O 19 de outubro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Santo André, 36, 1º), José-Maria Monterroso Devesa presenta As minhas teimas, as nossas teimas, publicado por Medulia, unha escolma das colaboración do autor na prensa galega e afín, no período 1975-2020 sobre a materia galega tocando os temas (as minhas teimas) máis diversos que entende de interese colectivo (as nossas teimas). Acompañan ao autor Carlos Pereira e Xulio López Valcárcel. As persoas interesadas en asistir poden inscribirse aquí.
Arquivos da etiqueta: José-María Monterroso Devesa
A Coruña: Roteiro literario polo cemiterio de Santo Amaro, o 9 de setembro, con José-Maria Monterroso Devesa
O sábado 9 de setembro, ás 12:00 h, farase un roteiro literario polo cemiterio de Santo Amaro, guiado por José-Maria Monterroso Devesa, organizado pola A. C. Alexandre Bóveda.
Con el pasearemos este cemiterio de galegos/as ilustres parando en vinte tumbas que acollen a persoeiros aquí enterrados relacionados coa escrita e a literatura: Jenaro Marinhas del Valle, Irmáns Vilar Ponte, Luz Pozo Garza, Luísa Villalta, Eladio Rodríguez, Ánxel Casal, Wenceslao Fernández Flórez, Pérez Lugín, Francisca Herrera, Eduardo Pondal, Martelo Paumán, Xohán Casal, Curros Enriquez, Os Carré, Luís Seoane, Lugrís Freire, Irmáns De la Iglesia, Pérez Ballesteros e Manuel Murguía.
Monterroso Devesa, é poeta, articulista e ensaísta, autor entre outros libros de O cemitério de Santo Amaro (1992) editado pola Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña.
As persoas interesadas poden anotarse aquí (xa están as prazas esgotadas).
A Coruña: actividades do 9 de agosto na Feira do Libro 2023
Montevideo: charla de José-Maria Monterroso Devesa, “O moito que Montevideo lle deu á nosa Galicia”
A AGAL honra José Luís Rodríguez, Montero Santalha e Alonso Estravis
Desde Nós Diario:
“A Associaçom Galega da Língua (AGAL) nomeou en asemblea este domingo 19 de decembro como socios de honra os profesores José Luís Rodríguez, José-Martinho Montero Santalha e Isaac Alonso Estravis, fundadores e aínda membros activos da AGAL.
Pola mañá inaugurouse na presenza de representantes de diferentes colectivos e institucións unha placa conmemorativa para lembrar o acto fundacional cos nomes das 40 persoas que promoveron en 1981 a entidade. Foi no mesmo lugar en que naceu a AGAL hai catro décadas: o Centro Don Bosco de Santiago de Compostela. Alí se realizou en 1981 a primeira asemblea da Associaçom. Naquela data, sinala a entidade nun comunicado, 50 persoas botaban a andar un proxecto chamado a mudar o rumbo da lingua no que supuxo o comezo do movemento reintegracionista moderno e do desenvolvemento sistemático desta escrita.
Aliás, no interior do recinto enterraron unha cápsula do tempo con as avaliacións das persoas participantes sobre a situación actual da lingua galega e mais unha previsión da mesma en 2081. Ese é o ano no que se prevé abrir esta cápsula, a coincidir co centenario da AGAL. O contedor acolle así textos inéditos que só se darán a coñecer dentro de 60 anos.
A xornada continuou cun xantar en que interviron diferentes socias e socios fundadores para lembrar aquel momento fundacional e recoñecer o traballo de toda unha vida desenvolvido por José Luís Rodríguez, José-Martinho Montero Santalha e Isaac Alonso Estravis no seo do reintegracionismo. O proceso de fundación da AGAL foi impulsionado por un numeroso grupo de persoas, moitas delas discípulas de Ricardo Carvalho Calero. Xavier Alcalá, José Luís Rodrigues, Aracéli Herrero, Xosé Ramón Pena, José Martinho Montero Santalha, Maria do Carmo Henríquez Salido, Joám Trilho, X. Rodríguez Baixeras, António Gil, José Maria Monterroso Devesa, Joám Carlos Rábade Castinheira, Joaquim Campo Freire ou Manuel Miragaia Doldám aparecen como algúns dos nomes máis destacados daquel proceso, sinala a AGAL nun comunicado enviado aos medios.
Destacan desde a entidade que, “aínda que algúns deles se desvincularon do colectivo co tempo, sorprende como, logo de 40 anos de traxectoria, moitos continúan vencellados ao proxecto e á causa lusista, ademais de ser fundamentais no desenvolvemento doutros proxectos do movemento reintegracionista”.”
A Coruña: conferencia Pedra, mármore, bronce, por José-Maria Monterroso Devesa
“Libros na artesa”, no blog Os chanzos
Desde o blog Os chanzos, a cargo de Francisco Antonio Vidal:
” Libros na artesa non é unha editorial.
Libros na artesa son libros libres. É unha páxina sen ánimo de lucro onde se poden descargar libros galegos en formato eBook.
Son libros que esgotaron o seu percorrido polas librerías, contos ou relatos que os autores ceden para a súa difusión e lectura por medio de dispositivos electrónicos.
Para descargar o libro que desexes só é necesario pulsar o teu sistema de lectura.”
Vídeo da conversa O cerne galego da Coruña
A Coruña: O cerne galego da Coruña, con José-Maria Monterroso Devesa
A terza feira 15 de maio, ás 20:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, José-Maria Monterroso Devesa e Avia Veira falarán sobre O cerne galego da Coruña.