Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Cántiga de Leviatán. Entrevista na illa Lobeira ao escritor de naufraxios Fernando Patricio Cortizo, por Xosé Iglesias
A Coruña: presentación do número 69 da revista Luzes
Monforte de Lemos: presentación de Meteoro imantado, de Noa Moreira, e Non-maternidade, de Patricia Meira
Berta Dávila gaña o Premio García Barros 2019
Desde Galaxia:
“Reunido o 16 de xullo no concello da Estrada, o xurado do XXXI Premio de Novela Manuel García Barros decidiu declarar gañadora a novela Carrusel que, aberta a plica, resultou ser da autoría de Berta Dávila.
O xurado, composto por Eulalia Agrelo Costas, Carlos Lema, Armando Requeixo, Inma Otero e Carlos Loureiro, actuando como secretario, destacou a “depuración estilística, o traballo lingüístico e o coidado das imaxes”, que nos achegan a un “mundo interior gobernado pola autenticidade dos sentimentos”.
En Carrusel, unha narradora magoada polas súas experiencias precisa revisar os camiños andados e as relacións afectivas que pularon pola súa faceta de escritora. Unha proposta narrativa construída a través de varias trabes discursivas que, con cada reviravolta, engade un detalle que resultará fundamental para a trama na que se combina a sensualidade, a dor e a ilusión coa lóxica das ciencias como ancoraxe racional do incomprensible.
Convocado polo Concello da Estrada, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Editorial Galaxia, o XXXI Premio de Novela Manuel García Barros (Ken Keirades) é un dos premios de novela de maior traxectoria en lingua galega e un dos de máis prestixioso palamarés. O premio ten unha dotación económica de 9.000 euros e Carrusel será publicada o vindeiro outono na colección Literaria da Editorial Galaxia.”
Bases do XX Premio Risco de Creación Literaria
Bases do XIII Premio de Narrativa Breve Repsol
A Coruña: presentación de O atentado de Ulrike Meinhof, de Ronsel Pan
Compostela: sinatura de Beleza vermella, de Arantza Portabales
O 18 de xullo, ás 20:00 horas, na Casa do Libro de Santiago de Compostela (Rúa Xeneral Pardiñas, 30), Arantza Portabales estará asinando exemplares de Beleza vermella, publicado por Galaxia.