A
edición viguesa de La Voz de Galicia publicou unha entrevista de Jorge Lamas a Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 por Palabras de auga. Nela, o autor do Premio Merlín asegura que: «eu non elixín África como marco da novela: foi ela a que me elixiu a min». E logo engade: «Naceu nunha nova que lin nun xornal. Contaba que no Sahel, unha zona de moita fame, as mulleres non tiñas outra que procurar nos formigueiros os grans recollidos polas formigas. Pareceume unha imaxe tan impactante da condición humana que naceu esta historia». Marcos Calveiro observa o futuro con optimismo e asegura que «lectores sempre haberá e libros hai moitos na historia da literatura».
A entrevista completa pódese descargar aquí.
Arquivos da etiqueta: Marcos Calveiro
Marcos Calveiro: “Non me gusta a literatura que recrea un mundo feliz”
Entrevista
a Marcos Calveiro en Faro de Vigo:
“El último libro de Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), Palabras de auga –Premio Merlín 2012– habla de la lucha por la vida en África, de la importancia del tótem y de los niños soldados. (…)
“Eu fago defensa da mentira. Non ten por que ser mala porque mostra unha capacidade de imaxinación e de risco. Hai delitos peores. Hai un gran segredo entre os protagonistas que se agocha e non se conta”. “Non me gusta a literatura que recrea un mundo feliz que non ten nada que ver co real”, señalaba el autor, quien reconocía la existencia de algunas escenas dramáticas y tensas. El deseo del escritor ahora es llevar la presentación de su libro a los centros escolares. No olvidó destacar la labor del ilustrador Ramón Trigo: “Fixo unhas ilustracións espectaculares, con moita forza e moi simbólicas”.”
Entrevista a Marcos Calveiro sobre Palabras de auga
“O programa da TVG Zig-zag diario, que presenta a xornalista María Solar, entrevistou a Marcos Calveiro, Premio Merlín 2012 por Palabras de auga.” Desde Xerais.
Vigo: presentación de Palabras de auga, de Marcos Calveiro
O
venres 26 de outubro, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Vigo (Rúa Velázquez Moreno, 27), preséntase o libro Palabras de auga, de Marcos Calveiro, publicado en Xerais. No acto participarán Agustín Fernández Paz, Ramón Trigo (ilustrador do libro) e Manuel Bragado, xunto ao propio autor.
Marcos Calveiro: “Palabras de auga transcorre nun non lugar, no medio dunha sabana erma e seca”
Entrevista
a Marcos Calveiro en Diario de Pontevedra, desde Xerais:
“(…) – Diario de Pontevedra (DP): E grazas a literatura hoxe é todo o que non puido ser…
– Marcos Calveiro (MC): Todo. Sendo escritor podes ser calquera cousa que non fuches quen de ser.
– DP: Tamén lle permite viaxar: á Venecia do século XVIII, ao México de Pancho Villa, a Irak… e, no último, Palabras de auga, a África.
– MC: Si, para min escribir unha novela non deixa de ser unha viaxe. Mentres escribes tamén es lector, documéntaste, les un montón de información, etc. Ese proceso é do que máis me gusta da novela e normalmente é moito máis longo que o proceso de escrita. E logo eu, ademais, son dos que non tomo notas. Leo todo o que cae nas miñas mans, métoo aí no disco duro da miña cabeza e logo vouno soltando. Eu non puxen un pé en Venecia, non coñezo o medio oeste americano onde está ambientado Rinocerontes e quimeras e México, cando escribín Centauros do Norte, non o coñecía. Tampouco África, onde transcorre Palabras de auga. Se tivera que escribir unha novela ambientada nun instituto de aquí, resultaríame moi complexo imaxinar ou fabular, incluso enganar ó lector, porque a ficción non deixa de ser un engano, xogar un pouco co lector e facerlle trampas. (…)
– DP: Moitas das súas novelas céntranse no tránsito da adolescencia á vida adulta e levan mensaxe…
– MC: Si, pero iso non é intencionado. Hai quen di que a literatura infantil e xuvenil ten que educar en valores e mesmo quen di, erroneamente, que non é literatura. Eu fago literatura. Cando comezo unha novela non teño nin a máis remota idea de se vai ser para adultos, para nenos máis pequenos ou unha novela para adolescentes. Escribo a historia como me pide o corpo e logo ó final decido. (…)”.
Monforte: mesa redonda na XV Feira do Libro
A
XV edición da Feira do Libro de Monforte, que remata o sábado 25 de agosto, desenvólvese na rúa Cardeal, con horarios entre as 11:00 a 14:00 h. e de 18:00 a 22:00 horas. O acto máis destacado do xoves 23 será unha mesa redonda, ás 21:00 horas, baixo o título Segredos da novela histórica, coa participación de Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta. O programa completo pódese descargar aquí: XV Feira do Libro de Monforte.
Viveiro: comeza a Feira do Libro
Iníciase
a XVI Feira do Libro de Viveiro, que se celebra nos Xardíns Noriega Varela até o xoves 16 de agosto, con horarios de 12:00 a 14:00 h. polas mañás e de 18:00 a 22:00 h. polas tardes. As actividades máis destacada deste primeiro día, luns 13, son as seguintes:
– 13:00 h. Pregón inaugural a cargo do escritor Xavier Alcalá.
– 19:30 h. h. Presentación do libro Verde oliva, de Xavier Alcalá, publicado en galego por Editorial Galaxia e en castelán por editorial Nowtilus. Xunto co autor participa no acto o xornalista Ernesto Sánchez Pombo.
– 20:30 h. Presentación do libro Xardín de inverno, de Ledicia Costas e publicado pola Editorial Everest Galicia. Participan a autora, Montse Pena Presas e Daniel Puente Bello.
– 21:30 h. Mesa redonda Segredos da novela histórica. Participan: Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta.
A Coruña: actividades do venres 10 na Feira do Libro
O venres 10 de agosto finaliza
a XLI Feira do Libro da Coruña (nos Xardíns da Méndez Núñez), coas seguintes actividades destacadas:
– 18:30 h.: presentación de Berros no roncar das ondas, con fotografías de Xacobe Meléndrez e poemas de Bernardino Graña. No acto participará, xunto aos autores do libro, Teresa Seara.
– 20:30 h.: mesa redonda sobre Segredos da novela histórica, coa participación de Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta, quen asinarán libros tras a finalización do acto.
Vigo: actividades destacadas do sábado 7 de xullo na Feira do Libro
Finaliza
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), coa seguinte actividade destacada do sábado 7 de xullo son:
– 21:00 h.: mesa redonda arredor do tema Segredos da novela histórica, coa participación de Marcos Calveiro, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta, organizada por Redelibros.
Vigo: actividades destacadas do mércores 4 de xullo na Feira do Libro
Continúa
a XXXVII Feira do Libro de Vigo (nos Xardíns da Praza de Compostela), aberta até o domingo 8 de xullo. As actividades máis destacadas do mércores 4 de xullo son:
– Desde as 11:00 horas, durante todo o día, Antonio Piñeiro asinará exemplares da súa novela As fiandeiras, publicada en Galaxia.
– 19:30 h.: Agustín Fernández Paz asinará exemplares das súas obras.
– 20:00 h.: presentación de Dragal III. A fraternidade do dragón de Elena Gallego, publicado en Xerais. Intervirán, xunto á autora, Marcos Calveiro e Manuel Bragado.
– 21:00 h.: presentación de Atl , de Manuel Lourenzo González, publicado en Xerais, coa intervención de Manuel Bragado e o autor.