Lecturas públicas de Manuel María por todo o país no Día do Libro

Actos con horarios confirmados:

AManuel María Bandeira (Silleda), día 23, na Casiña dos contos da Bandeira, ás 12 hrs
Barbadás, día 23, xunto á rotonda da Familia, de 11 a 13 hrs
Betanzos, día 23, na Libraría Biblos, ás 12 hrs
Brión, día 23, na Biblioteca Pública Municipal de Brión, ás 12 hrs
Bueu, día 23, na Biblioteca Municipal, ás 12 hrs
Cambre, día 23, na Sala de exposicións da Biblioteca Central de Cambre, ás 12 hrs
Cedeira
A Coruña, día 23, no Museo de Belas Artes (rúa Zalaeta, 2), ás 12 hrs
Carral, día 23, no Monumento aos Mártires, ás 20 hrs
Carballo, día 22, auditorio da Biblioteca Rego da Balsa, ás 11.30 hrs
Entrimo, día 23
Guitiriz, día 23, na Casa Habanera, ás 12 hrs
Ferrol, día 23, no Antigo Hospicio en Amboaxe, ás 12 hrs
Lalín
A Laracha, día 23, na Biblioteca Municipal, ás 12 hrs
Lousame, día 23, na Casa da Cultura, ás 12 hrs.
Lugo, día 23, na praza Maior, ás 18 hrs
Monforte, día 23, na praza Manuel María (se chove na Casa da Cultura), ás 12 hrs
Oleiros, día 23, ás 11.30 e ás 17 hrs na Casa-Museo Manuel María (Outeiro de Rei)
Ortigueira, día 22, na Biblioteca Municipal Juan Fernández Latorre, ás 11 hrs
Outeiro de Rei, día 23, na Casa-Museo Manuel María, ás 11.30 e ás 17 hrs
A Pobra do Caramiñal, día 23, no Cine Elma, ás 12.30 hrs
Pontevedra, día 23, diante da praza de abastos (rúa Serra), ás 12.30 hrs
Redondela, día 22, na radio municipal, durante todo o día
Rodeiro, día 22, na Biblioteca Pública José Carballo Suárez
Ribeira, día 23, na Biblioteca Municipal
Santa Comba, día 23, Auditorio Edificio Multiusos, ás 19 hrs
Santiago de Compostela, día 22, na praza Cervantes, ás 19.30 hrs
San Sadurniño, día 22
Taboada, día 23, no marco do Roteiro das Artes a partir das 19.30. Nenas e nenos do CEIP de Agolada recitarán poemas do libro Os soños na gaiola.
Vigo, día 23, na Casa Galega da Cultura (praza da Princesa, 2). 11 hrs
Vilalba, día 23, na Casa da Cultura, ás 12 hrs
Vilagarcía de Arousa, día 23, na Cafetaría Ravella (na praza Ravella), ás 12 hrs
Xermade, día 23, na Biblioteca Municipal, ás 12 hrs
Xinzo de Limia, día 23, na Biblioteca Municipal, ás 11 hrs

Ferrol: actos destacados do sábado 23 e domingo 24 na Feira do Libro

OFeira do Libro de Ferrol 2016 domingo 24 de abril finaliza a Feira do Libro de Ferrol (na Praza da Constitución, con horario de 11:00 a 14:30 horas e de 17:30 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados na fin de semana:

Sábado 23
13:00 h. Contacontos, con Miguel Ángel Alonso Diz. Organizado por Nova Galicia Edicións.
18:00 h. Andando a Terra, con Manuel María. Espectáculo de maxia, co Mago David.
19:00 h. Presentación de Memoria histórica do barrio de Esteiro, de Guillermo Llorca e Juan José Burgoa, publicado por Embora.
20:00 h. Poesía explicada. Lectura aberta de Nos páramos da lúa, de Antón Cortizas.

Mercedes Queixas: “Manuel María foi un grande humanista”

EntrevistaMercedes Queixas 3 a Mercedes Queixas na Real Academia Galega:
“(…) – Real Academia Galega (RAG): Que características pensa que definen a obra de Manuel María?
– Mercedes Queixas (MQ): Manuel María asina máis dun cento de títulos escritos ao longo de cincuenta e catro anos, polo tanto fecundidade e constancia son trazos obxectivamente definidores. O seu proceso creativo atendeu todos os xéneros, nomeadamente a poesía, á que corresponden máis de cincuenta obras, mais tamén narrativa, teatro, ensaio e escrita xornalística. Unha expresión, pois, diversa e, ao tempo, moi plural tematicamente, que identifica a obra co transcorrer da canle dun río alimentado por sucesivos afluentes enriquecedores.
A perfecta simbiose entre a representación das causas do pobo e a súa obra converteuno na voz amplificadora do pobo silenciado, agredido e expropiado, desde a dignificación da lingua galega e da cultura popular que a constrúe e sostén con personalidade propia, recuperando a visibilidade do seu papel na historia e os referentes cultos de seu. Finalmente, a lectura da obra do autor permítenos visualizar o mapa do seu tempo, desde diferentes ángulos, converténdose nunha crónica biográfica, persoal polo tanto, mais sempre acompañada da man da cronoloxía que marcou a experiencia vital colectiva galega, española e internacional, o que o converte nun referente intelectual da segunda metade do século XX. (…)
– RAG: Que vixencia conserva a súa creación?
– MQ: Malia o carácter tan voluminoso da súa escrita, como antes mencionamos, a altísima amplificación popular a través da música e as raíces profundas no seu pobo, entendemos que Manuel María segue a ser un autor bastante descoñecido. No entanto, si sorprende o coñecemento maior que chegou a ter se temos en conta as severas dificultades coas que sempre se encontrou para ver a súa obra editada e, consecuentemente, para conseguir que chegase de xeito maioritario ao público lector quen, tantas veces, accedeu á súa obra de xeito limitado, parcial e clandestino. Unha visibilidade moito tempo condicionada que tamén alimentou a crítica literaria ao non lle ceder o merecido espazo de atención ao xulgar a súa obra con parámetros extraliterarios.
Felizmente, a lectura completa da obra, nada dunha auténtica vocación de escritor universal, é hoxe posíbel. Cada nova lectora descubrirá un dos moitos Manuel María que o verso e a prosa gardan. Nada resultou alleo a Manuel María, por iso no conxunto da súa obra é posíbel descubrir os múltiples e ilimitados centros de interese do poeta que nunca nos deixan indiferentes. A súa obra é das de maior entidade das publicadas na segunda metade do século XX, cuantitativa e cualitativamente. O carácter multitemático de moitos dos títulos presentan un panorama real e literario fértil de forte impacto no público lector, o que explica que, malia as severas dificultades de publicación e recepción dunha boa parte da obra, consiga ver en vida sucesivas edicións de obras como Terra Chá, Documentos personaes, Muiñeiro de brétemas ou Os soños na gaiola, entre outras, e reciba proposta de tradución para moi diversos idiomas.
Por outra banda, o labor que nestes últimos anos desenvolveu a Fundación Manuel María de Estudos Galegos, recuperando a Casa de Hortas, casa natal do poeta, para o encontro público con el, musealizándoa conforme o percorrido biobibliográfico en paralelo, ten sido un primeiro chanzo fundamental para revitalizar sempre a memoria de Manuel María, o principal espazo de referencia para dar a coñecer a súa obra viva e figura entre o pobo galego máis aló do vindeiro 17 de maio. (…)”

Reedición de Advento, de Manuel María

DesdeManuel María o Diario Cultural da Radio Galega:
Miguel Anxo Fernán-Vello, autor do estudo que abre a reedición de Advento, de Manuel María: “É un libro capital na poesía galega contemporánea”. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Oseiro, Arteixo: Rimando e Xogando con Manuel María na Biblioteca do Froxel, por Lisístrata

Rimando e xogando Lisístrata Manuel MaríaO martes 19 de abril, ás 18:50 horas, na Biblioteca Francisco Vidal do Froxel (Oseiro, Arteixo), terá lugar a actividade Rimando e Xogando con Manuel María, levada a cabo por Ana Hermida (Lisístrata Asociación). Unha maneira de achegar ao público infantil o traballo e a figura de Manuel María, nas voces de Ana Hermida e das nenas e nenos de entre 4 e 11 anos que por alí se acheguen. Haberá pequenos xoguetes poéticos cheos de entretemento, versos que ás veces son cantados, historias unhas, con actividades para a infancia e outras nas que interactúan coa contadora.