Arquivo da categoría: Coloquios
Pontevedra: Culturgal 2021, do 26 ao 28 de novembro
Vigo: As duelistas: escrituras enfrontadas, Anxos Sumai en diálogo con Rosa Aneiros
O 23 de novembro, ás 19:30 horas, na sede da Fundación Euseino? (Rúa de México, 37), continúa o ciclo As duelistas: escrituras enfrontadas cun encontro entre Anxos Sumai e Rosa Aneiros.
Dúas autoras, dúas formas diferentes de escribir e entender a literatura. Do mundo persoal e cotiá, case íntimo, ao máis estraño e violento, practicamente alleo. Escrituras enfrontadas nun diálogo coma se de dúas xogadoras de xadrez se tratase. Cal delas pode esclarecer máis e mellor a arte narrativa?
As reservas para acudir ao acto faranse aquí.
A Coruña: Encontros no ensino 2021
Os Encontros no ensino 2021 son unha iniciativa da AELG desenvolvida coa colaboración e patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña.
Con esta iniciativa, preténdese achegar aos centros de ensino aquelas autoras e autores con obras que están a ser lidas nas aulas.
Está dirixida a alumnado deses centros, na cidade da Coruña.
15 de novembro
Encontro con Antón Riveiro Coello arredor de O paraíso dos inocentes.
IES Urbano Lugrís.
3 de decembro
Encontro con Iria Misa arredor de Xa non estou aquí.
IES Agra do Orzán.
14 de decembro
Encontro con Eva Mejuto arredor de Memoria do silencio.
IES Ramón Menéndez Pidal, Zalaeta.
14 de decembro
Encontro con Ledicia Costas arredor de Un animal chamado néboa.
IES Durmideiras.
Pontevedra: Vermú entre libros con Diego Ameixeiras
Vigo: charla-coloquio sobre Unha nova Olanda, de Antón Baamonde
Compostela: Conversas cruzadas con Rosa Aneiros e María Rei Vilas
A Estrada: coloquio arredor de O cemiterio de barcos, de Francisco Castro
Recoméndase solicitar inscrición na seguinte ligazón.