Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Pontevedra: actos literarios destacados do Culturgal 2013 para o venres 29 de novembro
A
Feira das Industrias Culturais, Culturgal 2013, comeza este venres 29 de novembro no Pazo da Cultura de Pontevedra, con horarios de 11:00 a 21:00 h.. Deixamos aquí o programa: Culturgal 2013, dentro dos que destacamos os seguintes actos literarios para o seu primeiro día:
Venres, 29 de novembro
– 11:15 h. Rinocerontes e Quimeras, obradoiro de creación literaria con Marcos Calveiro, para rapazas e rapaces maiores de 11 anos, concertado con centros educativos.
– 12:15 h. Presentación de As crónicas de Landereina. Bágoa de lúa, de Sabela González, publicado en Galaxia, con centros de ensino.
– 13:15 h. Encontro co escritor Marcos Calveiro, ao redor do libro Todos somos (Xerais).
– 13:30 h. Encontro con Manuel Lourenzo González, ao redor do libro Flor de area, editado por Xerais.
– 16:30 h. Presentación do documental Uxío Novoneyra: poeta alén.
– 17:00 h. Presentación do poemario Medrar nas mans, de Asun Estévez (Ir Indo).
– 18:00 h. Revista Oink! A revista do Xabarín Club.
– 19:00 h. Conversa con Luís Rei Núñez ao redor do libro Días que non foron (Xerais). Conduce o acto o xornalista Camilo Franco.
– 19:30 h. Conversa con Rosa Aneiros ao redor do libro Ámote Leo A. Destino Xalundes (Xerais). Conduce o acto o xornalista Camilo Franco.
– 20:00 h. Conversa co escritor Francisco Castro ao redor do libro O corazón da Branca de Neve (Editorial Galaxia). Conduce o acto o xornalista Camilo Franco.
– 20:30 h. Conversa coa escritora Anxos Sumai ao redor do libro A lúa da colleita (Editorial Galaxia). Conduce o acto o xornalista Camilo Franco.
O Temple, Cambre: Máis alá de Stevenson, con Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas
Madrid: presentación de Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado
A
sexta feira 29 de novembro, ás 18:00 horas, na Biblioteca Histórica da Universidade Complutense de Madrid (C/ Noviciado, 3), preséntase Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado, publicado pola editorial Amargord. No acto, coorganizado pola editora e o Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense, participa, xunto ao autor, Xavier Frías Conde.
Ferrol: presentación de Carga de dignidade, o filme, de Xosé Bocixa
Panamá: participación de Moncho Iglesias no Festival de Poesía Ars Amandi
O venres 29 de novembro, dentro do Festival de Poesía Ars Amandi, de Panamá, terá lugar o recital + Poesía (-) Policía, recitando en galego e castelán, Moncho Iglesias.
Na mesma data, presentará a súa obra Avoíña/Abuelita, publicado por Parnass Ediciones.
Campaña de captación de socios do Museo do Pobo Galego
Os
socios e socias constitúen a base social do Museo do Pobo Galego sendo a canle de participación dos galegos no museo. Se coas súas cotas a contribución ao mantemento económico é importante non o é menos a súa función de inserir o museo na sociedade galega, dándolle a vez pluralidade, independencia e fortaleza coma institución.
Na actual situación de crise social e económica, onde as institucións culturais son vítimas dos recortes provocados por una visión da cultura como algo secundario, é preciso reforzar o museo como institución de toda a sociedade galega como referente dos elementos de identidade que nos definen como pobo.
Este reforzamento do Museo do Pobo Galego só pode vir dunha maior implicación na sociedade galega a través dos socios e socias, polo que canto maior sexa o seu número e a súa participación na vida do museo, máis se conseguirá un museo forte, independente e plural, un museo máis noso.
Para dar pasos neste obxectivo, os representantes de socios e socias co apoio da Xunta Rectora do Museo do Pobo Galego (MPG), consideramos necesario facer unha campaña de captación de novos socios e socias, nos que os que xa o son participen activamente.
Pódese obter máis información no apartado de Socios da páxina web e neste arquivo: Campaña socios Museo do Pobo Galego 2013.
A inscrición pódese realizar cubrindo esta ficha: Museo do Pobo Galego. Ficha de socio.
Marín: presentación de Pontevedra nos anos do medo, de Xosé Álvarez Castro
O
venres 29 de novembro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Biblioteca Municipal de Marín (Avenida de Ourense, 6), preséntase Pontevedra nos anos do medo. Golpe militar e represión (1936-1939), de Xosé Álvarez Castro, publicado por Xerais. No acto, coorganizado pola Asociación de Memoria Histórica de Marín e a editra, participan, xunto ao autor, José Luis Pallín Justo e Manuel Bragado.
A Pobra do Caramiñal: presentación de Presenza dunha Ausencia, de Maurice Blanchot
Vigo: presentación de Vento e chuvia, de Manuel Gago e Manel Cráneo
O
venres 29 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase o libro Vento e chuvia. Mitoloxía da Antiga Gallaecia, de Manuel Gago e ilustrado por Manel Cráneo, publicado en Xerais. No mesmo acto, os autores, acompañados por Ramón Domínguez, contarán o making of do proxecto.




