Héctor Cajaraville: “De remate é unha novela pouco convencional, anárquica, na que o lector vai construíndo a historia”

EntrevistaHéctor Cajaraville de Alberto Ramos a Héctor Cajaraville en Praza:
“Héctor Cajaraville (Santiago, 1975) vén de gañar o XXXII Premio Xerais coa novela De remate. Trátase dun libro pouco convencional, no que se recompilan os artigos de Bieito Sanmarful, xornalista ficticio que durante anos publicou unha columna de opinión no tamén ficticio xornal Loaira. O director desa cabeceira encárgase de escolmar os artigos nun libro no que tamén se recollen fragmentos dun diario persoal, así como outros tipos de textos. O conxunto das pezas conforman un collage a través do cal o lector traza a historia vital e profesional de Bieito Sanmarful. Segundo o xurado, os textos asinados polo xornalista inventado “retratan con humor e moita chispa a Galicia actual, afondando nela con ironía e orixinais xogos de palabras”. Co Premio Xerais, Cajaraville estréase na literatura. Ademais, quedou de finalista do Premio Merlín desta mesma edición co título Quen dá a quenda?
– Praza (P): Primeira novela e leva o Xerais. Foi chegar e encher?
– Héctor Cajaraville (HC): Esa probablemente é a frase que máis escoitei durante o sábado pasado, na propia Illa de San Simón cando se declarou o veredicto do xurado. Saíu alguén coma min, unha persoa totalmente descoñecida para case todos os que estaban alí. Esa era a frase, porque é así. Eu fixen unha novela, que ademais é moi recente, eu escribina de finais do ano pasado a comezos deste ano. E abriu o prazo do Xerais, enviei a novela e case que apurando para presentala ao primeiro certame no que participaba. Fai un par de semanas saíron os finalistas e vexo que estaba entre eles.
– P: E chega a semana horrible da esperar o resultado final…
– HC: Si, foi unha longa semana. Porque eu ademais, nese tempo tamén escribira unha novela máis, que foi tamén de finalista no Premio Merlín. Así que vivín bastante inquietude e, a verdade, tiña bastantes esperanzas, xa que ao chegar a estar entre os finalistas destes premios, pois creas unhas expectativas. E a verdade, é que non podo pedir máis. Dous libros que mando a dous premios e nun gaño e noutro quedo de finalista. (…)”

Antonio Piñeiro: “A Compostela universitaria dos oitenta é un tema ensaístico e narrativo por explorar”

EntrevistaAntonio Piñeiro de Carme Vidal a Antonio Piñeiro en Sermos Galiza:
“Con A identidade fascinada (Galaxia) o escritor Antonio Piñeiro leva á literatura a Compostela universitaria dos anos oitenta e a fin dun tempo que sitúa na noite na que a explosión na discoteca Clangor puxo fin a unha etapa de entusiasmo. Como unha “novela híbrida” define esta nova obra, que ten elementos da novela, da autobiografía, do ensaio ou da crónica.
– Sermos Galiza (SG): A identidade fascinada responde a un momento biográfico e histórico concreto. O tempo universitario na Compostela dos anos oitenta.
– Antonio Piñeiro (AP): Foi un tempo no que se deu unha renovación da identidade, un sentir novo que resultou por fascinación por un cambio tan repentino. Nunca á cidade e á súa Universidade chegara tanta xente, todos nacidos do boom dos anos cincuenta e da década dos sesenta. Foi unha explosión inmensa na cidade. (…)
– SG: Vostede presentouse e gañou numerosos premios e iniciou a súa carreira na poesía. Que supón este novo libro, que nace sen premio e en narrativa?
– AP: A clave coa que traballo é sempre a exploración, o ensaio continuo. Non teño présa nin degoiro, nin centro o meu esforzo na publicación. No que me sinto cómodo é no traballo diario, na descuberta da frase, na beleza da literatura. Esta obra é parte desa exploración, un ensaio narrativo distinto, onde se entrecruzan ensaio, novela e mesmo lirismo, porque na miña obra o poético está detrás de todo. (…)”

Chantada: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto sábado 13 de xuño, ás 19:00 horas, en Ubuntu Refugallos (Rúa Uxío Novoneyra, 16, baixo) de Chantada, preséntase Océano para terrícolas, unha parolada-concerto para embarcarse nas mil travesías do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais.

Galería de fotos do Paseo polo Vigo Literario do 23 de maio, con Francisco Castro

Deixamos aquí parte das fotos do Paseo polo Vigo Literario con Francisco Castro, que tivo lugar o pasado 23 de maio. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.

1432544868780PaseoLiterarioVigo-por-FranciscoCastro-Maio2015-0061432544870296PaseoLiterarioVigo-por-FranciscoCastro-Maio2015-0111432544870837PaseoLiterarioVigo-por-FranciscoCastro-Maio2015-0141432544871006PaseoLiterarioVigo-por-FranciscoCastro-Maio2015-0151432544871189PaseoLiterarioVigo-por-FranciscoCastro-Maio2015-016

Antón Cortizas: “Quen che me dera ter un lapis que escribise comigo historias rebentadas de beleza e mestría!”

EntrevistaAntón Cortizas de Carlos Loureiro a Antón Cortizas en Noticieiro Galego:
“(…) – Noticieiro Galego (NG): Son moitas as historias que deixaches no faiado da memoria, pero cantas quedaron nos baúis reais de Antón Cortizas que aínda non cobraron vida?
– Antón Cortizas (AC): Son varios os traballos que dormen nas gabetas do meu gabinete. Até hoxe, sete poemarios (digamos que de adultos), algún texto dramático, dúas obras de narrativa infantil, outros dous textos pensados como álbum infantil ilustrado para os máis cativos, e outras cousas breves e soltas por aí. Proxectos inacabados tamén hai varios, durmindo en amor e compañía cos anteriores. Supoño que a maioría nunca chegarán a nacer de todo. Intento ás veces recuperar proxectos encetados hai anos, mais novas argalladas se meten polo camiño e nacen antes de quen primeiro foi concibido. Encol dos que están, ao meu ver, feitos de todo, que sei eu o que será deles… Hai froita madura que cae da árbore sen que ninguén chegue nunca a saboreala, nin para ben nin para mal. (…)
– NG: Supoñemos que escribir para cativos ou escribir para adultos non terá que ser tan diferente pero non impón un maior medo, respecto… o de facelo para a idades máis temperás?
– AC: Coido que é a mesma cousa escribir para uns que para outros. A diferenza está quizabes en que certos temas non son axeitados para a infancia, por non pertenceren ao seu mundo, e debemos respectar o proceso madurativo das persoas. Pero isto non quere dicir que a literatura infantil sexa literatura de linguaxe escasa, doada ou melindreira. A infancia merece que lle escribamos coa máxima riqueza e beleza.
Nunha ocasión unha media ducia de persoas de diferentes lugares, que escribiamos literatura infantil e xuvenil, tivemos un encontro con Saramago, en Lanzarote. Falamos de canto quixemos, e nun momento o Nobel, que aínda non o era, dixo que admiraba o noso labor por escribirmos un tipo de literatura que el non era quen de facer. Evidentemente, sorrimos todos.
Bon, con esta anécdota apenas quero indicar que a literatura é literatura, boa, regular ou mala, independentemente que se trate de textos para adultos ou de textos que tamén pode ler a xente nova. Os adultos podemos gustar ou non da literatura infanto-xuvenil, como podemos ou non gustar da literatura fantástica, da novela policial ou dos best sellers, por exemplo. (…)
– NG: Varias obras túas foron traducidas. Non se bota de menos a tradución da nosa literatura infantil como forma de normalizala cara fóra? Non deberían os poderes públicos potenciar esta tradución para espallar a literatura de noso?
– AC: A tradución e edición dunha obra en galego noutras linguas é froito de diversas circunstancias e casualidades, e non só da calidade que poida ter ou non a obra traducida. Teño para min que depende de circunstancias case sempre alleas a un mesmo, e conta máis o feito de estar no sitio axeitado e no momento oportuno, ou de cadrar a túa obra nun lote de intercambio entre editoras, e tamén pódese aplicar o dito de que máis vale caer en graza ca ser gracioso. Ou que eu teño un amigo que coñece a un editor que se cadra ten a ben editar, e digamos etcétera.
Ora ben, é evidente que a promoción das obras na nosa lingua propoñendo a súa tradución a outras linguas é bon, non só para a obra e para a súa autoría, senón tamén e quizabes máis, para a nosa lingua e a nosa cultura.”

A Coruña: actividades literarias de Cultura que une para o sábado 13 de xuño

OLiteratura que une 2015 sábado 13 de xuño, na Coruña, finalizan as actividades de Cultura que une, coas seguintes actividades literarias para este día:

18:00 h. Encontro na Linda Rama (Rúa Porta de Aires, 4) de poetas, con Alfredo Ferreiro, Amadeu Baptista, Carlos Da Aira, João Madureira, Ramiro Torres, Virgínia do Carmo e Yolanda Castaño.

Ars dedicandi: Aquilino Iglesia Alvariño

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
“Tal día coma hoxe naceu hai cento seis anos en Seivane de Vilarente, Abadín, o gran poeta Aquilino Iglesia Alvariño. En moitos lugares dáse como data de nacemento o día de onte. É unha imprecisión que non responde á realidade dos feitos. (…)
Para lembrar tan sinalada data, recupérase unha dedicatoria do poeta ao escritor Antonio Couceiro Freijomil, a quen ofrece con cordialidade o seu primeiro libro, Señardá (1930), nacido ao abeiro das aulas do Seminario de Mondoñedo e das súas terras brañegas, nas que contou co consello do veterano Antonio Noriega Varela.”

ars_dedicandi_aquilino

Galería de fotos do Paseo polo Vigo Literario do 16 de maio, con María Reimóndez

Deixamos aquí parte das fotos do Paseo polo Vigo Literario con María Reimóndez, que tivo lugar o pasado 16 de maio. A Galería de Fotos completa pódese ver aquí.

1432544825764PaseoLiterarioVigo-por-MReimondez-Maio2015-0011432544825963PaseoLiterarioVigo-por-MReimondez-Maio2015-002