
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Araño (Rianxo): presentación de Ríos de mosaicos, de Ramón Torrado Romero
O agasallo da Madriña
Desde Radiofusión:
“Emprazada no medio dos furacáns da vida, a nosa conciencia é como unha chama que en calquera momento pode apagarse. Máis, con todo, é fundamental coidar desa chama, xa que incluso a penumbra vólvese visible grazas a ela. Deste vulnerable punto de luz empapado dunha escuridade matricial, desa fráxil e marabillosa condición humana, a do autor e a de todos, fálanos esta serie de obras.
Conversa con Eugenia Sanmartín e Antonio Tizón sobre Madriña.
O profesor Benito Arbaizar conclúe así unha documentada analise da novela de Antonio Tizón Madriña publicada pola Editorial Elvira. Este libro pecha a pentaloxía do inspector Sánchez Pereiro, obras do xénero negro co pano de fondo da enfermedade mental. Pechou a serie ainda que nos seus próximos traballos tamén se abordarán os transtornos mentais. Tizón escoita moitas barbaridades sobre este tipo de enfermedades.”!”
Bases do XXX Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais
A Coruña: estrea de Ninguén tira fotos nos enterros, de Carlota Mosquera, o 16 de xaneiro
O 16 de xaneiro de 2026, ás 20:30 horas, no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, terá lugar a estrea absoluta de Ninguén tira fotos nos enterros, de Carlota Mosquera, proposta premiada no VII Festival Pezas dun Teatro do Porvir 2024: Galiza + Portugal, no marco da IX Xornada da Sección de Literatura Dramática.
As entradas poden conseguirse aquí.
Lugo: lançamento de Erótica é a alma das cereijas, de Adela Figueroa Panisse
Convocatoria das Residencias Artísticas Mariñán 2026
Abraham Pérez: “Os premios dan visibilidade ao texto e ao proxecto literario”
Escritor Galego Universal 2026: Basim Mohammad Saleh Adeeb Al-Khandaqji
O Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega aprobou o nomeamento de Basim Mohammad Saleh Adeeb Al-Khandaqji, escritor palestino, como Escritor Galego Universal en 2026, como mostra de admiración e profundo respecto pola súa persoa e polo traballo desenvolto na defensa da literatura e a dignidade nacional de Palestina.
Nado en 1983, é Licenciado en Socioloxía, cun mestrado en Estudos Israelís pola Universidade Al-Quds (Abu Dis).
A súa novela Unha máscara da cor do ceo foi galardoada co Premio Booker Internacional de Novela Árabe en 2024. Foi liberado no marco do último acordo de intercambio de prisioneiros.
A súa obra escrita está formada polos seguintes libros:
– Poemario Rituais da primeira amargura, con limiar do poeta e xornalista libanés Zahi Wehbe / Dar Al-Arabiya Lil-Ulum, Beirut.
– Alentos: poema nocturno, con limiar do poeta e xornalista libanés Zahi Wehbe / Dar Al-Arabiya Lil-Ulum, Beirut.
– Novela Almiscre da suficiencia: biografía da señora das sombras libres, con limiar do novelista palestino Mahmoud Shuqair / Dar Al-Arabiya Lil-Ulum.
– Novela Narciso da soidade, con limiar do novelista palestino Mahmoud Shuqair / Al-Maktaba Al-Sha‘biyya, Palestina.
– Novela O eclipse de Badr al-Din, con limiar do novelista palestino Ibrahim Nasrallah / Dar Al-Adab, Beirut.
– Novela Alentos dunha muller derrotada, con limiar do novelista palestino Mahmoud Shuqair / Dar Al-Ahliyya, Ammán.
– Novela Unha máscara da cor do ceo / Dar Al-Adab, Beirut.
– Novela O gardián do Holocausto / Dar Al-Adab, Beirut.
Conta con numerosos artigos publicados en sitios literarios electrónicos e en redes sociais. Ten tamén unha páxina secundaria no sitio web Al-Hiwar Al-Mutamaddin, que contén máis de corenta artigos políticos, literarios e en prosa, ademais dunha serie de artigos sobre a realidade do movemento de prisioneiros.
Nas anteriores edicións recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer, Hélia Correia, Isabel-Clara Simó, María Teresa Horta, Mariasun Landa, José Luandino Vieira, Ana Luísa Amaral, Lydia Cacho, Joseba Sarrionandia e Shahd Wadi.













