Arquivo da categoría: Edición
Compostela: actividades do 4 de maio na Feira do Libro 2024
Torreboredo, Souto, A Estrada: “O mar en terra” 2024
A Coruña: Mario Regueira e Thayane Gaspar no 2º aniversario da editora Menino Morreu
Ourense: Abril Oteriano 2024
Vigo: Disquesomos. Creatividade e edición na Galicia de hoxe
Arzúa: I Encontro Literario “Arzúa Le”
A Asociación Galega de Editoras regresa a Boloña con nove editoras desprazadas e a publicación dun catálogo
Fisterra: presentación de Don Emérito, de Desiderio Paz Figueroa, con edición de Modesto Fraga
Compostela: Xornada “Financiamento europeo para o sector editorial galego”, o 27 de febreiro
“O vindeiro 27 de febreiro, a Oficina Europa Creativa Cultura do Ministerio de Cultura e a Asociación Galega de Editoras, en colaboración co Consello da Cultura Galega, organizan unha xornada sobre as oportunidades de financiamento europeo para o sector editorial e do libro galego.
Nesta xornada, presentaranse os requisitos e as bases da convocatoria de Circulación de Obras Literarias Europeas 2024, ademais dos formularios e o orzamento da solicitude.
A convocatoria de Circulación de Obras Literarias Europeas 2024 está dirixida a entidades legais do sector editorial e do libro. O seu obxectivo é apoiar a tradución, a publicación, a distribución e a promoción de obras europeas de ficción e cada proxecto deberá incluír un paquete mínimo de 5 obras literarias europeas de ficción, establecéndose tres categorías de proxectos segundo o seu orzamento e o volume das obras.
Por outra parte, tamén se exporán outras axudas do subprograma Europa Creativa Cultura que poden ser de interese para o sector: Culture Moves Europe, Proxectos de Cooperación Europea, Redes e Plataformas Europeas.
Lugar: Auditorio do Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela.
Horario: 10:30 a 13:15 h.
Programa (galego)
Inscricións
Pode seguilo en streaming aquí.”














