Arquivo da categoría: Conferencias
Santiago: XI Xornada dos Clubs de Lectura
Desde
a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:
“O vindeiro 1 de xuño reuniranse en Compostela (Palacio de Congresos), os coordinadores e coordinadoras dos clubs de lectura participantes da convocatoria anual da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para incentivar o funcionamento deste tipo de actividades nos centros de ensino secundario de Galicia.
A que será a XI Xornada dos Clubs de Lectura volve ao seu formato máis habitual, con asistencia só do profesorado, ao ser unha actividade incluída no Plan Anual de Formación do Profesorado, vinculada ao Plan LÍA, de bibliotecas escolares, e coa limitación de poder acoller unicamente a este colectivo. No ano 2012 e no 2017 acudiran tamén unha representación do alumnado; agardamos poder volver a convocar tamén ao alumnado nunha próxima edición. (…)
O programa desta xornada inclúe a entrega do Premio dos Clubs de Lectura 2018 que se vén entregando ao autor ou autora galega, máis lido polos clubs de lectura no curso precedente. Unha vez contabilizadas as lecturas realizadas no pasado curso, este galardón recibirao este ano o poeta Carlos Negro, quen tamén impartirá unha charla e un obradoiro ao longo da xornada. Contaremos tamén con especialistas como Freddy Gonçalves, libreiro, escritor e experto en literatura infantil e xuvenil ou Dolores Vilavedra, profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e crítica literaria. Mesas temáticas, talleres e comunicación de experiencias completan un programa ao que lle poñerá remate sonoro e narrativo o músico e escritor Xurxo Souto.
O programa pode consultarse aquí.”
A Coruña: conferencia Os nomes dos lugares, con Xosé Manuel Sánchez Rei e Iván Méndez
O
luns 28 de maio, ás 20:00 horas, no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos 16, 1º), na Coruña, Xosé Manuel Sánchez Rei e Iván Méndez falarán sobre Os nomes dos lugares.
Compostela: Xornada técnica Prensa histórica e xeración de coñecemento: do papel ao dixital, o 8 de xuño
Pontevedra: conferencia “Unha historia de empoderamento”, con Isaac Xubín
Ramil, Agolada: Mulleres nas letras, na música… na diversidade
Vigo: conferencia O papel da muller nas letras galegas, con Emma Pedreira
A Coruña: O cerne galego da Coruña, con José-Maria Monterroso Devesa
A
terza feira 15 de maio, ás 20:00 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, José-Maria Monterroso Devesa e Avia Veira falarán sobre O cerne galego da Coruña.
Outeiro de Rei: conferencia-presentación de Cantar na Coruña, con Xosé Manuel Sánchez Rei
O
sábado 12 de maio, ás 20:00 horas, na Casa-Museo Manuel María, terá lugar a conferencia e presentación do libro Cantar na Coruña, publicado por Laiovento, co seu autor, Xosé Manuel Sánchez Rei, acompañado por Alberte Ansede Estraviz. Ao finalizar o acto terá lugar unha actuación musical a cargo dos gaiteiros Pepe Vaamonde e Uxío Vaamonde Murias.








