Arquivos mensuais: Maio 2025
A Pobra do Caramiñal: presentación de Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras Loureiro
Desde Galaxia:
“O venres 30 de maio, ás 12h00, celebrarase, no Auditorio da Biblioteca Victoriano García Martí, na Pobra do Caramiñal, o acto de presentación da obra Cando o mundo é azul, de Óscar Reboiras, gañadora do VII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro 2024.
No acto participarán Patricia Lojo, concelleira de Cultura da Pobra do Caramiñal; Marcos Calveiro, director de edicións de Editorial Galaxia; Chus Blanco, presidenta da Asociación Cultural Barbantia; e o propio autor, Óscar Reboiras.
A presentación contará coa asistencia do alumnado de 5º de Primaria do CEIP Salustiano Rey Eiras, que terá a oportunidade de coñecer de primeira man unha historia chea de maxia e tenrura.”
Bases da convocatoria da Residencia Deleite Literario 2025 (A Coruña)
Vigo: Contaconto con xogos. Especial Abellas, con Soledad García Riveiro, o 5 de xuño
Álex Alonso fala da súa novela O teito é de pedra en Nós TV
Día das Letras Galegas 2025 en Italia, con María Lado
Para celebrar o Día das Letras Galegas, os Centros de Estudos Galegos das Universidades de Perugia e de Roma contaron coa presenza da poeta María Lado que, alén de ofrecer un recital, falou da súa obra, da situación literaria en Galicia e da tradición oral das cantareiras.
Os encontros tiveron lugar o martes 27 de maio ás 18:00 na sede da Asociación Cultural Roghers en Perugia e o mércores 28, tamén ás 18:00, na Sala Dalí do Instituto Cervantes en Roma.
Toda a información, xunto cos cartaces, está no seguinte enderezo web.