Xoán C. Domínguez Alberte: “No libro hai unha proposta de reivindicación, para dar a coñecer a nosa vida, os nosos nomes”

Entrevista a Xoán Carlos Domínguez Alberte en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Como nace este poemario [Nomes] e a súa conxunción entre poesía, nomes e natureza?
– Xoán Carlos Domínguez Alberte (XCDA): No seu día, no primeiro libro que publiquei en Galaxia, Versos para conversar, por razóns editoriais quedaron fóra unha serie de poemas; logo saíu Soneto no alfabeto, outra dimensión da concepción poética e, entrementres, eses poemas que ficaran aí tamén reclamaron a súa propia vida, e mais compaña. Estas composicións constitúen a primeira parte, “Lugares”, deste novo libro, Nomes, e incorporáronse máis poesías para complementar a obra que se foi facendo con vagar ao longo do tempo.
No volume hai unha proposta de reivindicación, de dar a coñecer a nosa vida, as nosas palabras e os nosos nomes, os nosos topónimos, ese pequeno e gran patrimonio. O primeiro poema di “son dun país pequeno cheo de nomes grandes // son dun país grande cheo de nomes pequenos”. Estamos inzados de riqueza toponímica e reivindícase a súa prestancia, o seu uso e a súa habilitación, porque moitos deses nomes son de raíz rural, agrogandeira, e agora están cubertos de esquecemento porque, entre outras razóns, debido a malas políticas non temos o noso sector produtivo desenvolvido, e o poemario é tamén unha forma de denuncialo.
– ND: Entón a presenza da natureza non é só por tratar a toponimia senón tamén como reivindicación.
– XCDA: Enxergo os contidos do libro desde unha perspectiva lúdica, creativa e pensando na xente máis nova, para que coñezan os nomes e xoguen con eles e neles, pero detrás diso tamén hai unha mensaxe máis profunda, que é esa reivindicación dun país vivo, produtivo e dono dos seus recursos.
– ND: Como docente, a intención didáctica abrangue tamén os seus libros ou fica fóra?
– XCDA: Procuro que o meu alumnado se achegue á literatura galega e en galego e fomento a lectura na nosa lingua, para que a rapazada adquira principios e valores universais, sexa no ámbito que sexa. Todos os cursos, sobre todo en niveis medios e altos, propoño unha lectura de narrativa que teña como fondo unha historia arredor do que foi a represión franquista e o golpe de Estado, a través diso estaslles a dar a coñecer unhas realidades que para eles están sempre ocultas, e neses universos creativos agroma a liberdade. Así tamén detrás da poesía hai outras leccións. A finalidade pedagóxica supoño que está sempre na literatura. (…)”

Finalistas do Premio aRi[t]mar 2020

Déronse a coñecer os textos finalistas do Premio aRi[t]mar 2020. Toda a información, tamén para poder participar, aquí.

Luz Pozo Garza nas nosas voces

Desde a AELG queremos homenaxear a figura excepcional de Luz Pozo Garza lendo varios poemas da súa autoría, traspasando deste xeito a enerxía da súa palabra a través de todas e todos nós, nun diálogo fértil e permanente co seu legado creativo, que constitúe, sen dúbida, a súa máis fermosa achega á nosa literatura común.

Aquí podedes escoitar os poemas nas voces de:

Daniel Asorey (“Primeira memoria”):

Marta Dacosta:

Xoán Carlos Domínguez Alberte (poema publicado no libro colectivo Mulher a facer vento):

Montse Fajardo:

Anna R. Figueiredo (“Far Blues”):

Xavier Queipo (“Cantiga para ler en tempo de penumbra”,  do volume colectivo Poetas e narradores nas súas voces):

Mercedes Queixas (“Souben amar”):

Antonio Reigosa (“Fábula de fontes”, de Pazo de Tor):

Cesáreo Sánchez Iglesias (poema de Prometo a flor de loto):

Crónica videográfica do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. (Entre)textualidades. Imaxes, textos e outras expresións artísticas

O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), tivo como obxectivo nesta quinta edición afondar no diálogo entre imaxe e texto e tamén en como a partir doutras expresións artísticas se configuran obras infantís.
Desenvolveuse na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense) da Universidade de Vigo, todos os martes do mes de outubro, días 1, 8, 15, 22 e 29, sempre ás 18.00.
A seguir, a crónica videográfica do ciclo, cortesía da UVigoTV:

Apertura do Ciclo de conferencias

Apertura da 5ª edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil

Xose Manuel Cid Fernández
Facultade de Ciencias da Educación Ourense

Intervención de Dª Isabel Mociño

Presenta: Isabel Mociño González

Coordinadora do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, Universidade de Vigo

Proyectar e proyectamos imáxes de nos

Xoán Carlos Domínguez Alberte
Vogal da AELG por Ourense

Do que eu escribo ao que ti les. Imaxes, interaccións e recursos no proceso narrativo infantil

Presentación de Dª María Solar

Presenta: Isabel Mociño González

Coordinadora do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, Universidade de Vigo

María Solar

Do que eu escribo ao que ti les. Imaxes, interaccións e recursos no proceso narrativo infantil

María Solar

Rolda de preguntas. Do que eu escribo ao que ti les. Imaxes, interaccións e recursos no proceso narrativo infantil

Modera Isabel Mociño González

Coordinadora do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, Universidade de Vigo

María Solar

Escribir coa memoria prestada

Presentación de Dª. Ángela Gracián

Presenta: Isabel Mociño González

Coordinadora do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, Universidade de Vigo

Ánxela Gracián

Escritora de literatura infanto-xuvenil e tradutora

Escribir coa memoria prestada

Conferencia
Ánxela Gracián

Escritora de literatura infanto-xuvenil e tradutora

Rolda de preguntas. Escribir coa memoria prestada

Modera Isabel Mociño González
Coordinadora do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, Universidade de Vigo
Ánxela Gracián

Escritora de literatura infanto-xuvenil e tradutora


Palabras deseñadas

Presentación de D. Fran Alonso

Presenta: Isabel Mociño González

Coordinadora do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, Universidade de Vigo

Fran Alonso

Escritor

Palabras deseñadas

Conferencia
Fran Alonso

Escritor

Rolda de preguntas. Palabras deseñadas

15/10/2019
 Vídeo  |  Galego  (5′ 14”)  |  Visto: 1 vez
Modera Isabel Mociño González

Coordinadora do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, Universidade de Vigo

Fran Alonso

Escritor


En que forno estaba o teu cerebro?

Presentación de D. Jacobo Fernández Serrano

Presenta: Isabel Mociño González

Coordinadora do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, Universidade de Vigo

Jacobo Fernández Serrano

Debuxante, escritor en cómics, libros e cuadros

En que forno estaba o teu cerebro?

Conferencia
Jacobo Fernández Serrano

Debuxante, escritor en cómics, libros e cuadros

Rolda de preguntas. En que forno estaba o teu cerebro?

Jacobo Fernández Serrano

Debuxante, escritor en cómics, libros e cuadros


Explorando narrativas alternativas

Presentación de D. Jorge Campos

Presenta: Isabel Mociño González

Coordinadora do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil, Universidade de Vigo

Jorge Campos

Ilustrador, Arquitecto, e socio traballador en 7H Cooperativa Cultural

Explorando narrativas alternativas

Conferencia
Jorge Campos

Ilustrador, Arquitecto, e socio traballador en 7H Cooperativa Cultural

Rolda de preguntas. Explorando narrativas alternativas

Jorge Campos

Ilustrador, Arquitecto, e socio traballador en 7H Cooperativa Cultural