Pontevedra: Culturgal 2026, actividades do 28 de novembro

Este é o programa do Culturgal 2026. As actividades previstas destacadas para o 28 de novembro son:

11:00 h. Encontro-entrevista coa dramaturga María Peinado (gañadora do premio Laudamuco con Maseira, Edicións Positivas). Festa dos clubs de lectura.
12:00 h. Premio Caldeirón e recital de Illas Sisargas. Editorial Caldeirón.
12:00 h. Carmen (CarpetaInk) asina A fábrica secreta de nubes. Antela Editorial.
12:00 h. Manuel Barreiro e Elías Taño (gañadores do Premio Castelao de Banda Deseñada da Deputación da Coruña) coa obra Maré.
12:00 h. Kiko da Silva. Expositores. Retranca Editora/O Garaxe Hermético.
12:00 h. Presentación do libro Un monte todos os montes, coordinado por Azul mais verde. Economía Social de Galicia.
13:00 h. Desde a profundidade da cidade dividida polo río Ankh preséntase Pés de Barro, a última novela do Mundodisco traducida á nosa lingua. Machi Salgado dará voz ao universo fantástico de Sir Terry Pratchett onde a ficción é, quizais, demasiado semellante á realidade. Boadicea Editora.
13:00 h. María Lado asinará Odias a poesía. Editorial Elvira.
16:00 h. Contacontos musical con Paco Nogueiras. Kalandraka.
16:00 h. Capitais Senlleiras do Teatro. Presentación do estudo sobre os comportamentos dos concellos galegos na programación teatral de Pilar López e Carlos Lorenzo. Academia Galega do Teatro.
16:00 h. Unha breve crónica sobre ecoloxismo e emancipación a cargo das autoras do ensaio Señoras en bicicleta (Sushi Books) Ana Bulnes, Raquel C. Pico e María Ramos Domínguez. Rinoceronte Editora.
16:00 h. Carlos Lixó e Rastros. Faladoiro co autor do Libro recomendado por Culturgal para os clubs no segundo semestre.
17:00 h. O misterioso tesouro da serea. Contacontos musical. 5-10 anos. Carmen Penim.
17:00 h. Literatura con coidado. Antón Riveiro, Xaquín Núñez e Irene Lourido con Carmen Villar Alonso.
17:00 h. Anxo González, xurado dos premios da Crítica, achégase a recomendar próximas lecturas.
17:00 h. Xurxo Martínez González asina Querida liberdade. Vida e obra de Antolín Faraldo. Alvarellos Editora.
17:00 h. Ramón D. Veiga asina Pernascochas. Antela Editorial.
17:30 h. Presentación de A Galiza de José Afonso co autor, Paulo Esperança, Suso Iglesias e Xico de Carinho. aCentral Folque.
17:30 h. Sinatura de Señoras en bicicleta. Rinoceronte Editora/Sushi Books.
18:00 h. Xena, a gata da rúa. Contacontos escape room. De 4 a 11 anos. Emocionaria arte e literatura. Con Soledad García Riveiro.
18:00 h. Manuel Barreiro e Elías Taño presentan a Maré (Premio Castelao de BD), conduce Susana Pedreira. Deputación da Coruña.
18:00 h. Galiciaplanismo caníbal. Antón Reixa presenta o seu novo poemario acompañado de Nuno Pico (Grande Amore). Kalandraka.
18:00 h. Recomendacións literarias de Pedro Feijoo. Acompañado por Fran Alonso.
18:00 h. Adrián Noia asina Vai no Dentista. 30 anos do grupo de teatro do Instituto Xelmírez I de Compostela. Alvarellos Editora.
18:00 h. David Braña e Ángela Curro asinan Pat estrela. Antela Editorial.
18:00 h. Uxía Rodríguez Vázquez asina Sketchbook: O meu verán. Cuarto de inverno.
18:00 h. Marc Taeger asina Os nenos porcalláns. Pepa a Loba Editora.
18:00 h. Miguelanxo Prado asina Trazo de xiz. Retranca Editora/O Garaxe Hermético.
18:00 h. Maika Mourelo asinará, en nome de Celso Rodríguez Fernández, O Refraneiro. Editorial Elvira.
19:00 h. Lectura dramatizada de Kallocaína (Hugin e Munin, 2015), da sueca Karin Boye, cos actores Melania Cruz, Fran Godón, Iria Sobrado, Machi Salgado e Manuel Arca. Hugin e Munin.
19:00 h. Cachita, o paraugas e mais eu. Rosa Aneiros e Miguelanxo Prado. Edicións Xerais de Galicia.
19:00 h. Jessica Nogueira Castro asina A siderurxia e o naval, en loita. Alvarellos Editora.
19:00 h. Olaia Sendón asina Alén e o dragón. Antela Editorial.
19:00 h. Sinatura do libro O silencio non arrola, de Adrián Noia (Premio SELIC 2025). Edicións Positivas.
19:00 h. Sinatura de VICVS, con Beto Luaces.
19:30 h. Soledad García Riveiro asina exemplares da súa obra. Libraría Paz.
19:30 h. Que é e que non é cantos de taberna. Un debate arredor da tradición.
20:00 h. A revolución dos vagalumes. Entrevista a Manuel Rivas con Susana Pedreira. Edicións Xerais de Galicia.
20:00 h. Pioneiros 2, a exame. Que acontece cando a investigación da historia e patrimonio do videoxogo galego sae do museo e é observada desde outras disciplinas? Marcus Fernández e Manuel Gago analizarán o proxecto cun convidado sorpresa.
20:00 h. Mostra de cantos de taberna.
20:00 h. Sinatura de Ata que os mares sequen, de Manuel Gago. Edicións Morgante.

Carmen Villar Alonso recibe o XXIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego

Desde Afundación:
“Afundación, a Obra Social de ABANCA, celebrou na Sede Afundación Pontevedra o acto de entrega do XXIII Premio Afundación de Xornalismo Fernández del Riego, outorgado a Carmen Villar Alonso por «E, de súpeto, as mans», publicado en Faro de Vigo o 5 de outubro do 2025.
Acompañaron a premiada, ademais das outras dúas persoas finalistas, Antía Yáñez e Ricardo Colmenero, obsequiadas con dous mil euros cada unha, o director xerente de Afundación, Pedro Otero Espinar; e as persoas integrantes do xurado: Víctor Freixanes, presidente; Fina Casalderrey, vogal; Rexina Vega, vogal; Gloria Rodríguez López, vogal; Xosé Carlos Caneiro, vogal; e Carlos Valle, secretario.
Desde Afundación, incidiu o seu director xerente, Pedro Otero Espinar, en que «con cada edición deste galardón que convocamos, contribuímos a dinamizar o panorama cultural de Galicia, e iso, para nós, significa materializar un dos nosos compromisos estratéxicos, un desafío especialmente esixente dada a conxuntura de recoñecemento que estamos a vivir na última década, na que a produción narrativa, poética, ensaística, dramática, investigadora e xornalística de Galicia está recibindo os máis distinguidos galardóns no conxunto de España». Pedro Otero quixo, ademais, remarcar os «parabéns por esta distinción ás tres persoas finalistas na edición con maior récord de participación, porque a concorrencia tan constante a este certame reflicte o interese por unha prensa de calidade e en galego, que, da man dos novos e experimentados valores das nosas letras, procura satisfacer as demandas esixentes da sociedade».
A continuación, o presidente do xurado, Víctor Freixanes, destacou o compromiso de Afundación coa cultura e quixo acentuar o valor do «de traballos moi intensos e dunha exquisita calidade na escrita. En nome do xurado, grazas a Afundación, que promove e mantén este premio e que ademais o dotou de máis recursos económicos. É un privilexio que Afundación dinamice un premio tan necesario coma este. Moitas grazas á Obra Social ABANCA».
Carmen Villar Alonso quixo destacar o seu agradecemento a todos os axentes deste galardón. «Moitas grazas a Afundación por convocar e organizar un premio coma este que eleva, dignifica e coloca o galego e o xornalismo no sitio que lle corresponde e moitas grazas ao Faro de Vigo, que cada mes me permite chegar ao público a través das súas páxinas. No meu texto falo das mans, desas mans que detrás teñen persoas. Son vontades as que moven esas mans. E a palabra, a través da cultura, a través da educación, contribúe a formar esas persoas, e incluso a deformalas moitas veces. Por iso mesmo, anímonos a que sexamos responsables no uso da palabra para construír un mundo mellor, un mundo no que sexa posible termos un futuro compartido en condicións de igualdade, nunha época tan complicada e chea de conflitos como é a actual. A palabra importa. E desexaría que a xente que vén despois de nós nos agradeza o que fixemos e que non nos teña que reprochar nada. Con estas mans e estas ideas tracei esta columna. Moitísimas grazas por considerala digna».”

Última sesión do Observatorio de Ideas e Textos sobre Astronomía, guiado por Estíbaliz Espinosa, en Compostela

O sábado 1 de agosto, desde as 12:30 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55), en Santiago de Compostela, terá lugar a última sesión do Observatorio de Ideas e Textos sobre Astronomía, guiado por Estíbaliz Espinosa, nunha iniciativa da AELG que contou co apoio do Concello de Santiago de Compostela. No acto terá lugar a lectura de varios textos creados polas persoas participantes no Observatorio. Haberá acceso libre, até completar a capacidade do local, para quen queira estar entre o público.

Compostela: última sesión do Observatorio de Ideas e Textos sobre Astronomía, guiado por Estíbaliz Espinosa

O sábado 1 de agosto, desde as 12:30 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55), en Santiago de Compostela, terá lugar a última sesión do Observatorio de Ideas e Textos sobre Astronomía, guiado por Estíbaliz Espinosa, nunha iniciativa da AELG que contou co apoio do Concello de Santiago de Compostela. No acto terá lugar a lectura de varios textos creados polas persoas participantes no Observatorio. Haberá acceso libre, até completar a capacidade do local, para quen queira estar entre o público.

O Carballiño: recital de poesía e presentación de poemarios de Comadres das Letras e María Álvarez Landesa

Negreira: IV Encontro poético en galego