Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2023. A dramatización na formación da identidade lectora, con Raquel Castro, o 25 de outubro
O Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil. A dramatización na formación da identidade lectora é unha actividade coordinada por Isabel Mociño, Carla Míguez e Verónica Pousada Pardo (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).
Vaise desenvolver o 25 e 31 de outubro e o 8 e 15 de novembro, ás 18:00 horas, na Sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense. O programa pode descargarse aquí.
A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O programa é o seguinte:
25 de outubro
Inauguración
Raquel Castro
Aprender sentindo, o teatro máis ca un xogo nas aulas
31 de outubro
Paula Carballeira
Breves instrucións para ler teatro
8 de novembro
Antón Cortizas
E se a escola fose un teatro? A tradición oral como recurso educativo
15 de novembro
Carlos Labraña
Non dramatices!!! Censura e autocensura no teatro infantil
Bases do Premio Arume de Poesía para a Infancia 2023
Lugo: presentación de Máxica Lúa, de Xoán Neira, o 27 de outubro
“Celebramos o Día das Escritoras coas Comadres das Letras”
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“No Día das Escritoras falamos da escrita como ferramenta de expresión, comunicación, sororidade e autocoidado. Conversamos coa matrona Marta Conde e a docente Eva Teixeiro, que forman parte do colectivo ‘Comadres das Letras’, un grupo de mulleres que escriben, que xa publicou o volume Contármonos. A entrevista pode escoitarse aquí.”
Vigo: presentación de A lagoa máis fermosa de tódalas lagoas, de Antela Cid
A Coruña: conferencia “O Seminario de Estudos Galegos e a literatura”, con Teresa López
Compostela: presentación de Carmiña Sierra. A primeira muller do Seminario de Estudos Galegos, de Aurora Marco
Ribadavia: conferencia: “Mulleres Pioneiras do Seminario de Estudos Galegos”, por Encarna Otero
A AELG lamenta o asasinato en Gaza da poeta palestina Heba Abu Nada
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) amosa o seu profundo pesar polo recente asasinato en Gaza da poeta e novelista palestina Heba Abu Nada, referente na loita polos dereitos das mulleres.
Heba Abu Nada faleceu o pasado 20 de outubro a consecuencia dun dos ataques realizados por Israel contra a poboación palestina. Na véspera, escribira: “Se morremos, saiban que estamos satisfeitos e firmes, e díganlle ao mundo, no noso nome, que somos persoas xustas do lado da verdade”. Tiña 32 anos, era bioquímica e nutricionista, ademais de poeta e autora de novelas como O osíxeno non é para os mortos.
O seu último poema testemuñaba a situación que está a vivir o pobo palestino:
“A noite na cidade é escura, excepto polo brillo dos mísiles,
silenciosa, excepto polo son do bombardeo,
aterradora, excepto pola promesa tranquilizadora da oración,
negra, excepto pola luz dos mártires.”
A AELG quere reiterar o seu total rexeitamento a calquera forma de violencia e a súa solidariedade cos milleiros de persoas palestinas, moitas delas crianzas, que seguen estando en perigo na franxa de Gaza, tal e como xa recolleu nun comunicado feito público o pasado 15 de outubro, que se pode ler integramente aquí.









