Crónica videográfica da III Xornada de Literatura Dramática (I)

A III Xornada da Sección de Literatura Dramática. A palabra teatral nas aulas, actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña, tivo lugar o 24 de novembro de 2018 Espazo Normal da Coruña.

Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe estes vídeos:

Inauguración. José Manuel Sande García, Concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Cilha Lourenço, coordinadora da Xornada:

Mesa redonda A literatura dramática galega no último cuarto do século XX (primeira parte). Xesús Pisón, Manuel Lourenzo e Henrique Rabuñal:

Mesa redonda A literatura dramática galega no último cuarto do século XX (segunda parte). Xesús Pisón, Manuel Lourenzo e Henrique Rabuñal:

Feira do Libro da Coruña: actividades literarias destacadas do luns 8

OFeira do Libro da Coruña 2016 cartaz luns 8 de agosto continúa a Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns de Méndez Núñez, s/n.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este día:

18:00 h. Presentación de Caer de cu polo Universo, por Estíbaliz Espinosa, con ilustracións de Lucía Cobo, publicado por Apiario.
19:00 h. Presentación de Cantos de poeta, por Federico Mosquera e Noa López, Gelria.
19:45 h. Claudio Rodríguez Fer presenta Cinepoemas, publicado por Ouvirmos.
20:30 h. Presentación de O Deserto, de María do Cebreiro, publicado por Apiario.
21:15 h. Presentación de O perverso goberno de Feijóo. Sete anos en negro, de Manuel Monge, publicado por Laiovento. Participan no acto Camilo Nogueira e Xosé Manuel Sande.

A Coruña: Gala de entrega de premios do VI Certame de Curtas para Rosalía

VI Certame de Curtas para Rosalía 2016DESCRICIÓN DA GALA
Concerto de Davide Salvado e a súa banda.
Entrega de premios e proxección das curtas gañadoras.

SOBRE O CERTAME CURTAS PARA ROSALÍA:
A AS-PG leva seis edicións do Certame de Curtas para Rosalía, unha aposta do audiovisual como forma de homenaxe e divulgación da Literatura Galega.
Curtas para Rosalía é un certame xa asentado dentro do audiovisual galego con cada vez maior número de participantes, entre os que encontramos tanto persoas cunha traxectoria audiovisual consagrada como xente nova que está a iniciar este difícil camiño.

2016: VI CERTAME DE CURTAS PARA ROSALÍA
Coincidindo esta edición con dous feitos moi relacionados coa cidade da Coruña: o nomeamento do escritor Manuel María, veciño da Coruña, autor ao que se lle dedica o día das Letras Galegas 2016 e a celebración do centenario da fundación das Irmandades da Fala que tivo lugar na Coruña en 1916, a AS-PG convocou nesta VI edición premios en tres categorías:
Premio Irmandades da Fala
Premio Manuel María
Premio Mellor curta VI edición

CURTAS FINALISTAS
-Na modalidade Irmandades da Fala:
Mira a miña pel de Pablo Kaufmann e Miriam Rodríguez
-Na modalidade de Manuel María:
Choiva de Denisse Lozano Hermida
Canción da hora na que ladran os cás de Millán Castro Vilariño
Telexornal Manuel María de Luís López Aldegunde
-Na modalidade de Mellor Curta da VI edición de Curtas para Rosalía:
Adiós Soidá de Fran X. Rodríguez
O espantallo amigo de Carlos Seijo
O prezo da dote de Chus Domínguez

ENTREGAN OS PREMIOS:
Na modalidade Irmandades da Fala: José Manuel Sande, concelleiro de Cultura, Deporte e Coñecemento do Concello da Coruña.
Na modalidade Manuel María: Saleta Goi, compañeira de Manuel María durante 46 anos
Na modalidade de Mellor Curta da VI edición: Xoán Costa, presidente da AS-PG

SOBRE DAVIDE SALVADO
Davide Salvado é unha das voces musicais máis representativas de Galiza. Leva media vida recorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. Desa experiencia aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir.