Neste 2020 a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega cumpre 40 anos de existencia. Na Asemblea Xeral de febreiro informarase sobre as actividades previstas para este aniversario.
Arquivo da categoría: Actividades AELG
Crónica videográfica da IV Xornada de Literatura Dramática (IV)
A
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción foi unha actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe os seguintes vídeos:
– Festival Pezas dun teatro do porvir. O rocho, por Carlos Labraña.
– Festival Pezas dun teatro do porvir. O senso da floración, por Laura Porto.
– Festival Pezas dun teatro do porvir. Desertos ou A resaca dos profetas, por Ernesto Is.
Crónica videográfica da IV Xornada de Literatura Dramática (III)
A
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción foi unha actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe os seguintes vídeos:
– Festival Pezas dun teatro do porvir. Santa Inés, pola Compañía A Feroz.
– Festival Pezas dun teatro do porvir. Mal Avenida, por Fernando Epelde.
– Festival Pezas dun teatro do porvir. Grada Família, por Marta Figueiredo (Portugal).
Crónica videográfica da IV Xornada de Literatura Dramática (II)
A
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción foi unha actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe os seguintes vídeos:
– Mesa redonda A difusión da literatura dramática hoxe. Moderada por Carlos Labraña. Con Inma Doval e Manuel Xestoso:
– Aula maxistral a cargo de Fernando Matos Oliveira. Presentada por Afonso Becerra de Becerreá:
Crónica videográfica da IV Xornada de Literatura Dramática (I)
A
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción foi unha actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa, da que publicamos hoxe os seguintes vídeos:
– Inauguración. Javier Celemín, Concelleiro de Cultura da Coruña, Xurxo Couto, Deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Cilha Lourenço, coordinadora da Xornada:
– Mesa redonda A literatura dramática nas aulas. Moderada por Olivia Pena. Con María Vilariño e Manuel F. Vieites:
Crónica fotográfica da IV Xornada de Literatura Dramática (II)
A
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción foi unha actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.
Aquí pode verse a crónica fotográfica completa, da que publicamos hoxe estas fotos:
A Coruña: crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Antonio Sandoval
Estas son algunhas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria con Antonio Sandoval, celebrado o pasado 30 de novembro. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Crónica fotográfica da IV Xornada de Literatura Dramática (I)
A
IV Xornada da Sección de Literatura Dramática. Cartografías da palabra en acción foi unha actividade organizada pola AELG coa colaboración da Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, co patrocinio do Concello da Coruña, Deputación Provincial da Coruña e CEDRO, e a colaboración da Universidade da Coruña.
Aquí pode verse a crónica fotográfica completa, da que publicamos hoxe estas fotos:
Mariasun Landa, Escritora Galega Universal 2020
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) nomeou Mariasun Landa como Escritora Galega Universal 2020, desde o profundo respecto e afecto á súa persoa e a valoración da altísima calidade literaria da súa obra, así como por ter defendido e defender a lingua, a cultura e a dignidade nacional de Euskal Herria.
Este premio honorífico será entregado o día 9 de maio de 2020, no marco da V Gala do Libro Galego, que terá lugar en Santiago de Compostela, organizada pola AELG, a Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editoras.
Nas anteriores edicións, recibiron este nomeamento as escritoras e escritores Mahmud Darwix, Pepetela, Nancy Morejón, Elena Poniatowska, Juan Gelman, Antonio Gamoneda, José Luis Sampedro, Lídia Jorge, Bernardo Atxaga, Luiz Ruffato, Pere Gimferrer, Hélia Correia, Isabel-Clara Simó e Maria Teresa Horta.
(Foto: Natividad de la Puerta Rueda).
Mariasun Landa Etxebeste (Errenteria, 1949)
Licenciada en Filosofía en París en 1973 e en Filosofía e Letras pola Universidade de Valencia. Exerceu como profesora de Educación Básica durante varios anos, así como no Servizo de Euskaldunización do Profesorado (IRALE-Goberno Vasco). Finalizou o seu ciclo laboral como profesora titular de Didáctica da Literatura na Escola Universitaria do Profesorado de Donostia (UPV / EHU).
Colaborou en numerosas revistas e xornais do País Vasco, mais o seu labor creativo centrouse, nomeadamente, na literatura infantil e xuvenil en éuscaro. Autora de máis de trinte títulos para nenas e nenos, a súa obra foi traducida, entre outras linguas, ao galego, castelán, catalán, inglés, francés, alemán, grego, árabe, coreano, albanés,…
Entre os premios e mencións recibidas pola súa traxectoria destacan as seguintes:
- Premio Lizardi de Literatura Infantil en 1982, co conto Txan Fantasma.
- Premio Euskadi de Literatura Infantil e Xuvenil en 1991, coa obra Álex.
- O seu libro Iholdi foi incluído na lista de honor do IBBY en 1992, así como Un crocodilo baixo a cama o foi na lista de 2006.
- Elefante corazón de paxaro foi seleccionado para a lista dos Merlos Brancos (White Ravens) de 2001, que elabora a recoñecida Biblioteca Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Múnic.
- Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil do Ministerio de Cultura estatal en 2003, coa obra Krokodiloa ohe azpian (Un crocodilo baixo a cama).
- As Asociacións en lingua vasca de Editores, Escritores e Tradutores, Correctores e Intérpretes e a Asociación Profesional de Ilustradores de Euskadi, así como a Asociación de Literatura Infantil e Xuvenil Vasca, outorgáronlle o Premio Dabilen Elea en 2011, en recoñecemento á súa frutífera traxectoria nas letras vascas.
- En 2014 recibiu o Premio Eusko Ilaskuntza-Laboral Kutxa de Humanidades, Cultura, Artes e Ciencias Sociais, pola súa contribución á cultura vasca no máis amplo sentido, tendo contribuído de maneira efectiva ao desenvolvemento cultural de Euskadi.
- O Instituto Vasco Etxepare rendeulle homenaxe en 2015, dentro da quinta edición do curso da UPV/EHU “Excellence in Basque Studies”, por ser a escritora en éuscaro cuxa obra foi traducida a máis linguas.
- En 2016, o Centro PEN de Galicia concedeulle o Premio Rosalía de Castro pola súa traxectoria profesional en éuscaro.
- Desde 2010 o Concello de Errenteria convoca os Premios Mariasun Landa, que ten como finalidade promover, recoñecer e premiar aqueles textos que recollan a achega realizada polas mulleres ao municipio nos diversos ámbitos sociais. Ademais, preténdese dar visibilidade aos traballos que a maioría das veces fan as mulleres de forma anónima, axudando deste xeito a completar a crónica municipal.
Paseo pola Coruña Literaria Outono 2019, con Antonio Sandoval, o 30 de novembro
Os
Paseos pola Coruña Literaria Outono 2019 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
Estes Paseos constitúen unha iniciativa para coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores. Todos eles serán ás 12:00 h. e terán unha duración aproximada de hora e media.
Están destinados a persoas maiores de 16 anos e son gratuítos. É necesaria a inscrición, pois están limitados a 55 prazas.
A inscrición pódese facer en Normalización Lingüística, no Centro Ágora, chamando ao 981 184 200 ext. 34322 (a partir das 9:00 h, en calquera dos casos) e no correo lingua@coruna.es, nas datas sinaladas na información sobre cada paseo. O programa previsto é o seguinte:
Sábado 30 de novembro: Antonio Sandoval. As naturezas da Torre. Inscrición desde o 18 de novembro.
Percorreremos os campos que rodean a Torre de Hércules para coñecer a súa rica biodiversidade, que motivou a súa declaración como Espazo Natural de Interese Local. Tamén charlaremos acerca dalgunhas das súas lendas e, en particular, sobre un poema moi especial, así como sobre a literatura de natureza, un xénero en auxe e cada vez máis necesario. Ademais escoitaremos o vento, o mar e uns cantos paxaros!
















