Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Convocado o XIII Premio de Poesía Afundación
Carral: entrega do Certame de poesía Concello de Carral a Eva Veiga e presentación de O que precede a caída é branco, de Oriana Méndez
Lalín: presentación de Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo
O venres 29 de maio, ás 20:00 horas, na Libraría Vagalume (Rúa D, número 4) de Lalín, preséntase Cabalos e lobos, de Fran P. Lorenzo, XXXII Premio Blanco Amor de novela, publicado en Xerais, coa presenza do autor.
A Coruña: Cantos e versos de facer camiño, con Ricardo Seixo
Bruxelas: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
O mércores 27 de maio, ás 19:00 horas, en La Tentation: Centro Galego de Bruxelas, Lakensestraat 28, 1000, terá lugar a presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. No acto tamén terá lugar a performance Océano para terrícolas, onde o propio autor, con alegría e humor, interpretará as súas propias composicións co seu acordeón diatónico. O acto está coorganizado pola Asociación Couto Mixto de Bruxelas.
O río subterráneo de Agustín Fernández Paz
Desde o blogue Caderno da crítica, de Ramón Nicolás:
“(…) Onte pechamos as actividades por este curso escolar do Club de Lectura “Lendo no Galiñeiro II”, do IES Valadares (Vigo), constituído por profesorado, pais e nais do alumnado e persoal non docente cunha visita agardada que nos fixo sentir como un grupo de lectoras e lectores privilexiados. Acudiu Agustín Fernández Paz á nosa chamada e fíxoo ao fío da lectura d´A viaxe de Gagarin, libro que foi merecente hai ben pouco tempo do premio á mellor obra narrativa polas persoas que constituímos a AELG.
Con todo, antes de se referir á súa última novela, Fernández Paz abordou temas, ao meu parecer, extraordinariamente interesantes como a compoñente de filiación irracional que rodea o acto da escritura, a influencia que recibiu, da man de seu pai, para converterse nun lector voraz deixando breves pero substanciosas reflexións como a que apunta á súa interpretación de que “quen ten ganas de ler ten tamén ganas de escribir”, aínda que o resultado desa vontade non se manifeste, sempre, publicamente. Transitando por estes camiños afirmou, asemade, como, no seu caso, a práctica da creación literaria foi roubándolle tempo á actividade docente pois, ao seu entender, a literatura é moi esixente: “un burato negro de tempo”. Alén de recrear, con exemplos que circulan polos seus libros, esa imaxes, experiencias ou feitos sorprendentes que, por veces, desencadean un relato ou unha novela, centrouse na vinculación que existe entre A viaxe de Gagarin e mais Non hai noite tan longa desvelando, dalgún xeito, eses ríos subterráneos que percorren as dúas propostas e que ás veces non é doado ver mais que, no fondo, van alimentándoo todo.
O autor vilalbés, nunha extraordinaria intervención na que insistiu na necesidade que sente de contar moitas cousas vinculadas con realidades experimentadas e outras imaxinadas, falou da memoria e do franquismo, da adolescencia e do espertar político entre outras cuestións que deron paso a un fértil diálogo, desvelando tamén o proceso da abondosa documentación que esixiu esta novela -usada sempre externamente e que lle outorga unha ancoraxe sólida ao que se quere contar-, sen esquecer enumerar algunhas das claves da insistente e teimuda dinámica de continua refacción e puimento que conduce da idea orixinal á versión final que onte puidemos ter na man, amosándonos un dos manuscritos da propia novela.
Un serán fantástico o de onte, non teño dúbida, deses que evocaremos ao longo de moito tempo. A nosa gratitude, Agustín!”