A
cuarta feira, 30 de setembro, ás 20:00 horas, na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, preséntase Ostrácia, de Teresa Moure, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto á autora, Chus Nogueira.
Arquivos da etiqueta: Teresa Moure
Vigo: presentación de Ostrácia, de Teresa Moure
A
terza feira 13 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Ostrácia, de Teresa Moure, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto á autora, Manuel Bragado.
Compostela: recital poético e presentación de (No) Meio (do) Oriente
A sexta feira 22 de maio, ás 19:30 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo), en Santiago de Compostela, haberá un recital poético a cargo de Teresa Moure, Concha Rousia, Iolanda Aldrei e José António Lozano Garcia, despois da presentación (No) Meio (do) Oriente, de Artur Alonso Novelhe, publicado por Círculo Edições.
Compostela: presentación de Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure
A
cuarta feira 20 de maio, ás 20:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo), en Santiago de Compostela, preséntase Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure, publicada por Chiado Editora. No acto participan, xunto á autora, Eva Xanín, Rosa Enríquez, Ígor Lugris e Xurxo Nóvoa Martins.
Ferrol: presentación de Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure
Cuestionario Proust: Xurxo Souto
Desde
o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Xurxo Souto:
“1.– Principal trazo do seu carácter?
– A capacidade de sorpresa.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
– A creatividade.
3.– Que agarda das súas amizades?
– Nada (a marabilla é que existan).
4.– A súa principal eiva?
– A falta de concentración (ou sexa, a preguiza).
5.– A súa ocupación favorita?
– Tocar cos meus amigos.
6.– O seu ideal de felicidade?
– Andar polo mundo a escoitar e a contar historias.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
– Non ter a ninguén a quen lle contar esas historias.
8.– Que lle gustaría ser?
– Gaiteiro!
9.– En que país desexaría vivir?
– En Galiza. O único xeito de ser cidadán do mundo é comezar por coñecer a parte do mundo que temos diante do fociño.
10.– A súa cor favorita?
– Fanme falta todas.
11.– A flor que máis lle gusta?
– A flor da pataca (descubrina grazas a Pepe Barro).
12.– O paxaro que prefire?
– O pardal vellouco, ou “gorripacho”, como dicía o meu avó.
13.– A súa devoción na prosa?
– Teresa Moure e Manuel Rivas.
14.– E na poesía?
– Luísa Villalta.
15.– Un libro?
– As crónicas do Sochantre, de Álvaro Cunqueiro.
16.– Un heroe de ficción?
– Adrián Solovio.
17.– Unha heroína?
– Pepa a Loba.
18.– A súa música favorita?
– Algunha repichoca de Béla Bartók, Faustino Santalices ou Erik Satie.
19.– Na pintura?
– Urbano Lugrís.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
– Mercedes Peón.
21.– O seu nome favorito?
– Icía e mais Manuela.
22.– Que hábito alleo non soporta?
– Polo de agora podo ir soportándoos todos.
23.– O que máis odia?
– O propio odio.
24.– A figura histórica que máis despreza?
– Por demodé e polo que nos rompen a cabeza con ela: Isabel, a católica.
25.– Un feito militar que admire?
– A Guerra de Troia (exclusivamente polas súas consecuencias literarias: a Ilíada, a Odisea, a Eneida…).
26.– Que don natural lle gustaría ter?
– O ouvido absoluto.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
– Despois de ter armado –e contado- unha boa historia.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
– Arramallado (isto é, asombrado, en galego de Corrubedo).
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
– A preguiza.
30.– Un lema na súa vida?
– Ti que me levas, eu que te axudo, ímoslle xuntos ao cabo do Mundo!”
Ourense: presentación de Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure
Compostela: encontro artístico diverso Vozes contra a violência
O
sábado 22 de novembro, ás 22:00 horas, no Pub Ultramarinos (Casas Reais, 34), en Santiago de Compostela, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galiza e o Pub Ultramarinos organizan un novo encontro de voces poéticas, musicais e artísticas en xeral, arredor do Día Internacional contra a violencia machista. Participan, entre outras persoas, 2naFronteira, Alejandro Nuricumbo, Miguel Alonso, Luz Fandiño, Alexandre Brea, Teresa Moure, Cruz Martínez, Xurxo Nóvoa Martins, José Goris, Dores Asorei e Concha Rousia.



