Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Unha carta inédita de Iglesia Alvariño a Carvalho Calero
Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Hoxe [14 de xuño] é un día especial para o escribidor deste blog, que a tal hora se fixo un ano máis vello. Para celebralo —para celebrármolo entre as amigas e amigos lectores do Criticalia—, o voso anfitrión pensou que vos debía un agasallo, así que hoxe vou dar á luz unha carta inédita de Aquilino Iglesia Alvariño a Ricardo Carvalho Calero datada o 4-2-1956. Xusto esta que podedes ver ampliada se clicades ao pé das imaxes que acompañan estas liñas e as do seguinte parágrafo. Se tivestes a curiosidade de lela, veriades que é unha misiva que confirma tres cousas: dunha banda, a excelente relación que unía os dous escritores; doutra parte, o fino espírito crítico que ambos gastaban; e, terzamente, a cortesía coa que é tradición dende vello que se atencionen cruzando as súas publicacións os escritores de noso. (…)”
Henrique Monteagudo: “O vaivén das xeracións”
Artigo
de Henrique Monteagudo en El País:
“A traxectoria da cultura galega, coma a das demais culturas, está atravesada por liñas de continuidade e ruptura, pola vontade de esquecer tanto como pola ansia por (re)lembrar. Cada xeración reescribe o pasado en función da súa propia experiencia, das súas necesidades presentes e do futuro que imaxina, salientando ou apagando determinados feitos, traendo á luz ou revalorizando personaxes previamente ignorados, tecendo novas interpretacións. Por parte, é unha lei histórica inexorable que cada xeración elabora a súa versión do pasado en contraste, cando non en aberta polémica, coa xeración precedente.
Comecei a apercibirme disto cando me puxen a esgaravellar na fase formativa da que a posteridade coñecería como Xeración Nós. Os que máis tarde serían os seus persoeiros comezaban a afirmarse a partir de 1916 lanzando críticas aos “nobres precusores”. Nos inicios da década dos ’20, un dos albos preferidos das súas diatribas era a Real Academia Galega, por dedicarse, segundo eles, “ao estudo das cousas vellas da nosa Terra coma ás dun país finado. Se fan un diccionario danlle xeito de panteón da nosa lingua. Se fan un boletín convérteno en eco morto de cousas pretéritas. Soamente miran para atrás” (Antón Vilar Ponte). Seguindo unha pauta típica, ao longo dos anos seguintes, as principais figuras desa xeración pasarían a formar parte da mesma Academia que acedamente (e con razón) censuraban. (…)”
Morreu o escritor Bernardo García Cendán
“O
escritor e profesor Bernardo García Cendán, ligado aos movementos de crentes de base que pularon pola galeguización da Igrexa, finou este 12 de xuño en Lugo. Sociólogo, crego, escritor, compositor…, din de Bernardo García Cendán que chegaba a todas partes pero que era sinxelo perdoarlle pola súa cordialidade. Formou parte dos movementos de base da Igrexa que levan pulando dende hai décadas pola súa galeguización, con moito esforzo mais con escaso eco da súa mensaxe entre as xerarquías da institución. Crego e sociólogo, Cendán alentou do espírito renovador impulsado polo Concilio Vaticano II e logo castrado polo papa Wojtyla. Foi fundador da asociación Irimia e da revista Encrucillada, de cuxo consello de redacción formaba parte. (…)” Vía Sermos Galiza.
Entrevista con Helena Pérez, secretaria do Premio Merlín 2012
Ribadavia: segunda Noite poético-subversiva
Daniel Salgado: “A literatura é unha cousa e o xornalismo, outra distinta; non hai que confundilos”
Entrevista
a Daniel Salgado en Galiciaé:
“(…) – Galiciaé (G): ¿Que nos podería dicir do seu Ruído de fondo?
– Daniel Salgado (DS): O libro responde ao tempo que vive e aos ruídos que inundan a época; xa sexan políticos, musicais, literarios… Intenta reflectir o caudal reinante. (…)
– G: ¿Concibe un xornalismo afastado da prosa?
– DS: Non, eu creo que o xornalismo ten uns mecanismos e procedementos que están inventados, que ao aplicarse con rigor e seriedade seguen funcionando. Outra cousa é que polas condicións laborais, ideoloxía dominante ou políticas empresariais isto se poida levar adiante. Pero a literatura é unha cousa e o xornalismo outra, e non hai que confundilos, aínda que a miña experiencia vital se reflicte na poesía. (…)”
Publicación da web do grupo de investigación Poxeirga
“O
grupo de investigación Poxeirga acaba de publicar a súa web. Vencellado a ese grupo está o proxecto Us and Them: Discourses on Foreignness by Irish and Galician Women Writers (1980-2007), cuxa I.P. é a profesora Manuela Palacios, e que conta con financiamento do Ministerio de Ciencia e Innovación (FFI2009-08475/FILO). Como antecedentes podemos citar aqueloutro proxecto así mesmo financiado, Poetas irlandesas e galegas contemporáneas (1980-2004), xa dirixido por Manuela Palacios. O obxectivo deste proxecto, tal como se explica na web, é, partindo dos vencellos socioculturais entre Irlanda e Galicia e da emerxencia sen precedentes de tantas mulleres escritoras nun e noutro lugar desde os 80, explorar o xeito no que a literatura contemporánea de autoría feminina configura a estranxeiría e produce unha crítica social da diferenza cultural. Ademais de Manuela Palacios forman parte do proxecto Laura Lojo, María Dolores Gómez Penas, María Xesús Nogueira, Burghard Baltrusch, Olivia Rodríguez González, Luz Mar González Arias, María Xesús Lama, José Francisco Fernández Sánchez, Helena Miguélez Carballeira e Borbála Faragó.” Vía Poesía Galega.
Viveiro: presentación de Un niño no xardín, de Xoán Neira
O
venres 15 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos de Novacaixagalicia de Viveiro, o Seminario de Estudos Terra de Viveiro e Edicións Xerais presentan o libro Un niño no xardín, de Xoán Neira. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Bragado e Marica Campo.


