Arquivos do autor: asociacionescritoras-es
O Burgo (Culleredo): presentación de Madeira e metal, de Laura Rey Pasandín e Laura Romero
Cospeito: presentación de unha teoría para os espectros, de Abraham Pérez
O sábado 18 de decembro, ás 12:00 horas, no Museo das Aves de Cospeito (Avenida da Terra Chá, s/n), preséntase unha teoría para os espectros, de Abraham Pérez, publicada por Toxosoutos, que acadou o 2º Premio no III Certame de Poesía Torre de Caldaloba, convocado pola Asociación Recreativo Cultural de San Martiño de Pino e o Concello de Cospeito, en colaboración con Culturalia GZ. Este acto está encadrado dentro da presentación das obras gañadoras.
Para asistir, rógase confirmación no teléfono 982520001 ou a través do enderezo electrónico concellodecospeito@concellodecospeito.es
Compostela: acto de entrega do Premio Arume de poesía para a infancia 2021
Entrevista con Pura Tejelo, o domingo 19 de decembro
O domingo 19 de decembro, ás 13:00 horas en Galicia, o programa Sempre en Galicia, en Radio Oriental, vinculado ao Patronato da Cultura Galega de Montevideo entrevistará en directo a Pura Tejelo. Pode escoitarse directamente aquí.