O mércores 17 de febreiro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa (Culleredo), terá lugar unha tertulia de historia a cargo de Carlos Pereira Martínez, baixo o título de Arte medieval en Culleredo. A entrada será libre para o público interesado.
Arquivo da categoría: Arte
A Coruña: obradoiro O ollo da Arte. Laboratorio, impartido por Antía Otero
“O ollo da Arte. Laboratorio é un obradoiro de creación artística contemporánea impartido por Antía Otero, ou, o que é o mesmo, un laboratorio de creación que está pensado para aprender facendo.
Por iso, se tes unha idea, un proxecto artístico no que leves tempo pensando, un bosquexo que che bule na cabeza e queres participar nun proceso compartido entre máis persoas con inquietudes comúns, ou se non tes nada pensado pero posúes inquietudes artísticas, ganas de deixarte levar e aprender dos demáis e da deriva, O ollo da Arte está aberto para ti.
Empregando a práctica, ferramentas que nos axuden a colocarnos na propia experiencia artística, xerando dinámicas de grupo nas que tod@s sexamos creadoras e espectadores a un tempo e marcando un plan de traballo, dende a primeira xornada teremos a oportunidade de colocarnos na pel d@ outr@ e de acompañarnos nos procesos partindo dunha vía de traballo personalizada para cada participante.
Ao longo do laboratorio teremos a visita de dous creadores que traballen en activo e que se achegarán a Normal para compartir co alumnado as súas experiencias, guiar os proxectos e aportar novas ferramentas.
Datas: todos os luns entre o 22 de febreiro e o 30 de maio de 2016.
Horario: de 19:00 a 21:00 horas (30 horas en total).
Lugar: Aula Circular de NORMAL.
Prezos: 35€ comunidade universitaria da UDC (25€ en segunda matrícula) / 45€ persoas desempregadas ou cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. (35 € en segunda matrícula) / 65€ público xeral (55€ en segunda matrícula).
Participantes: máximo de 15 persoas.
O prazo de matrícula e pagamento comprende desde o día 28 de xaneiro até o 11 de febreiro. Pode facerse directamente nesta plataforma en liña.
Máis información en:
NORMAL. Espazo de intervención cultural da UDC. Paseo de Ronda 47, A Coruña.
Tlf: 881014052 en quenda de mañá. Mail: info@istoenormal.org “
Vilaboa, Culleredo: tertulia arredor de Arte medieval en Culleredo, con Carlos Pereira
O mércores 10 de febreiro, ás 11:30 horas, na Biblioteca Xosé Cardeso Liñares de Vilaboa (Culleredo), terá lugar unha tertulia de historia a cargo de Carlos Pereira Martínez, baixo o título de Arte medieval en Culleredo. A entrada será libre para o público interesado.
Ferrol: inauguración da exposición VisualconVersa, de Pepe Cáccamo e Baldo Ramos
Escenas do Cambio, entrevista a Antía Otero
Desde o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Entrevista con Antía Otero arredor da proposta Escenas do Cambio. A entrevista completa pode verse aquí.”
A Coruña: presentación de Elas, de Aurora Marco
Vilalba: recital poético e presentación de obras de Xoán Xosé Fernández Abella
O 2 de xaneiro, ás 12:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba, preséntase Poemas de amor, loanza, condena e outros e Guardad mi voz, de Xoán Xosé Fernández Abella. No acto, presentado por Mario Paz González, recitarán, xunto ao autor, Pilar Sampedro e Xulio Xiz. Ao mesmo tempo, preséntase unha exposición pictórica de Baldo Ramos, quen recitará algúns poemas de Xoán Xosé Fernández Abella, e cantarán cadanseu poema deste autor Miro Casabella e Manoele de Felisa.
A Coruña: presentación de Liberdade
O sábado 26 de decembro, ás 19:00 horas, na Casa-Museo Casares Quiroga (Rúa Panadeiras, 12), na Coruña, preséntase o obxecto-libro Liberdade, ideado polo Grupo Surrealista Galego e creado artesanalmente por Manchea a partir da versión galega do poema homónimo de Paul Éluard, traducido por Xoán Abeleira. Con gravados de Alba Torres, Ana Zapata, Alfredo Ferreiro, Laura Sánchez e Tono Galán.