Lugo: recital de poesía e música Versos ao vento

Lugo: proxección de O instante eterno, de Xosé Antón Cascudo

O mércores 7 de maio, ás 20:00 horas, no Refectorio do Museo Provincial de Lugo (Praza da Soidade, s/n), proxéctase O instante eterno, documental dirixido por Xosé Antón Cascudo arredor da figura do poeta guitiricense Xosé Mª Díaz Castro. O acto, promovido pola área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, contará coa presenza do director do documental e a entrada é libre e gratuíta.

Gañadoras/es dos Premios AELG 2014

Estes son os gañadores/as dos Premios AELG 2014, que premian as mellores obras editadas en 2013, e que se veñen de fallar na Gala das Letras da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, o 3 de maio en Pontevedra:

– Blog Literario
Caderno da crítica, de Ramón Nicolás.
– Ensaio
A revolución non vai ser televisada, de Rebeca Baceiredo (Euseino? Editores).
– Literatura Infanto-xuvenil
A illa de todas as illas, de Xabier P. DoCampo (Xerais).
– Xornalismo Cultural
Carme Vidal.
– Narrativa
A lúa da colleita, de Anxos Sumai (Galaxia).
– Poesía
Raíz da fenda, de Berta Dávila (Xerais).
– Teatro
Obras Completas (Vols. I, II e III), de Roberto Vidal Bolaño (Edicións Positivas).
– Tradución
Ulises, de James Joyce, na tradución de Antón Vialle, Eva Almazán, María Alonso Seisdedos e Xavier Queipo (Galaxia).

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

  • O premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concedeu nesta segunda edición a Elba Requeijo e Xavier Blanco, por toda unha  vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional;
  • O Premio Institucións que se concede a quen contribuíse á divulgación da lingua e cultura galega, e co que a AELG valora tamén o impulso dalgunhas institucións na promoción do teatro:
  • E mais o Premio AELG 2014 Escritor Galego Universal, outorgado pola Asemblea a Bernardo Atxaga, galardón que a distingue como autora que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana.

No transcurso da gala a AELG tamén se entregou a distinción “Bos e Xenerosos”, coa que a  Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega quere recoñecer o esforzo e o compromiso da xente do espectáculo para manter vivos os nosos escenarios nun momento en que os recortes afectan de maneira especial ás programacións culturais. Desta maneira, a AELG premiou representantes de todas os ámbitos da escena galega:

Tamén os Premios da Crítica Galega, entregados por Ramón Nicolás como membro da Sección da Crítica da AELG a Berta Dávila na categoría de poesía por Raíz de fenda e a Anxos Sumai en narrativa por A lúa da colleita.

O Consello Directivo da AELG fixo constar os parabéns máis sinceros aos compañeiros e compañeiras de oficio hoxe premiados nesta Gala das Letras, felicitación e aplauso que fai extensivo a todos os autores e autoras finalistas, e mais os propostos na primeira quenda de votacións, cuxo labor creativo conxunto merece tamén o público recoñecemento, pois todo el se converte nunha globalidade creadora, copartícipe testemuño necesario, ano a ano, dunha sementeira literaria que agroma para orgullo da sociedade galega desde a vindicación irrenunciábel da súa ferramenta máis prezada: a lingua galega en perpetua construción de futuro lexítimo.

Xosé Estévez: presentación de Un crego atípico na Fonsagrada (1967-1969), de Xosé Estévez

Entrevista de Carme Vidal a Xosé Estévez en Sermos Galiza.

Lugo envórcase co chairego Díaz Castro

Desde Sermos Galiza:
“Na Escola da Conchada, na que Díaz Castro fixo os seus primeiros estudos, a área de cultura da Deputación de Lugo presentou o seu programa de actividades, en relación con asociacións e outras entidades, para honrar este ano o poeta chairego.
O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, defendeu a necesidade de “poñer en valor a vida e obra de Díaz Castro, de quen outro chairego bo e xeneroso como foi o poeta Manuel María deixou escrito no seu libro Terra Chá que era “profunda voz d’Os Vilares: suco, semente, alto mastro, esencia e flor de ensoñares!”.
Canda el, representantes de diversas entidades daban conta da colaboración da institución na elaboración de proxectos conxuntos como o documental O instante eterno, dirixido por Xosé Antón Cascudo que xa fora presentado na Casa Habanera de Guitiriz que defendeu como ferramenta de grande valor para dar a coñecer a obra de Díaz Castro. Na presentación participou tamén Armando Requeixo, investigador e especialista na obra de Díaz Castro de quen vén de presentar a súa tese doutoral, que coordinará a obra Poesía Galega Completa, editada por Galaxia, a necesaria compilación da obra completa do poeta na que a Deputación colabora desde a súa Área de Cultura.
O IES Poeta Díaz Castro non só dinamiza o concello coas súas actividades arredor do escritor que lle dá nome senón foi un dos axentes que máis participou na campaña que reclamaba o Día das Letras Galegas para o poeta. Audivosuais e materiais didácticos son algunhas das liñas de actuación do centro que leva moito tempo traballando na obra e a figura de Díaz Castro e implicando non só o alumnado senón tamén a veciñanza da localidade.
Profesor tamén no centro foi Alfonso Blanco Torrado, amigo do poeta e presidente da Asociación Cultural Xermolos, sen dúbida, a entidade á que máis se lle debe a recuperación e difusión da memoria de Díaz Castro. Da súa man nacerá un documento audiovisual coa colaboración da Quenlla.
“Orgullámonos de poder presentar hoxe as moi diversas colaboracións que desde a área de Cultura contribuímos con gusto a impulsar, e de poder contribuír, deste xeito, ao recoñecemento dun galego bo e xeneroso que, mesmo estando na emigración, sempre levou moi dentro Galiza, sen esquecer nunca nin a súa terra nin a súa lingua”, sinalou Mario Outeiro no acto de presentación das actividades nas que lembrou os escritores Manuel Maria, tamén da Terra Chá e Carvalho Calero, moi vencellado a Lugo onde impartiu aulas, como merecedores do recoñecemento.”

Vinte e sete obras finalistas compiten polos Premios AELG 2014

Os premios da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega chegan á décimo quinta edición. As obras finalistas, publicadas en 2013, foron escollidas polos 437 socias e socios da AELG, que nunha segunda fase tamén decidirán as gañadoras, que se darán a coñecer na Gala das Letras, que terá lugar o 3 de maio no Teatro Principal do Concello de Pontevedra.
Tras os votos emitidos na primeira quenda, os finalistas aos premios á mellor obra publicada no 2013 nas modalidades de ensaio, poesía, narrativa, tradución, teatro, blog literario, literatura infanto-xuvenil e traxectoria xornalística (nestes dous últimos casos tamén participaron na elección os asociados de Gálix e os membros do Colexio de Xornalistas respectivamente), son:

Blog Literario

Ensaio

Literatura Infanto-xuvenil

Mellor traxectoria de Xornalismo Cultural en 2013

Narrativa

Poesía

Teatro

Tradución

Na segunda fase, xa en andamento, os asociados e asociadas decidirán as obras gañadoras.

Alén destas categorías, os Premios AELG constan doutros tres galardóns outorgados pola Asemblea de Socios e Socias da AELG:

Premio AELG 2014 “Institucións Culturais”

A AELG valora tamén o impulso dalgunhas institucións na promoción do teatro e, neste sentido, premiará:

Premio “Mestras-es da Memoria” 2014

A segunda edición do premio Mestres e Mestras da Memoria, que se concede nesta ocasión a Elba Requeijo e Xavier Blanco, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional

Escritor Galego Universal 2014

O escritor Bernardo Atxaga será o Escritor Galego Universal, galardón que o distingue como autor que combina a excelencia literaria co compromiso ético que o converte en referente na defensa da dignidade humana. O autor vasco ofrecerá o día 2 de maio, en Pontevedra, unha conferencia con título Reaccións ante unha pedra raiada, e ao día seguinte recollerá o premio na Gala das Letras. Con este nomeamento Atxaga súmase á listaxe conformada por Mahmoud Darwish, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro e mais Lídia Jorge.

No transcurso da gala a AELG tamén entregará a distinción “Bos e Xenerosos”, coa que a  Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega quere recoñecer o esforzo e o compromiso da xente do espectáculo para manter vivos os nosos escenarios nun momento en que os recortes afectan de maneira especial ás programacións culturais. Desta maneira, a AELG premiará representantes de todas os ámbitos da escena galega:

Bases do XV Premio de Poesía Díaz Jácome

“O Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, co afán de estimular a creación poética entre os mozos/as, convoca o XV Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.

Primeira. Poderán optar ó premio tódalas persoas, de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súa nacionalidade.
Segunda. Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en data anterior ó fallo do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou declarado deserto o premio.
Terceira. As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do compositor.
Cuarta. Deberán presentarse tres orixinais en tamaño DIN A4 mecanografados a dobre espazo.
Quinta. Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición algunha que puidera suxerir o nome do autor, sendo presentados cun lema e título.
En sobre aparte e cerrado, constará o lema e o título no exterior, e no interior o nome e apelidos do autor, domicilio, teléfono, poboación de residencia, declaración formal de que a obra é inédita, fotocopia do DNI polas dúas caras ou no seu defecto fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso e incluirase tamén unha breve nota biográfica do autor e o título do poema.
O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nesta base.
Sexta. O prazo de admisión de orixinais remata o día 11 de xullo do ano 2014, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou anterior data.
As obras deberán enviarse ó seguinte enderezo:
Concello de Mondoñedo
Praza do Concello, 1
27740 Mondoñedo (Lugo)
Coa indicación: XV Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.
Sétima. O Xurado que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario, emitirá o seu fallo en novembro de 2014.
A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada ós autores seleccionados mediante correo certificado.
A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no mes de decembro.
No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuizo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.
Oitava. Este concurso consta de tres premios:
– Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma.
– Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma.
– Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.
Novena. Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo, sen necesidade do permiso do autor ou autores, aínda que sempre se terá en conta que nunca perderá os seus dereitos.
Décima. O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Undécima. As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.
Duodécima. O fallo do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.”

Bases do III Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

“O Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, coa finalidade de honrar a memoria do escritor mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores, convoca o III Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, que se rexerá polas seguintes bases:

Primeira. Poderá concorrer ó premio calquera persoa física que presente a súa obra en lingua galega, conforme ás normas ortográficas vixentes e sancionadas pola RAG.
Segunda. Os poemas serán orixinais e inéditos tanto en soporte impreso coma dixital e non poderán ter sido premiados noutros concursos en data anterior ó fallo do Xurado. O incumprimento dalgunha destas condicións nas obras premiadas significaría a anulación das adxudicacións, procedendo o Xurado a formular de novo as propostas de adxudicación ou declarando deserto o premio.
Terceira. As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos e serán de tema libre.
Cuarta. Deberán presentarse catro copias en tamaño DIN A4 impresas a dobre espazo.
Quinta. Os orixinais non poderán ir asinados nin levarán inscrición ningunha que puidese suxerir o nome do autor ou autora, sendo presentados cun lema e título.
En sobre á parte e cerrado constará o lema e o título no exterior e, no interior, o nome e apelidos do autor ou autora, domicilio, teléfono e fotocopia do DNI polas dúas caras ou, de ser menor, fotocopia do libro de familia na folla correspondente á persoa que se presenta a concurso.
O Xurado poderá eliminar por defecto de forma as obras presentadas que non se axusten ó disposto nesta base.
Sexta. O prazo de admisión de orixinais remata o día 11 de xullo do ano 2014, considerándose incluídas neste prazo as obras que, enviadas por correo, presenten selo postal de orixe con esta ou anterior data.
As obras deberán enviarse ó seguinte enderezo:
Concello de Mondoñedo
Praza do Concello, 1
27740 Mondoñedo (Lugo)
Coa indicación: III Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro.
Sétima. O Xurado, que estará composto por tres persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e mais un representante do concello con voz e sen voto que actuará como secretario, emitirá o seu fallo en outubro de 2014.
A decisión do Xurado darase a coñecer nos distintos medios de comunicación e a mesma será comunicada ós autores seleccionados mediante correo certificado.
A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no outono.
No caso de que as obras presentadas non acadasen o nivel esixible a xuízo do Xurado para a obtención dos premios ou non tivesen a categoría suficiente, poderán declararse desertos.
Oitava. Este concurso consta de tres premios:
– Primeiro premio: 1.500 Euros, Placa e Diploma.
– Segundo premio: 600 Euros, Placa e Diploma.
– Terceiro premio: 300 Euros, Placa e Diploma.
Novena. Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo. Neste sentido, o autor ou autora renuncia a favor do Concello de Mondoñedo, para a primeira edición da obra, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor.
Décima. O importe do premio enténdese íntegro e, polo tanto, suxeito a retencións a conta, derivadas da aplicación do imposto sobre a renda das persoas físicas.
Undécima. As obras non premiadas serán destruídas xunto ás plicas, non admitíndose peticións de devolución.
Duodécima. O fallo do Xurado é inapelable, os concursantes aceptan integramente estas bases así como canta decisión adopte o Concello de Mondoñedo para que as mesmas poidan ser interpretadas e aplicadas.”

Lugo: I Recital de Coplas de Entroido, o venres 28 de febreiro

Acordos da Asemblea Xeral e Extraordinaria de Socios-as da AELG

A Asemblea de Socias-os da AELG celebrada o pasado sábado, 8 de febreiro, no Museo do Pobo Galego, aprobou incorporar aos estatutos as modalidades de socio protector-a e socio colaborador-a para entidades e particulares que, sen pertencer de maneira exclusiva ao mundo da escrita, contribúan ao desenvolvemento das actividades e a vida da Asociación. Aprobáronse os informes económico e de actividades de 2013 e 2014. Tamén os nomes das persoas e entidades que na próxima Gala das Letras (que se celebrará en Pontevedra o día 3 de maio) recibírán os Premios “Os Bos e Xenerosos” e “Institucións Culturais”, que terán ambos o teatro como protagonista, así como Premio AELG “Mestras-es da Memoria”. A vixésima homenaxe “O Escritor na súa Terra – Letra E” dedicaráselle ao Xabier P. DoCampo, o 14 de xuño en Ribeiras de Lea.

Premio “Os Bos e Xenerosos”
A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega quere recoñecer o esforzo e o compromiso da xente do espectáculo para manter vivos os nosos escenarios nun momento en que os recortes afectan de maneira especial ás programacións culturais. Desta maneira, a AELG premiará representantes de todas os ámbitos da escena galega:

Premio AELG 2014 “Institucións Culturais”
A AELG valorará tamén o impulso dalgunhas institucións na promoción do teatro e, neste sentido, premiará:

Premio “Mestras-es da Memoria”
Xabier Blanco e Elba Requeijo serán os informantes recoñecidos nesta segunda edición.

O Escritor na súa Terra – Letra E
O escritor Xabier P. DoCampo será este ano o homenaxeado coa letra E de O Escritor na súa Terra e protagonizará, polo tanto, a xornada na que, entre outros actos, plantará unha árbores no seu territorio biográfico. A homenaxe chega este ano á súa vixésima edición.

Alén destes premios, a AELG xa adiantara que o escritor vasco Bernardo Atxaga será, desta volta, o Escritor Galego Universal.

O calendario de actividades a desenvolver no primeiro semestre de 2014 é o seguinte:

  • 19 de febreiro: Ofrenda poético-floral a Xosé María Díaz Castro.
  • 23-24 de febreiro: Día de Rosalía de Castro.
  • 28 de febreiro: Coplas de Entroido.
  • 4 de marzo: Homenaxe a Xela Arias.
  • 3 de maio: Gala das Letras.
  • 14 de xuño: O Escritor na súa Terra – Letra E.