Chan da Pólvora e o Ateneo de Monforte réndenlle homenaxe a Lois Pereiro no seu 25 cabodano

Chan da Pólvora lembra o luns 24 de maio o 25 aniversario da morte de Lois Pereiro e homenaxeamos o autor na súa cidade natal [Monforte de Lemos] coa presentación de Cadernos persoais, un conxunto de diarios inéditos que acaba de aparecer na colección Cova da Lontra da editorial. A homenaxe, que se celebra a partir das oito da tarde nun acto coorganizado polo Ateneo Casino de Monforte, contará coa presenza de Xosé Manuel Pereiro, Inés Pereiro e Héctor Cajaraville, encargado de realizar a edición e as notas do volume.

A Coruña: presentación de de Rectificar a historia. Escritos sobre Ricardo Carvalho Calero, de Pilar García Negro

Para poder asistir a esta presentación cómpre inscribirse enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com

A Coruña: conferencia-presentación de Quando os grupos vulneráveis são feridos. A figura jurídica dos crimes de ódio, de Xoán Antón Pérez Lema

O 20 de maio, ás 19:30 horas, na Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (“Circo de Artesáns”) da Coruña, na Rúa Santo Andrés, número 36, terá lugar a conferencia Quando os grupos vulneráveis são feridos. A figura jurídica dos crimes de ódio, por Xoán Antón Pérez-Lema, que servirá de presentación do seu libro homónimo, publicado por Através Editora. No acto participa tamén Teresa Moure. O acto será público, aberto a toda a cidadania, sendo obrigatório o uso de máscara FFP2. Tem praças limitadas. Para reservar, chamem ao telefone da sociedade: 981-222976.

Ribadeo: Letras no campo. VII Feira Ribadense do Libro

Compostela: actividades destacadas do 17 de maio na Feira do Libro 2021

O 17 de maio finaliza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa:

18:00 h. Pere Tobaruela e Víctor Boullón asinan SoñoS, publicado por Alvarellos.
19:00 h. Manuel Rivas asina Zona a Defender, publicado por Xerais.
19:00 h. Beatriz Cabaleiro asina Clover. Unha porquiña diferente, publicado por Aira.
20:00 h. María Reimóndez asina Cobiza e Bárbaras, publicados por Xerais.
20:00 h. Ana López Quintela asina Na busca de Antón, publicado por Alvarellos.