Arquivo da categoría: Conferencias
Pontevedra: Mesa de debate Un novo teatro galego, no Centenario das Irmandades da Fala
Compostela: Xornada Kathleen March, ler como feminista, o xoves 27 de outubro
O xoves
27 de outubro, no Consello da Cultura Galega (Pazo de Raxoi, 2º andar), en Santiago de Compostela, terá lugar a Xornada Kathleen March, ler como feminista.
A inscrición pode facerse aquí.
Kathleen Nora March (Rochester, NY, 1949) é catedrática emérita de Español na University of Maine. En 1975 veu a Galiza para investigar sobre a poesía de Manuel Antonio e aquí quedou prendida, galega por elección. Logo virían estudos sobre Carvalho Calero, Castelao, Luz Pozo, Xohana Torres e tamén Rosalía, que nos ensinou a ler como a literata consciente que foi, en diálogo permanente co pensamento e coa literatura universal do seu tempo.
As súas traducións de Cunqueiro, Rosalía e Otero Pedrayo son outra faceta dun traballo académico imprescindíbel, que axudou á proxección da literatura galega no ámbito anglosaxón.
Nos anos 80 fundou e presidiu a Galician Studies Association (a actual Asociación Internacional de Estudos Galegos), unha ferramenta para impulsar os estudos galegos na academia norteamericana, sentando as bases para a súa posterior expansión no ámbito internacional.
Coñecermos mellor o seu traballo e pór en valor os seus contributos son os obxectivos dunha xornada que pretende tamén proxectar cara ao futuro un legado intenso e vivo: o de Kathleen March, galega, feminista, universal.
Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia, do 5 de outubro ao 9 de novembro
A
AELG colabora co Ciclo de Literatura Infantil. Música e Poesía dende a primeira infancia ao abeiro do convenio coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Todas as sesións comezan ás 17:00 horas na Sala multiusos Emilia Pardo Bazán do Edificio Facultades do Campus As Lagoas (Ourense).
A inscrición é gratuíta. Para obter diploma de asistencia pódese contactar neste correo: imocino@uvigo.es
O Ciclo, coordinado por Isabel Mociño e Susa Herrera (Facultade de Ciencias de Educación, Campus de Ourense – Universidade de Vigo), contará coas seguintes relatoras/es, que desenvolverán as temáticas que se detallan:
5 outubro | Montse Rivera | A tradición oral nas aulas
Recollida da transmisión oral e versión musical.
11 outubro | Antonio García Teijeiro | A poesía e a música nas aulas: unha necesidade e un reto
Creación poética de autor: a importancia da poesía nas aulas.
19 outubro | Uxía Domínguez Senlle | A música, universo suxestivo para a infancia
A música e os proxectos poético-musicais para a infancia.
26 outubro | Elvira Riveiro Tobío | A poesía que queremos
A experimentación poética para a infancia e adolescencia.
2 novembro | Fran Alonso | Poesía, a música da vida
A experimentación poético-musical ao redor da lírica.
9 novembro | Susa Herrera | Músicas agochadas
Música e poesía para a infancia, a súa importancia para futuros docentes de infantil e primaria.
Obxectivos:
– Continuar co Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil iniciado en outubro de 2015 na Facultade de Ciencias da Educación (Ourense), que tivo unha media de asistencia a cada sesión de 100 persoas.
– Dar a coñecer estratexias, recursos e ferramentas para achegar a poesía e a música á infancia e adolescencia.
– Divulgar experiencias e producións de Literatura Infantil e Xuvenil galega da man das propias creadoras (autoras, ilustradoras), aspecto fundamental entre futuro profesorado da Educación Infantil e Primaria.
– Reforzar as carencias dos currículos académicos en materias específicas para o traballo coa poesía e a música na etapa da Educación Infantil e Primaria.
– Desenvolver coloquios/conversas coas creadoras participantes (autoras textuais, da ilustración, da música que acompaña os libros infantís…) para contrastar as liñas de creación das persoas participantes coa percepción que se ten da súa producción.
– Tomar conciencia entre o alumnado, mediadores e público en xeral da importancia de coñecer a literatura para os máis novos/as, saber recomendar as obras de calidade e sobre todo aquelas que promovan valores en positivo, entre eles a educación estética e musical.
– Visibilizar a poesía e a música para a infancia e adolescencia, incidindo en criterios de selección coherentes e acordes ao coñecemento da evolución histórica destas producións.
– Valorar o papel do profesorado e a escola como axentes dinamizadores, programadores e normalizadores culturais.
Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (e V)
O
sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Presentación da conferencia “Ao redor do Proxecto Nimbos”, por Mercedes Queixas.
– Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia) 1/3, por Martin Pawley.
– Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia) 2/3, por Martin Pawley.
– Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia) 3/3, por Martin Pawley.
– Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia-coloquio), con Martin Pawley.
Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (III)
O
sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Presentación do obradoiro Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención, con Mercedes Queixas:
– Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención (obradoiro) 1/2, con Antía Otero:
– Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención (obradoiro) 2/2, con Antía Otero:
Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (I)
O
sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Presentación da Xornada a cargo do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez:
– Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia) 1/3, por Manolo González:
– Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia) 2/3, por Manolo González:
– Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia) 3/3, por Manolo González:






