Arquivo da categoría: Audiovisual
Booktrailer de As sete mortes de Leopoldo Pardo, de Jorge Emilio Bóveda
Vídeo da presentación de O sol dentro da cabeza, de Suso Díaz, en Vigo
Vídeo da presentación de Luns, de Eli Ríos, en Vigo
Crónica videográfica da II Xornada da Sección de Literatura Dramática: O papel da literatura dramática no proxecto dun teatro nacional
A
II Xornada da Sección de Literatura Dramática da AELG, baixo o título O papel da literatura dramática no proxecto dun teatro nacional, tivo lugar o sábado 2 de decembro no Quiosco Afonso (Xardíns de Méndez Núñez), na Coruña, unha actividade da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co apoio do Concello da Coruña.
Dentro do seu programa tivo lugar a clase maxistral “O proxecto da Sala Beckett de Barcelona. Obradoiro internacional de dramaturxia e a importancia da autoría teatral nun país como Catalunya”, a cargo de Toni Casares, director artístico da Sala Beckett.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa:
– Intervención de Afonso Becerra, vogal de Literatura Dramática da AELG:
– Clase maxistral de Toni Casares:
– Coloquio:
Booktrailer de O branco non pinta!, de Antía Otero
Órrea e Meira: 120 anos de Avelino Díaz. Nadal cultural 2017
Vilagarcía: curso sobre ficción televisiva impartido por Xosé Antón Cascudo
O
22 de decembro, de 17:00 a 20:00 horas, e o sábado 30 de decembro, de 10:30 a 13:30 horas, no Auditorio de Vilagarcía de Arousa, Xosé Antón Cascudo impartirá o curso sobre ficción televisiva A vida en series, en dúas sesións (nas datas e horarios indicados). A actividade é organizada polo Cineclube Ádega. Este é o trailer realizado polo cineclube sobre a actividade e o resto da programación deste mes de decembro.

