Arquivos da etiqueta: Seminario de Estudos Galegos
Mulleres no Seminario de Estudos Galegos nas letras, nas ciencias e na investigación, por Aurora Marco
O Seminario de Estudos Galegos creación, desenvolvemento e significacións, por Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
A Coruña: conferencia “O Seminario de Estudos Galegos e a literatura”, con Teresa López
Ribadavia: conferencia: “Mulleres Pioneiras do Seminario de Estudos Galegos”, por Encarna Otero
A Coruña: “O encontro do galeguismo coas ciencias”, conferencia por Tino Fraga
Compostela: Congreso “Saber de nós. Cen anos do Seminario de Estudos Galegos”, os 10 e 11 de outubro
Pontecesures: presentación de Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos, de Aurora Marco
Miguel Anxo Seixas Seoane: “Cando se crea o Seminario de Estudos Galegos, a Universidade non atendía á realidade do país”
Entrevista de Marcos Pérez Pena a Miguel Anxo Seixas Seoane en Praza:
“(…) – Praza (P): A posta en marcha do Seminario buscaba afondar no coñecemento do país nun momento no que había unha carencia de esforzos colectivos e de institucións deste tipo. En que contexto nace o SEG?
– Miguel Anxo Seixas Seoane (MAS): Neses anos Galicia non tiña ningunha institución propia, agás a Real Academia Galega, que se crea en 1906, para velar pola lingua e a cultura galegas, ou a Real Sociedade Económica de Amigos del País de Santiago, moi anterior, que se dedicaba a investigar ou a facer estudos económicos sobre o mundo mariñeiro ou agrogandeiro.
Estaban tamén as chamadas comisións provinciais de monumentos, que é un organismo que crea o Estado coa implicación das Deputacións para velar pola integridade dun patrimonio que estaba en risco de desaparición, especialmente o que fora exclaustrado co peche de conventos tras a desamortización.
Porén, a maior parte das iniciativas previas foran máis de carácter individual: Murguía, Verea y Aguiar, Lence-Santar, Rosalía, José Villamil e Castro, Marcial Valladares ou de moitos outros eruditos locais que facían un estudo ou elaboraban unha gramática. Houbo un labor moi importante, pero de carácter illado. O primeiro labor de equipo nace realmente coa Real Academia Galega e, sobre todo, co Seminario.
– P: Os mozos que impulsan o Seminario sentían que nese momento a Universidade de Santiago non permitía afondar no coñecemento sobre o país?
– MAS: A universidade non atendía á realidade galega. Eran profesores que impartían coñecementos para formar a un grupo de funcionarios que se colocasen en distintos postos da administración, pero vivía de costas á realidade do país. Un pouco antes de 1923 veu a Santiago Cotarelo Valledor, un profesor innovador procedente da rexión de fala e cultura galega en Asturias. E, ao tempo, créase na universidade a Sección de Historia. Entón estes rapaces, que estaban estudando maioritariamente Dereito, son conscientes de que a realidade galega non estaba a ser estudada e falan con Cotarelo. E Cotarelo dilles: “Hai que facer un Seminario. Temos que ver cantos castros hai, cantas igrexas, facer fichas, catalogar, mirar o que está sen investigar…”. Ten moita importancia tamén o papel dun catalán, Lluis Pericot, que é arqueólogo e que nese momento estaba na Universidade de Santiago, e que incide na importancia do rigor científico no traballo.
Un día de outubro estes nove rapaces fan esa peregrinación ata a primeira casa de Rosalía, en Ortoño, e comezan a traballar. O obxectivo era continuar co labor que illadamente fixeran os devanceiros, pero xa con máis rigorosidade e máis cobiza e, coma sempre, con poucos cartos. (…)”