Desde a Real Academia Galega:
“O Pleno da Real Academia Galega nomeou na sesión plenaria celebrada o sábado 17 de marzo a Ana Romaní académica numeraria electa. A candidatura fora oficializada no Pleno anterior para ocupar a vacante de Xohana Torres, falecida o pasado 12 de setembro. (…)
A académica de número electa lerá o seu discurso de ingreso na RAG nunha sesión plenaria extraordinaria que se celebrará nos vindeiros meses. Ana Romaní (Noia, 1962) é unha voz de referencia do xornalismo cultural e da poesía galega contemporánea. Desde 1990 está á fronte do programa decano da información cultural diaria da radiodifusión galega, o Diario Cultural da Radio Galega, que é tamén un dos máis veteranos no seu eido da radiodifusión en España. O seu labor xornalístico foi recoñecido con distintos premios aos que hai que engadir os galardóns concedidos ao propio programa. (…)
No Pleno foi elixida académica correspondente Carme Pazos Balado (1968). Experta no estudo do léxico galego, a profesora foi durante moito tempo peza fundamental do Seminario de Lexicografía da Academia, ao que estivo vinculada durante case 25 anos. (…)”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
A Coruña: homenaxe da Real Academia Galega a Xohana Torres
Pontevedra: presentación de As cousas que non queremos oír, de María Reimóndez
A Coruña: presentación de Poesía mínima, de Helena Villar Janeiro
Lugo: presentación de nós-dentro, de Eduardo Estévez, e Cartas dende o esquenzo, de Baldo Ramos
Suso de Toro volve con Fóra de si
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Tardou oito anos en volver, volve ‘fóra de si’, ou mellor dito con Fóra de si, a súa nova novela e ritmo de bossanova, con ‘Águas de março’ de Tom Jobim, precisamente. Todo moi preciso, rodeado de voces e personaxes que compoñen esta historia. Un día dixo no Zigzag que o deixaba, hoxe está de volta. Suso de Toro. A entrevista pode verse aquí.”
Carballo: presentación-contacontos de Xandra, a landra que quería voar, de Mercedes Queixas
Vigo: Club de Lectura Lendo Contigo arredor de Poemar o mar, de Antonio García Teijeiro
Desde Xerais:
“Este pasado sábado, o escritor Antonio García Teijeiro desprazouse ao Museo do Mar de Galicia, en Vigo, para participar na sesión do Club de Lectura Lendo Contigo que Espazo Lectura organizou arredor do libro Poemar o mar, que foi Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017. (…)”
Compostela: presentación de Tres estudos para un poema da cidade, de Antón Blanco Casás
Faleceu Carlos García Martínez
Segundo vén de comunicar o Museo do Pobo Galego ás persoas e entidades asociadas, faleceu o Director desta institución e Socio da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, Carlos García Martínez, o 17 de marzo de 2018. A AELG lamenta fondamente a súa perda.
A capela ardente estivo aberta o domingo 18 de marzo pola tarde, e o luns, día 19 de marzo, desde as 10:00 até as 16:00, momento en que partirá o cortexo fúnebre cara ao cemiterio de Santa María de Figueiras.