Vigo: presentación do libro colectivo Atlas arqueolóxico da paisaxe galega

O Atlas arqueolóxicoxoves 16 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27), en Vigo, terá lugar a presentación do libro Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, de Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas Domínguez (editores) e Anxo Rodríguez Paz (edición gráfica), publicado por Xerais. No acto, no que participarán Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Labarta, Felipe Criado e Manuel Bragado, proxectarase un vídeo sobre o libro.

Vídeo da I Gala do Libro Galego

O GalaDoLibroGalego201614 de maio de 2016 tivo lugar a I Gala do Libro Galego, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Aquí pode verse o vídeo desta actividade.

Crónica videográfica da conferencia de Pere Gimferrer, Escritor Galego Universal 2016, o 13 de maio, na Coruña

OPere Gimferrer venres 13 de maio, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Fundación Luís Seoane da Coruña, Pere Gimferrer, Escritor Galego Universal 2016, ofreceu unha conferencia acompañado por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Eduard Velasco, escritor e tradutor, quen repasou a traxectoria do autor catalán.

Esta é a crónica videográfica do acto, onde se recollen as intervencións:
– Presentación da conferencia de Pere Gimferrer por parte de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente de AELG.

– Introdución á obra de Pere Gimferrer por parte de Eduard Velasco.

Conferencia de Pere Gimferrer.