Entrevista de Aroa González a Abraham Pérez en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): No libro explora vidas urbanas condicionadas pola Grande Recesión. Como xurdiu esta idea?
– Abraham Pérez (AP): A obra xurde da idea de que ás veces os grandes feitos, os titulares, son os que van quedando nas capas dos xornais. Interesábame relatar unha serie de personaxes, tanto femininos como masculinos, que habitasen en cidades cotiás, mais que dentro desa cotiandade se revelasen e manifestasen unha serie de cuestións determinantes para as súas vidas. Unha das preguntas que estiven facendo a min mesmo ao escribir o libro foi como reaccionarían esas persoas en función da clase social, que é unha das cuestións máis importantes das nosas condicións como seres humanos. Moitas veces o concepto de clase social non é o que está en primeira plana á hora de analizar feitos históricos ou económicos. Esa é a idea principal da historia.
– ND: Con que lle gustaría que se quedase o lector despois de ler a obra?
– AP: Sobre todo que desfrute cos relatos. Non sei se “gustar” é a palabra que quero empregar, mais que lles resulte relevante e interesante. Ás veces podémonos atopar temas que ao mellor non son os que máis nos gustan pero rematan sendo moi interesantes. Espero que as persoas que o lean o desfruten e o experimenten. (…)”
Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Camelle: presentación de Os ausentes, de Jacobo Barros López, Cativo
Pontevedra: presentación de Inventaria, de Emma Pedreira
Vigo: contacontos, presentación e coloquio arredor de O Nobelo de Nenuca, con Irene Alonso e Ángela Curro
Bertamiráns: A cegueira intrépida: festa poética para públicos impúdicos
Miño: presentación de Non son modos, de J. L. Graña Muíño
Salvaterra de Miño: encontro e firma de libros con Arantza Portabales
Pontedeume: presentación de A novela do Bravú, de Xurxo Souto
A Coruña: presentación de Rompente, de Ana López
A última novela de José Carou, ‘Ventre de madeira’, lévanos á Compostela de finais dos 80
Entrevista a José Carou no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“A historia da novela é dalgún xeito autobiográfica. Ventre de madeira é a terceira novela de Xosé Carou, que tamén publicou dous poemarios. Ventre de madeira gañou o último premio Manuel Lueiro Rey de novela curta. A entrevista pode verse aquí.”







