Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2026

A Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2026 é unha actividade da AELG, co apoio da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo e a colaboración da Deputación de Lugo.

A Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Félix Castro Vicente, Carme Pernas Bermúdez, Calros Solla, Xurxo Souto, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xosé Manuel Varela, Lois Pérez e Antonio Reigosa, propuxo ao Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega recoñecer como Mestra e Mestras/es da Memoria 2026 respectivamente a Yolanda Díaz Gallego e Xulio do Canelo, polas súas achegas á mesma ao longo das súas vidas, contribuíndo así a manter viva unha parte fundamental da nosa memoria colectiva e o saber popular.

As distincións entregáranse no marco da XI Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, a celebrar en Lugo, co apoio do Concello de Lugo e a colaboración da Deputación de Lugo, que terá lugar o 23 de outubro, na sala expositiva da Deputación de Lugo (Rúa San Marcos, 8), a partir das 18:00 horas, con entrada libre até completar capacidade.

No acto, que será conducido por Lois Pérez, participarán Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, Antonio Reigosa, quen vai ler a laudatio de Xulio Díaz Canelo, e Lucía Arroxo, quen fará o proprio coa laudatio do Yolanda Díaz Gallego.

A actividade contará tamén co acompañamento musical de Secho.

Recendo (CUAC FM): entrevista a Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG

Desde Recendo (CUAC FM):
“Episodio número 540, no que entrevistamos a Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Pode escoitarse aquí.”

Becerreá: Concerto/recital As poetas da montaña, co Cuarteto vocal Son de Corda

Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2026: Medo me dá! Ler para esconxurar as sombras. Ramón D. Veiga: “O sorriso detrás do medo: monstros que fan cóxegas”, o 22 de outubro

A edición de 2026 do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil vai ter lugar baixo o título xeral de Medo me dá! Ler para esconxurar as sombras. A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.

O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño González, Carla Míguez, María González Cerdeira e María Vázquez Fernández (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).

Desenvolverase os días 22 e 29 de outubro de 2026, ás 18:00 horas, na sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.

A inscrición é de balde e pode facerse aquí.

Está en proceso o recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección.

O programa é o seguinte:

22 de outubro
Ramón D. Veiga
O sorriso detrás do medo: monstros que fan cóxegas

29 de outubro
Fina Casalderrey
A xoaniña que bebeu na folla

Celanova: Carlos Callón presenta O libro negro da lingua galega

Ourense: Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil 2026: Medo me dá! Ler para esconxurar as sombras. Xosé Miranda: “O fantástico e o arrepiante”, o 15 de outubro

A edición de 2026 do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil vai ter lugar baixo o título xeral de Medo me dá! Ler para esconxurar as sombras. A AELG colabora con esta actividade ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral da Lingua.

O Ciclo está coordinado por Isabel Mociño González, Carla Míguez, María González Cerdeira e María Vázquez Fernández (Facultade de Educación e Traballo Social, Campus de Ourense – Universidade de Vigo).

Desenvolverase os días 15, 22 e 29 de outubro de 2026, ás 18:00 horas, na sala Emilia Pardo Bazán da Facultade de Educación e Traballo Social, no Campus de Ourense.

A inscrición é de balde e pode facerse aquí.

Está en proceso o recoñecemento de 15 horas de créditos de libre elección.

O programa é o seguinte:

15 de outubro
Xosé Miranda
O fantástico e o arrepiante

22 de outubro
Ramón D. Veiga
O sorriso detrás do medo: monstros que fan cóxegas

29 de outubro
Fina Casalderrey
A xoaniña que bebeu na folla

Crónica videográfica do recital poético-musical celebrado no marco do Bonito pra chover 2026, dedicado a Elisa Lucinda

O 24 de setembro tivo lugar un Recital poético e musical dedicado a Elisa Lucinda dentro do Festival de arte e cultura brasileira Bonito Pra Chover 2026. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) colabora, co apoio de CEDRO, no recital poético-musical en homenaxe á escritora, poeta e actriz Elisa Lucinda, na Casa do Taberneiro (Rúa San Pedro, 15), en Santiago de Compostela, con entrada libre até completar capacidade.

O programa foi o seguinte:

Saúda ás persoas presentes de Jakson Renner Rodrigues Soares e Cesáreo Sánchez Iglesias.

– Recital poético:
Andrea Nunes Brións
Cesáreo Sánchez Iglesias
Daniel Asorey
Elisa Lucinda
Jakson Renner Rodrigues Soares
Luiza Fernandes

– Música ao vivo con:
Leka Denz
Sérgio Tannus

Aquí pode verse a crónica videográfica da actividade:

Crónica fotográfica do roteiro Onde baten as ondas do meu corazón, guiado por Ana Ramil

Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Onde baten as ondas do meu corazón, con Ana Ramil, celebrado o pasado 4 de outubro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.

Compostela: actividades do 10 de outubro na SELIC 2026

A AELG manifesta o seu profundo pesar polo pasamento do seu Socio de Honra, Xosé Manuel Beiras

Desde a AELG manifestamos o noso profundo pesar polo pasamento de Xosé Manuel Beiras, cunha extensa traxectoria de enorme altura como economista, político e intelectual, cuxa obra escrita atravesou diversos campos creativos, sendo os máis coñecidos os do ensaio e a tradución, aínda que tamén se achegou á narrativa e á poesía.

Na páxina web da AELG poden verse as entrevistas e obra lida polo autor na súa propia voz, das que destacamos esta extensa entrevista sobre a súa faceta de escritor, guiada por Xosé María Álvarez Cäccamo.

O seu compromiso co país foi central durante toda a súa vida, participando en numerosas iniciativas, entre as que destacamos a súa presenza crucial no Consello Directivo da Asociación entre 1982 e 1986.

Lembramos aquí a Homenaxe O Escritor na súa Terra – Letra E dedicada á súa figura en 2025, en Santiago de Compostela.

Por indicación da familia, as persoas que desexen renderlle unha última homenaxe poderán facelo na sala de despedida instalada no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela, que permanecerá aberta desde as 12:00 horas do venres 9 de outubro, convidando a participar no acto público de homenaxe, aberto á cidadanía, que se vai celebrar o día 9 ás 16:00 horas no propio Museo do Pobo Galego.