Arquivos da etiqueta: Museo do Pobo Galego
Compostela: inauguración da exposición BibliotequEROS, no Museo do Pobo Galego
Compostela: presentación de Os Eidos, de Uxío Novoneyra, e a Biblioteca de Mesopotamia
O
22 de xuño, ás 20:00 horas, no Museo do Pobo Galego, Chan da Pólvora Editora cumpre dous anos e celébrao coa presentación en Compostela do selo Biblioteca de Mesopotamia e do seu segundo título, Os eidos de Uxío Novoneyra.
Compostela: presentación de Galiza. Un país de primeira, de Adela Leiro e Mon Daporta
Compostela: presentación e lectura do libro Os cantos do mar, de Dorothé Schubarth
Compostela: Antonio Fraguas Fraguas. Vinte aniversario (1999-2019)
Carlos García Martínez. Dende a raíz coas ventás abertas
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Percorremos os pasos do director do Museo do Pobo Galego na súa despedida. Podemos escoitar este especial sobre Carlos García Martínez aquí.”
Faleceu Carlos García Martínez
Segundo
vén de comunicar o Museo do Pobo Galego ás persoas e entidades asociadas, faleceu o Director desta institución e Socio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Carlos García Martínez, o 17 de marzo de 2018. A AELG lamenta fondamente a súa perda.
A capela ardente estivo aberta o domingo 18 de marzo pola tarde, e o luns, día 19 de marzo, desde as 10:00 até as 16:00, momento en que partirá o cortexo fúnebre cara ao cemiterio de Santa María de Figueiras.
Compostela: presentación de Repensar Galicia. As Irmandades da Fala
Justo Beramendi: “As Irmandades da Fala modificaron a dinámica política galega”
Entrevista
de Daniel Salgado a Justo Beramendi en Sermos Galiza:
“Repensar Galicia. As Irmandades da Fala é o título do volume colectivo, coordinado por Uxío-Breogán Diéguez, Carme Fernández, Pilar García Negro, Xosé Manuel González Reboredo e Justo Beramendi que recolle as achegas ao simposio do mesmo nome organizado en novembro de 2016 polo Museo do Pobo Galego, a revista Murguía, o Grupo de Investigación Lingüística e Literaria Galega (ILLA) coa colaboración da Xunta.
Sermos Galiza disponibiliza agora os vídeos que rexistraron as intervencións nas xornadas. O historiador Justo Beramendi (Madrid, 1941) explica con concisión o papel fundamental das Irmandades da Fala para a Galiza contemporánea.
– Daniel Salgado (DS): Cal é a importancia histórica das Irmandades da Fala?
– Justo Beramendi (JB): É altísima. Por suposto foron moi importantes para a articulación do galeguismo político. E para o salto do rexionalismo a un nacionalismo pleno e moderno. Ademais, contribuíron a que se xerase en Galiza un espazo sociopolítico diferenciado e a apontoar un segundo Rexurdimento, coa consolidación da lingua e a literatura galegas.
– DS: A súa influencia excedeu o campo galeguista?
– JB: Aínda que o desenvolvemento do nacionalismo foi lento, ou non tan vizoso coma o vasco ou o catalán, aquí foi decisivo para a historia de Galiza. As Irmandades modificaron cualitativamente a dinámica política galega. Sen elas non se entende, por exemplo, a aprobación do Estatuto na II República. (…)
– DS: Que falta por saber das Irmandades?
– JB: En historia nunca se acaba, aínda que coas Irmandades eu creo que xa está cuberto o 80% do terreo. O que falta son cousas menores. Pero outra cousa é que este traballo chegue á xente.”





