólogo e etnógrafo Calros Solla deulles a benvida ás persoas asistentes cun discurso de afirmación da identidade galega como algo que resiste ao longo dos séculos. Xa no cumio, a néboa e a chuvia deron paso a unhas raiolas de sol para a lectura do Alba de Gloria, que correu a cargo de representantes das asociacións culturais da Estrada, Vedra, Boqueixón, Santiago e Silleda. A continuación, o gaiteiro Raúl Galego pechou o acto da mañá coa interpretación do Himno Nacional.
As persoas que asistiron ao acto, entre elas asociados e asociadas de entidades culturais da bisbarra, tiveron a oportunidade de coñecer de perto, a través de Iolanda Aldrei, as lendas que xurdiron ao redor do Pico Sacro, así como o seu valor arquitectónico, coa historias das construcións borradas co paso do tempo. Á chegada á capela, tivo lugar a actuación de Mini e Mero. (…)”
Alba de Gloria 2015 no Pico Sacro, o sábado 18 de xullo
A Federación GALIZA CULTURA, a través das Asociacións Vagalumes e O Galo, vén celebrando este acto de irmandade entre natureza e cultura desde que se conmemorou no 2011 o 125 aniversario de Castelao co total desprezo por parte da Xunta e demais institucións galegas. O acto consiste na lectura pública do ALBA DE GLORIA de Castelao desde o cumio do Pico Sacro, espazo simbólico no que a terra se fai espírito e que a cultura do noso pobo recubriu de significados ao longo dos séculos. Rememoramos á xeración do Seminario de Estudos Galegos que reparou neste lugar emblemático, visitou e estudou, amosando unha actitude intelectual de interese e respecto polo propio que contrasta cos valores que agora se están a transmitir de fascinación provinciana polo alleo.
Seguimos a estela de Castelao quen acudiu en peregrinación até este lugar no 1925, cando unha ditadura impedía celebrar como se debera a festa nacional, e volveu imaxinariamente sobre el, desde o exilio, ao construír unha das súas pezas ensaísticas e literarias máis profunda, o “Alba de gloria”, discurso de celebración do día da patria galega. Para el era un lugar no que a resistencia do terreo a ser estepa, inspiraba a quen acreditaba en que o noso ser diferencial non ía ser borrado pola enxurrada reaccionario de entón. Por iso queremos render homenaxe a Castelao as asociacións culturais galegas porque queremos volver sobre os seus pasos físicos e intelectuais e homenaxear a este creador comprometido co seu pobo. Lembrar e retomar unha tradición que apesares das circunstancias conxunturais adversas porfía en alumear un futuro mellor, unha alba de gloria para Galiza e a súa cultura.
Calros Solla, a máxia das montañas do Seixo ao Pico Sacro
Por iso este ano 2015 volvemos un ano máis a dar lectura ao Alba de Gloria no Pico. Desta volta contando coa presenza do poeta e investigador cerdedense Calros Solla, quen se ten caracterizado pola defensa do noso patrimonio material e inmaterial, estudando as nosas montañas sagradas, concretamente, o monte do Seixo, desvelándonos o significado que se agocha tras cada lenda e cada pedra deste santuario montesío, como un mapa para entender os ritos que aquí se levan a cabo, para desvelar as antigas celebracións precristiás e para descubri-la presenza dos vellos deuses.
PROGRAMA:
– 12:00 h.: Benvida a cargo do escritor Calros Solla e a continuación subida ao cumio do Pico Sacro (o último treito).
– 13:00 h.: Izado da bandeira por membros das Asociacións Culturais promotoras do acto “Vagalumes” de A Estrada e “O Galo” de Santiago.
De seguido lectura de Alba de Groria de Castelao por parte de representantes da A.C. O Galo de Santiago, de A. C. Vagalumes da Estrada, e das asociacións de Boqueixón e Vedra.
Himno Galego. Co gaiteiro Raúl Galego.
– 13:30 h.: Baixada do Pico Sagro mentres se explica a súa lenda, historia e valor natural a cargo de Iolanda Aldrei da Asociación A Granxa do Pico Sacro.
– 14:00 h.: Actuación no adro da capela do Pico Sacro, dos cantautores Mini e Mero.
– 14:45 h.: Xantar en: “Casa Castro”. Menú 10 €. Anotarse nesta ligazón.
Roteiro polas terras do Ulla. Guía: Iolanda Aldrei.
As persoas que non acudisen ás actividades de pola mañá, poden sumarse a este roteiro en calquera punto do seu percorrido.
– 16:15 h.: Saída desde “Casa Castro” en Sergude para Ponteledesma. Deixaranse a metade dos coches en Casa Castro.
– 16:30 h.: Ponteledesma: Ponte (s. XVI), pedra do fielato, o rio e as ínsuas cos seus fieitos arbustivos, carballos centenarios, loureiros, etc. Logo iremos nos autos ata Donas (4 km).
– 17:45 h.: Donas, a parroquia mais pequena de Galiza. Seguiremos parte do roteiro dos pescadores e ollaremos a Casa Grande, a fervenza das tres caídas e a burga de augas mineiro-medicinais (moi acaídas para a pel). Logo iremos nos autos ata Codeso (3 km).
– 19:00 h.: Codeso. Na área de S. Paio veremos a ermida (s. XVIII), e ao lonxe, na serra, a dor da pedra: as grandes canteiras do Serrabal, nas que cada día se fende o seixo. Desde a capela de S. Paio baixaremos (2 km.) pola beira do rio Grande pasando por un bosque de ribeira e por tres muíños restaurados; observaremos a fauna, a flora e plantas de cultivo que medran salvaxes (liño). Remataremos ante dúas fermosísimas fervenzas.
Se alguén o desexa, ten a oportunidade de asistir á Romaría da Fervenza que comeza encol ás 21:00 h. Celébrase ao carón da ermida de S. Paio e nela participan varios grupos de música popular, que, como todos os desta zona, son mestres na interpretación coa requinta.
Arteixo: recital poético e musical Versos no pentagrama
Compostela: recital poético e presentación de (No) Meio (do) Oriente
A sexta feira 22 de maio, ás 19:30 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo), en Santiago de Compostela, haberá un recital poético a cargo de Teresa Moure, Concha Rousia, Iolanda Aldrei e José António Lozano Garcia, despois da presentación (No) Meio (do) Oriente, de Artur Alonso Novelhe, publicado por Círculo Edições.
Muxía: contacontos Contos do mar
Compostela: recital poético na Noite Galaica
Arteixo: Cuadrante de sombras, recital con poesía e música
O sábado 22 de novembro, ás 21:00 horas, na Taberna-Café-Museo A Baiuca (Travesía de Arteixo, 213, frente ao concello) de Arteixo, terá lugar Cuadrante de sombras, un acto presentado por Paco Souto onde acompañarán poeticamente o Transfusión oceánica de Xosé Iglesias (publicado pola A. C. Caldeirón), Xosé Abeledo, Iolanda Aldrei, María José Fernández López, Alfredo Ferreiro, Modesto Fraga, Xurxo Gago, Mercedes Leobalde, Tati Mancebo, Miguel Mato, Juan Alberto Moure, Serafín Mourelle, Rodrigo Osorio, Marité Prieto, Mercedes Queixas, Teresa Ramiro, Viki Rivadulla, X. H. Rivadulla Corcón, Paco de Tano e Ramiro Torres. Tamén participará musicalmente Bieito Romero e amigos músicos.