Arquivos da etiqueta: Xosé Luís Axeitos
Lestrobe, Dodro: presentación do número 4 da revista Follas Novas
A Coruña: presentación de Ricardo Carvalho Calero: a ciencia ao servizo da nación
A Coruña: presentación da edición crítica de En las orillas del Sar, de Rosalía de Castro, a cargo de Anxo Angueira
Padrón: presentación de Cartas a Murguía III (1886-1923), de Xosé Luís Axeitos e Xosé Ramón Barreiro
María Xesús Lama e Emilio Ínsua reciben ‘ex aequo’ o I premio de investigación Ramón Baltar
Desde
Cultura Galega e a Fundación Rosalía:
“A obra Cantos de independencia e liberdade (Galaxia, 2017), da profesora María Xesús Lama, e A nosa terra é nosa: a xeira das Irmandades da Fala 1916-1931 (Baía Ensaio, 2016), de Emilio Insua, foron as gañadoras, ‘ex aequo’, do I premio de Investigación e Ensaio Ramón Baltar Feijoo que convoca a Fundación Rosalía de Castro. O premio, que é honorífico, ten por sentido “contribuír ao fomento do estudo do período histórico relativo ao fondo documental Ramón Baltar Feijoo, e convócase cada dous anos.
O xurado destacou a alta calidade dos traballos presentados e salientou a á “relevancia do traballo” destas dúas obras premiadas. Está formado por Xosé Luís Axeitos, membro da RAG; Xosé Ramón Barreiro Fernández, historiador e ex presidente da RAG; María Xesús Pato, escritora; Alba Nogueira, profesora da USC; Ernesto Baltar, membro da familia Baltar Feijoo; ademais de Anxo Angueira e Xosé Carlos Beiró, presidente e secretario da Fundación Rosalía respectivamente.”
Vigo: “Os mundos de Ferrín”, do 20 de setembro ao 18 de outubro
Vídeo da presentación do número 2 da revista Follas Novas, Revista de Estudos Rosalianos
Casa de Rosalía: Abride a fiestra 2018
Venres
13 de xullo
Quero ver o mar, CARRIL
– 12:00 h. Inaugúrase a exposición ‘Rosalía e o Carril’ (Museo do Ferrocarril).
– 21:30 h. Lectura de poemas, dramatización ‘Quero ver o mar’ e recreación da viaxe en lancha de Rosalía desde a praia á estación (Praia da Covacha).
– 22:30 h. Actuación musical de Najla Shami.
Sábado 14 de xullo
Inchadiña Branca Vela, DE VALGA A PADRÓN
– 15:30 h. Saída de Valga (Praia da Telleira, Vilarello) de dornas, galegóns, botes, bucetas e gamelas.
– 17:30 h. Chegada a Padrón (Espolón).
– 22:00 h. Concerto de Habelas Hainas (Praza de Macías).
Domingo 15 de xullo
Rosalía en Festa, CASA DE ROSALÍA
Con mercado de produtos rosalianos toda a xornada e teatralización de Mónica Caamaño como Rosalía de Castro, acompañada na música por José Luís do Pico Orjais.
– 11:00 h. Coral de Padrón.
– 11:30 h. Visita guiada de Carlos Dacal pola Horta da Matanza.
– 11:30 h. Visita guiada para familias pola Casa-Museo por Mónica Caamaño (como Rosalía) e José Luís do Pico Orjais.
– 12:00 h. Xosé Manuel Beiras comenta a proxección do filme Pelerinaxe lírica aos lugares rosalianos (1951), na que el estivo presente.
– 12:30 h. “A viaxe de Rosalía”, un espectáculo de monicreques para cativos (por Larraitz Urruzola).
– 13:00 h. Visita guiada pola Casa-Museo por Pepe Barro.
– 13:30 h. Regueifas con Alba María e Xairo d’Herbón.
– 14:00 h. Concerto de Najla Shami.
– 17:00 h. Visita guiada pola Casa-Museo por Manuel Lorenzo Baleirón (“Rosalía na súa terra”).
– 18:00 h. Visita guiada pola Casa-Museo por Pilar García Negro (“Rosalía rebelde e feminista”).
– 18:30 h. “A viaxe de Rosalía”, un espectáculo de monicreques (+6).
– 18:30 h. Mini-concerto de Margarita Viso no piano de Rosalía.
– 19:00 h. Visita guiada pola Casa-Museo por Xosé Luís Axeitos “Rosalía documentada”.
– 19:30 h. Entrega da Rosa de Galicia e presentación do Libro Escolar de Poesía.
– 20:00 h. Recital poético con Ana Blanco, Nuria Vil, Ismael Ramos, Paula Antía Rei e Cinta Adhesiva (espectáculo poético-musical).
– 20:30 h. Visita guiada pola Casa-Museo por Mercedes Peón: “Rosalía queer”.
– 21:00 h. Concerto de Mercedes Peón.
A Coruña: presentación do número 2 da revista de estudos rosalianos Follas Novas
A
cuarta feira 6 de xuño, ás 20:00 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o número 2 da revista de estudos rosalianos Follas Novas. No acto participan Anxo Angueira, Xosé Luís Axeitos, Pilar García Negro e Diego Rodríguez González.





