Arquivos da etiqueta: Real Academia Galega
A Coruña: encontro “Voces da narrativa”
O pleno da RAG elixe académico de número a Anxo Angueira e nomea membro de honra a Takekazu Asaka
Desde a Real Academia Galega:
“A Real Academia Galega elixiu novo académico de número o escritor e investigador Anxo Angueira (Dodro, 1961) no pleno ordinario celebrado o 28 de outubro no pazo municipal de María Pita. O profesor da Universidade de Vigo, actual presidente da Fundación Rosalía de Castro, ocupará a vacante producida polo pasamento do poeta Salvador García Bodaño-Zunzunegui o pasado mes de marzo. Na mesma sesión foi nomeado académico de honra Takekazu Asaka (Toquio, 1952), valedor da lingua e da cultura galegas no Xapón. (…)”
Vigo: mesa redonda “Centenario de Olga Gallego”
Pontevedra: VIII Xornada de Onomástica Galega. A onomástica e a cultura popular, o 21 de outubro
Vídeo da recepción de Kathleen N. March como académica de honra da Real Academia Galega
Groenlandia, de Francisco Fernández Davila, gaña o XVII Premio de Narrativa Breve Repsol
Mondariz Balneario: acto oficial de recepción como Académica de Honra da Real Academia Galega a Kathleen March
Lourenzá: Curso de verán “Francisco Fernández del Riego na cultura galega do século XX”
Luísa Villalta, Día das Letras Galegas 2024
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebra a escolla de Luísa Villalta como persoa a quen se dedicará o Día das Letras Galegas en 2024 por parte da Real Academia Galega.
Mantivo unha importante vinculación coa AELG, sendo partícipe do Consello Directivo entre 1993 e 2002. A súa creatividade manifestouse en diversos campos, desde a poesía até a narración, ensaio, teatro, escrita xornalística e tradución, xunto á súa outra gran paixón, a música, sempre cunha calidade indiscutíbel e unha posición independente á vez que comprometida coa lingua e literatura galegas e a sociedade do seu tempo.
Lembramos aquí a Homenaxe Volver a Luísa Villalta. No outro lado da Música, a Poesía, que tivo lugar en 2014, co descubrimento dunha placa na casa onde vivira Luísa, e a intervención de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, naquel acto.
















