Desde o Portal Galego da Língua:
“No contexto do Colóquio homenagem a Ernesto Guerra da Cal realizado em 11 de outubro de 2011, Xosé Luís Franco Grande partilhou connosco a sua vivência da especial relação de amizade que manteve com Ernesto Guerra da Cal. No Colóquio ofereceu-nos um estudo da obra poética do ferrolano com a palestra intitulada A poesia de Guerra da Cal, depois na entrevista respondeu amavelmente às nossas perguntas:”
Arquivos mensuais: Decembro 2011
Ourense: homenaxe a Marcos Valcárcel
O luns 12 de decembro, ás 20:15 horas, na Aula de Cultura do Liceo de Ourense, terá lugar unha homenaxe a Marcos Valcárcel por parte dos seus compañeiros e amigos desta entidade, da que foi o Director da Sección de Literatura, con motivo do primeiro aniversario do seu pasamento.
A revista El Cultural achégase á figura de Álvaro Cunqueiro
‘”Mestre da transgresión e da melancolía” así define Darío Villanueva a Álvaro Cunqueiro (Mondoñedo, 1911-Vigo, 1981) no texto que publica hoxe El Cultural, a revista cultural que se distribúe de xeito gratuíto con El Mundo. A publicación recolle ademais, a pegada de seis escritores (Luisa Castro, Víctor Freixanes, Xosé Luís Méndez Ferrín, Claudio Rodríguez Fez, Lola Beccaria, e Marta Rivera de la Cruz) que achegan unha mirada personal sobre a súa obra. A revista recupera deste xeito o legado deste novelista, poeta, dramaturgo, gastrónomo e xornalista cando se cumpren cen anos do seu nacemento.” Vía Cultura Galega.
A Coruña: encontro de Fernando Méndez con alumnado
O luns 12 de decembro, no Colexio Fogar Santa Margarita da Coruña, Fernando Méndez terá un encontro cos alumnos/as de bacharelato para falar do seu libro Deus xogando aos dados, publicado en Sotelo Blanco Edicións, gañador do Premio Risco de Creación Literaria no 2010.
Bruxelas: presentación de Extramunde, de Xavier Queipo
O xoves 8 de decembro, ás 18:30 horas, na Libraría Orfeu de Bruxelas (Willem de Zwijgerstraat, 43, Rue du Taciturne), preséntase Extramunde, de Xavier Queipo, publicada en Xerais.
Marcos Calveiro na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México)
“O escritor Marcos Calveiro participou en diversos actos na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México). Reproducimos a información da súa intervención no Centro de Cultura Escrita Miguel Ángel Cuervo, en Colima. (…)” Vía Xerais.
A Coruña: recital poético en homenaxe a Alfonso Abelenda
O venres 9 de decembro, ás 20:00 horas, no Hotel Hesperia (Rúa Juan Flórez, 16) da Coruña, no marco da inauguración da IV Feira de Arte Galega, terá lugar unha homenaxe poética a Alfonso Abelenda, na que participan Pablo Bouza, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Dores Tembrás, Xulio L. Valcárcel, Diana Varela e Eva Veiga.
A Coruña: presentación do libro-disco Haberá primavera, de César Morán
Sada: representación de De amor e vinganza na idade dos deuses, baseada no texto de Agustín Magán
Armando Requeixo: Día de Feira XV
Artigo de Armando Requeixo no seu blog, Criticalia:
“Hai dúas semanas quixen pulsar a vosa opinión sobre un asunto que me parecía de non pouco interese: ¿que territorio mediático ten, hoxe por hoxe, máis peso na difusión da nosa literatura: as páxinas culturais dos xornais e das revistas ou as redes sociais, webs e blogs literarios? (…) Fica demostrado, pois, que a atención que pensei que era bo prestarlle a este tema é algo que tamén outros senten, así que supoño que iso explica a vosa sempre xenerosa participación na enquisa, que desvelou un resultado moi clarificador: practicamente tres de cada catro de vós (para ser exactos o 74%) cre que, nestes momentos, as redes sociais, webs e blogs literarios son máis decisivos á hora de dar a coñecer e valorar a nosa escrita que os suplementos dos xornais e as páxinas das revistas culturais e/ou especializadas, que só para un 26% son a primeira opción para informarse. Como persoa que se manexa nos dous espazos, quero pensar que ambos cumpren unha función, mais non nego —todo o contrario, estou convencido de que así é— que a importancia das plataformas on line medra día a día e vai, paseniñamente, desprazando do centro de poder mediático as vellas publicacións periodísticas e revisteirís. Este fenómeno é especialmente notorio entre as novas promocións de lectores, alfabetizados xa dixitalmente, nos que o hábito da lectura do xornal en papel ou da revista literaria ten desaparecido practicamente. (…)”.