Estas son algunhas das fotografías do recital Versos na Baixamar en Barreiros, que tivo lugar o 22 de maio, iniciativa da AELG e o Concello de Barreiros. A crónica fotográfica completa (a autora das fotos é Alba Díaz) pode verse aquí.
Arquivo da categoría: Asociación de Escritoras-es en Lingua Galega
Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2022, con Marilar Aleixandre, o 28 de maio
Os Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2022 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, que permiten coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.
– Todos os paseos comezan ás 12:00 h., cunha duración aproximada de hora e media.
– As inscricións faranse exclusivamente a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal desde o luns anterior a cada un dos paseos, ata que se esgoten as prazas. A duración é de aproximadamente unha hora e media. O lugar de saída para comezar o paseo comunicarase no correo de confirmación da inscrición.
– 28 de maio, ás 12.00 h. “As malas mulleres“, con Marilar Aleixandre.
A novela recibiu o Premio Blanco Amor en 2020, e con ela recuperamos a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Coruña, onde Concepción Arenal e Juana de Vega foron pioneiras.
Crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Susana S. Arins
Estas son algunhas das fotografías do Paseo imaxinario pola vida e obra de Luz Pozo Garza con Susana S. Arins, celebrado o pasado 21 de maio. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2022, arredor de Luz Pozo Garza, con Susana S. Arins, o 21 de maio
Os Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2022 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, que permiten coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.
– Todos os paseos comezan ás 12:00 h., cunha duración aproximada de hora e media.
– As inscricións faranse exclusivamente a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal desde o luns anterior a cada un dos paseos, ata que se esgoten as prazas. A duración é de aproximadamente unha hora e media. O lugar de saída para comezar o paseo comunicarase no correo de confirmación da inscrición.
Os paseos son os seguintes:
– 21 de maio, ás 12.00 h. “Paseo imaxinario pola vida e obra de Luz Pozo Garza“, con Susana S. Arins.
Os paseos imaxinarios (ou non) son unha versión fantasiosa das rutas biográficas. Exixen por parte das participantes a capacidade de se desprazar a outros lugares, pois o espazo en que se desenvolven non deixa de ser unha metáfora doutros espazos. Este paseo imaxinario (ou non) nace da lectura atenta da obra de Luz Pozo Garza e non é outra cousa que unha escusa para compartirmos os seus textos.
– 28 de maio, ás 12.00 h. “As malas mulleres“, con Marilar Aleixandre.
A novela recibiu o Premio Blanco Amor en 2020, e con ela recuperamos a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Coruña, onde Concepción Arenal e Juana de Vega foron pioneiras.
Recital Versos na baixamar en Barreiros 2022, o 22 de maio
O Recital Versos na baixamar en Barreiros 2022 é unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Concello de Barreiros.
O domingo 22 de maio, co gallo do Día das Letras Galegas, chega a II edición do ciclo poético Versos na baixamar, programa que fará parte dos actos de conmemoración do 17 de maio, adicado nesta ocasión a Florencio Delgado Gurriarán. Nel confluirán a poesía, a música e a palabra, da man e o talento dalgunhas das mellores e máis novas voces da Mariña e a poesía galega, así como figuras a nivel internacional.
Na baixamar do domingo 22 de maio buscaremos o eterno si do mar, aquel do que falaba Homero. Porque na baixamar a maré retírase e deixa espazo á poesía e ao verso, que florece por si só: recitado, falado, cantado, dito… Celebrado.
Versos na baixamar xuntará nesta súa segunda edición a poesía das focenses Paula dos Anjos e Natalia Alonso, que destacan pola frescura e a calidade da súa poesía e contará coa presenza dunha das poetas galegas con maior proxección internacional do país e o resto do Estado, Yolanda Castaño. A poeta, actriz e programadora cultural, habitual dos festivais internacionais de poesía e traducida a varias linguas, porá a guinda a un programa que mira cara adentro e cara fóra, aspirando a consolidarse no panorama da poesía galega. Todo, nun acto conducido polo narrador oral e poeta Lois Pérez, que tamén intervirá no recital.
En caso de choiva, o acto levaríase a cabo na Casa de Cultura de Barreiros.
A Coruña: crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Manel Cráneo
Estas son algunhas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria con Manel Cráneo, celebrado o pasado 14 de maio. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
A AELG lamenta fondamente o pasamento de Domingo Villar
A AELG lamenta fondamente o pasamento do escritor Domingo Villar, sumándonos á dor da súa familia, así como á de todas as lectoras e lectores da nosa literatura, á que achegou o seu talento narrativo para ampliar os territorios creativos e axudar á súa proxección internacional.
Pode consultarse a continuación a dolorosa noticia recollida por Nós Diario e pola Editorial Galaxia.
(Nota: a foto do autor provén da Wikipedia Galega).
A Coruña: lectura pública da obra de Florencio Delgado Gurriarán, o 15 de maio
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e o grupo Valdeorras Infinda celebraremos as Letras Galegas coa lectura pública da obra de Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado este 2022, na cidade da Coruña.
Será o domingo, 15 de maio, ás 12:00 h, diante do Teatro Rosalía de Castro. Estades convidadas todas as persoas que queirades ler poemas deste autor valdeorrés, figura clave do exilio mexicano. Pregamos que as persoas interesadas comuniquen o texto que queren ler, enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com
Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2022, con Manel Cráneo, o 14 de maio
Os Paseos pola Coruña Literaria Primavera 2022 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña, que permiten coñecermos unha cidade diferente da man de diferentes autoras e autores.
– Todos os paseos comezan ás 12:00 h., cunha duración aproximada de hora e media.
– As inscricións faranse exclusivamente a través do correo electrónico inscricionslingua@coruna.gal desde o luns anterior a cada un dos paseos, ata que se esgoten as prazas. A duración é de aproximadamente unha hora e media. O lugar de saída para comezar o paseo comunicarase no correo de confirmación da inscrición.
Os paseos son os seguintes:
– 14 de maio, ás 12.00 h. “A Coruña, capital da banda deseñada galega”, con Manel Cráneo. Máis información aquí.
Reimundo Patiño, as Xornadas de cómic que se realizaban no Fórum Metropolitano a primeiros dos 90, o festival “Viñetas desde o Atlántico”, as librarías especializadas, Polaqia, Demo Editorial e a plataforma Coruña Gráfica. Unha volta polo panorama autoral local.
– 21 de maio, ás 12.00 h. “Paseo imaxinario pola vida e obra de Luz Pozo Garza“, con Susana S. Arins.
Os paseos imaxinarios (ou non) son unha versión fantasiosa das rutas biográficas. Exixen por parte das participantes a capacidade de se desprazar a outros lugares, pois o espazo en que se desenvolven non deixa de ser unha metáfora doutros espazos. Este paseo imaxinario (ou non) nace da lectura atenta da obra de Luz Pozo Garza e non é outra cousa que unha escusa para compartirmos os seus textos.
– 28 de maio, ás 12.00 h. “As malas mulleres“, con Marilar Aleixandre.
A novela recibiu o Premio Blanco Amor en 2020, e con ela recuperamos a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Coruña, onde Concepción Arenal e Juana de Vega foron pioneiras.
Crónica fotográfica da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2022
Estas son algunhas das fotografías da Gala dos Premios Follas Novas do Libro Galego 2022, que tivo lugar o 7 de maio en Santiago de Compostela. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.