O
dramaturgo Raúl Dans foi galardoado co XXXVII Premi Born de Teatre, pola obra titulada Una corriente salvaje. O texto, orixinalmente escrito en galego e traducido ao castelán polo propio autor para presentalo ao devandito concurso, é, en palabras de Dans, “unha historia de amor prohibido e tinxido de dramatismo, que se desvela no ambiente pechado dunha casa de montaña durante unha noite de treboada”.
A peza, como destaca a acta do xurado, formado entre por outros profesionais da escena polo director do Teatre Nacional de Catalunya, Xavier Albertí, “ten misterio e suspense, e garda sorpresas até o mesmo final da obra”. Ademais da dotación económica do premio, a entidade organizadora do concurso, o Cercle Artístic de Menorca, ten previsto publicar a peza nos catro idiomas oficiais: catalán, euskera, castelán e galego. Da publicación en galego ocuparase a Revista Galega de Teatro.
Raúl Dans xa gañou este mesmo premio, un dos máis importantes e prestixiosos dos que se convocan en España, no 1997, coa súa obra Derrota.
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Ares: presentación de Cartas de inverno, de Antonio Seijas
O
xoves 29 de novembro, ás 20:00 horas, na Alianza Aresana (Rúa María, 11) de Ares, preséntase a novela gráfica Cartas de inverno, de Antonio Seijas, baseada na obra homónima de Agustín Fernández Paz, publicada en Xerais. No acto, xunto aos autores, participa Julio Ignacio Iglesias Redondo e Manuel Bragado.
Lourenzo Maroño e Elena Sherevera e Camiño Noia, Premios de Tradución Plácido Castro
Desde Praza:
“O xurado da XI edición dos Premios de Tradución Plácido Castro acordou conceder o galardón ex aequo aos tradutores Lourenzo Maroño e Elena Sherevera, pola Antoloxía da poesía rusa: de Pushkin a Evtushenko; e mais a Camiño Noia, pola súa tradución O gran Meaulnes. O xurado, integrado por representantes da propia Fundación Plácido Castro, a Xunta de Galicia, o IGADI, a Real Academia Galega e a Asociación de Tradutores Galegos, sinala que na tradución da poesía rusa apréciase “unha vontade de estilo moi ben conseguida, con expresións naturais e poeticamente cribles en galego. Trátase de composicións trabadas, sólidas, que concordan coas presentacións que se fan dos autores. Ademais incorpora voces poéticas diferentes con cadanseu interese, punto de vista e idiosincrasia expresiva, sempre cunha lectura fluída e doada”. Na tradución de Alain Fournier destácase “o excelente manexo da lingua que consegue reproducir á perfección as distintas atmosferas nas que se desenvolve o argumento. Ofrecésenos aquí unha perfecta reconstrución en galego do heroe romántico que se lanza á persecución dos seus soños”. O obxectivo deste premio é destacar a calidade das traducións dos clásicos da literatura universal que a Biblioteca Virtual bivir publica periodicamente na súa páxina web nunha iniciativa que pretende a un tempo colaborar no proceso de normalización da lingua do país e contribuír a enriquecer o universo literario galego mediante a versión dos autores consagrados que escribiron noutras linguas.
A Fundación pretende con este premio reivindicar o importante labor dos nosos tradutores e tamén aquela dimensión literaria de Plácido Castro (1902-1967), quen se destacara como o máis universalista dos nosos galeguistas. Os premiados nesta edición recibirán o diploma acreditativo e unha escultura alegórica da autoría de Xaquín Chaves o próximo día 1 de decembro ás 12 horas no Concello de Vilagarcía de Arousa.”
Bases do Certame de Narración Curta Trágame Curtis
Manuel Lorenzo Baleirón fala do libro Tonas de laranxa, que escribiu xunto coa súa filla María Lorenzo
Encontros de João Tordo co público galego
“O
Camões Instituto da Cooperação e da Língua e a organização da X Mostra Portuguesa em Espanha convidaram o jovem escritor João Tordo para uma sequência de encontros com o público leitor galego:
– 29 de novembro, 18:00 h. – Casa de Arines, Vigo.
– 30 de novembro, 12:00 h. – Sala 1.5, Universidade da Corunha.
– 30 de novembro, 19:00 h. – Biblioteca Ánxel Casal, Santiago de Compostela.
– 1 de dezembro, 16:30 h. – Salón, Culturgal, Pontevedra.”
A Coruña: presentación das coleccións infantís As amizades de Hércules e Os Imperdibles de Hércules
Santiago: Xulia Alonso falará sobre Futuro imperfecto
O
xoves 29 de novembro, ás 19:00 horas, no club de lectura do Centro Sociocultural do Ensanche de Santiago de Compostela, Xulia Alonso visitará o clube de lectura para falar cos lectores do seu libro Futuro imperfecto.
Gustavo Pernas gaña o Premio Álvaro Cunqueiro e Raúl Dans o Barriga Verde
“6.000
euros
en metálico e a “posibilidade” de que as obras sexan públicadas constitúen a dotación dos Premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais que concede a Consellaría de Cultura e Educación. E esa “posibilidade” depende “da decisión do futuro director de Agadic” explicou Manuel Guede, director do CDG e representante do conselleiro de Cultura en funcións. Díxoo na mesa na que se deu a coñecer os gañadores dos diferentes premios de escrita dramática concedidos por esa entidade: Gustavo Pernas faise co Álvaro Cunqueiro e Raúl Dans co Barriga Verde. Os premios Manuel María quedaron desertos.
“Benvido ao club dos Álvaro Cunqueiro” espetoulle Manuel Guede, que tamén recibiu este premio hai seis anos, a Gustavo Pernas (Viveiro, 1959). A súa obra Isobaras foi valorada polo xurado presidido por Manuel Vieites polo “interese da súa aposta formal, que foxe dos convencionalismos”. O autor, presente na comunicación pública dos gañadores, destacou a importancia deste premio “por ser un estímulo para a resistencia e porque nos dá a sensación de visibilidade”. Isobaras pretende, en palabras do seu autor “ser un mapa a e un retrato do noso tempo, elaborado a partir de oito personaxes baixo unha presión atmosférica, que transcorrren nun tempo de crise e que reflicte unha sociedade que está ao límite”.
O X Premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques na modalidade de rapaces foi para Raúl Dans (A Coruña, 1964) coa obra Un mosquito de nome Henry. O dramaturgo non estivo presente no acto por cuestións de traballo, pero deixou constancia do seu agradecemento por escrito e explicou que elaborou unha obra “con final feliz e con amor correspondido” que se alonxa un pouco da súa liña de traballo habitual, de teatro de adultos que falan de sentimentos de fracaso aínda que con optimismo.
A sétima edición do premios Manuel María de literatura dramática infantil así como a modalidade de textos para adulto do Barriga Verde quedou deserto.” Desde Cultura Galega.
Basilio Losada leva o XXXV Premio Otero Pedrayo
“O
tradutor e primeiro catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa da Universitat de Barcelona, Basilio Losada, é o galardoado co Premio Otero Pedrayo na súa XXXV edición. O premio, que entrega a Xunta de Galicia e mais as catro deputacións, pretende perpetuar a memoria de Ramón Otero Pedrayo e está dotado con 30.050,60 euros. O xurado, composto por representantes das entidades convocantes, as Universidades da Coruña, Santiago e Vigo, a Real Academia Galega e o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos, emitiu onte o seu fallo.” Desde Cultura Galega.

